Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Vivir Xuntos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Vivir Xuntos. Amosar todas as publicacións

27 de xuño de 2014

TRABALLO DE CICLO: CONSTRUCIÓN DUNHA MAQUETA

Para completar os contidos traballados ao longo do segundo e terceiro trimestre, no Segundo Ciclo planificouse a construción da maqueta dunha vila. Nenas e nenos de terceiro e cuarto realizaron un traballo conxunto no que tiveron que observar o seu entorno, utilizar as súas habilidades artísticas e demostrar os coñecementos  das distintas areas. 
Conversaron, recortaron, pintaron, mediron, discorriron, déronlle voltas aos miolos, colaboraron, buscaron solucións....... Finalmente o proxecto foi tomando forma, para rematar convertindose nunha obra da que todas e todos se sentiron  orgullosos. ¡E é para estalo!


 

13 de xuño de 2014

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Despois de todo un ano traballando e aprendendo, hoxe puidemos disfrutar dunha xornada de diversión e descanso e convivencia fora das aulas.
Saímos do cole ás 9:30, cun día de sol e ceo moi azul. A primeira parada foi na Ramallosa, para pasar un rato divertido no parque "Indiana Bill". Logo subimos ata a área de Recreo de Chan da Lagoa. Alí, sobre a herba e á sombra dos carballos demos conta do almorzo. ¡Non qudaron nin as migas!
Pola tarde baixamos ata Baiona. Remollamos os pés na praia de A Ribeira, que facía moita calor. ¡Houbo quen se remollou de arriba abaixo! ¡Que fresquiños quedamos! 
A continuación camiñamos ata as instalacións do porto, onde visitamos a reprodución da carabela A Pinta. A Pinta foi a primeira nave, das tres que realizaron a primeira viaxe de Colón, que tocou porto e trouxo a noticia do descubrimento de novas terras ao outro lado do Océano Atlántico (o 1 de Marzo de 1.493).
Regresamos ao cole cansados, despois de troular todo o día, pero felices e contentos.
Para ter máis información sobre a carabela "A Pinta" e Cristobal Colón, picar enriba da imaxe.

http://www.baiona.org/web/turismo/cultura/museo-da-carabela-pinta

Para ver as fotos da viaxe, fai clic enriba da cámara.

https://picasaweb.google.com/102016539315034979789/20140613ViaxeFindeCurso?authuser=0&authkey=Gv1sRgCPOi16Gs4_alugE&feat=directlink

4 de xuño de 2014

APRENDIZAXE COOPERATIVA: A SILUETA, FALANDO DE NÓS

Hoxe tocou escribir sobre as compañeiras e compañeiros.  Tiñamos que ser capaces de escribir cousas agradables e positivas sobre as siluetas de cada un. Logo tivemos que decorar a silueta da compañeira ou compañeiro que nos tocou. Esmerámonos moito para que o traballo quedase ben curioso. Este foi o resultado.


http://issuu.com/axanelaaberta/docs/asilueta

1 de xuño de 2014

XOGANDO COS NOSOS RECUNCHOS

 Agora toca divertirse. Además de investigar sobre os nosos lugares preferidos, tamén se pode xogar con eles. Ao facer clic enriba dunha imaxe, esta converterase nun puzzle que hay que recompoñer.
¡Ánimo, que é moi doado!

http://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=3d70f662e2ee
O PORTAL DA INQUISICIÓN
http://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=35d3db672a80
O PAZO SAN MAURO
http://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=25ad7b4c3d42
A MURALLA
http://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=3d40ac751afb
A QUINTA DE TEÁNS


http://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=15af72a24971
A FESTA DA SEMENTEIRA

30 de maio de 2014

VIVIMOS AQUÍ

Desta volta, como tarefa de "Vivir Xuntos", todo o cole tivo que elaborar fichas informativas sobre o lugar onde vivimos e sobre os sitios do concello que nos resultas especiais. 
Facendo clic enriba da imaxe do concello de Salvaterra de Miño, poderás ver as que nós fixemos.
http://issuu.com/axanelaaberta/docs/lugares2__ciclo/1

28 de marzo de 2014

FIXEMOS O PROGRAMA DE RADIO DO MES DE MARZO

Hoxe, por fin, emitiuse o programa de radio que levamos preparando dende hai varios días. 
Quixemos dedicalo aos servizos públicos, ao correo e ao día da muller traballadora. Por iso escollimos como protagonista a Mari Luz, a nosa carteira, porque ela é muller traballadora, traballa nos servizos públicos e é a que reparte as cartas que veñen e van.
Preparamos a entrevista que lle fixemos, redactando nós mesmos as preguntas. Tamén fixemos o guión do programa e repartimos as tarefas que debía facer cadaquén.
Todo isto foi posible porque traballamos aplicando estruturas de aprendizaxe cooperativa, e somos capaces de debater e chegar a acordos, aínda que ás veces discutimos un pouco máis da conta. Pero ao final sempre acabamos ben.
Tamén seleccionamos algunhas das melodías que se escoitan, practicamos e fixemos probras para que todo saíra perfecto no momento da gravación. Investigamos, redactamos, esforzámonos, aprendimos e divertímonos.
Este foi o proceso


E este é o resultado do noso traballo, que se pode escoitar ao picar na imaxe.

http://anubedalingua.blogspot.com.es/2014/03/a-voz-da-escola-o-dia-da-muller.html

22 de marzo de 2014

ENTREVISTAMOS Á CARTEIRA

E seguimos coas visitas. O pasado martes veu á nosa clase Mari Luz, a carteira que trae as cartas ao colexio. Invitámola para facerlle unha entrevista  para a emisora escolar. 
Durante o tempo que estivo con nós respondeu ás preguntas que lle fixemos e contounos moitas cousas sobre o seu traballo: como chegou a ser carteira, como son os uniformes que usa, en que parroquias reparte o correo, cantas cartas reparte nun día........ Poderemos escoitalo todo no programa de radio da próxima semana.
Resultou unha experiencia moi interesante. 


 
Despois da entrevista mantivemos con ela unha agradable conversa, na que continuou aportándonos máis información do seu oficio.
 



Antes de marchar fotografouse con nós para deixar constancia do momento.


Agradecémoslle  a súa amabilidade e o tempo que nos dedicou.

17 de marzo de 2014

FAMILIAS LECTORAS: A VODA DOS RATOS

—Non vas casar cun rato negro, feo e fraco coma un fiúncho. Ti tes que casar co máis forte do planeta, e ese non o é –dixo sinalando cara ao rato.
 

Así lle responde o emperador dos ratos a súa filla cando lle presenta ao seu amado, un rato gris, case negro, e fraco coma un fío. 
O emperador prohíbelles que se volvan ver, como se puidera mandar sobre o corazón da ratiña igual que manda sobre os soldados do seu exército. 
Ademais toma a decisión de buscar un noivo axeitado para a súa filla, pero ela so desexa casar co seu namorado.

Con Rita, a nai de Leticia, fomos camiñando paso a paso polas páxinas do conto "A voda dos ratos". Esta historia, lémbranos que o cariño e os afectos non se poden impoñer e que ninguén, nin siquera o emperador dos ratos, pode decidir o destino  dos demais.


Pasamos un momento moi agradable. Para acabar, Rita lembrounos que TODO o verdadeiramente importante está dentro do noso CORAZÓN.



11 de marzo de 2014

A GALIÑA AZUL

Amais de escribir, tamén limos cartas, como as que o autor Carlos Casares lle escribía á nena Ana Lasquetti, que era a súa veciña cando tiña dous anos. O día que os seus pais regresaron á súa terra, Carlos Casares despedíuse deles pedíndolles que non esquecera nunca que era galega. Un tempo máis tarde adicoulle un fermoso libro de contos, A Galiña Azul.
Aquí pódese ler unha adaptación desta divertida historia que fixeron as nenas e nenos que cursaron terceiro durante o curso 2001-2002. Entre eles está Andrea, a irmá de Anxo, que puido ver unha proba do traballo da súa irmá.

http://issuu.com/axanelaaberta/docs/agali__aazul?e=11162076/7382381

Tamén se pode escoitar unha dramatización desta historia realizada polo grupo de teatro Avelaíña.

7 de marzo de 2014

RECIBIMOS CARTA DO CONCELLO

Despois de agardar varios días, hoxe chegou á escola a carta do concello que respondía á nosa petición. Contestounos a tenente de alcalde, en substitución do sr. alcalde.
Nunha atenta carta comunícanos que nos envían información para o noso traballo: Mapas, planos, libros sobre as distintas parroquias, folletos, un libro sobre a historia de Salvaterra........  ¡Agora si que imos ter material de sobra para facer o noso traballo!



21 de febreiro de 2014

CANCIÓN PARA O ENTROIDO

Xa se está aquí o Entroido, que é tempo de festa, risas e diversión. No segundo ciclo creamos unha canción, que imos cantar e bailar con todo o noso entusiasmo.
A profe Leti axudounos coa música, e nós puxémoslle unha letra inspirada no noso disfrace.


A CANCIÓN DOS SERVIZOS DE MANTEMENTO

Chegan os traballadores,
os que coidan do teu pobo,
pra que todo estea en orden
e alegrar a vida a todos

Xardineiros, varrendeiros,
pintores e fontaneiros,
albaneis, electricistas,
a ver quen chega primeiro.

Se nos axudas é máis facil traballar,
limpar, varrer, recoller e acender,
plantar, regar, colocar e arranxar,
e así vivir xuntos aquí será un pracer.


¿A que quedou ben chula? Aquí está a música, para practicar ata fartar.




melodía:"Llegó el cartero" de Carlitos Bala

16 de febreiro de 2014

E.... QUE PODO FACER EU?

Patricia, a nai de Icía, presentounos ao señor Xe e levounos a coñecer as súas preocupacións no conto E que podo facer eu?. A través das súas páxinas descubrimos que non é bo estar sempre pensando en nós, que debemos botar unha ollada a quen nos rodea. 
A historia fíxonos pensar. Se axudamos ás persoas que están preto de nós, estaremos facendo un esforzo por mellorar a súa vida. E seremos máis felices. Todos.
Hai moitas cousas que podemos facer, só é cuestión de intentalo. E cando menos, recibiremos un gran sorriso de agradecemento.
 
E ti ¿como poderías facer para axudar aos demais? Seguro que hai algunha cousa que che sae especialmente ben, ou que che resulta doado facer. Comparteo con todos. Fai clic enriba da portada do libro, e cumprimenta o formulario. 

https://docs.google.com/forms/d/1Q-wTcfXDjGceUXivVLk6GVJKM87RF-eCOrSBwr1jLI0/viewform

13 de febreiro de 2014

CARTAS FORMAIS: ESCRIBINDO AO SEÑOR ALCALDE

Como necesitamos información para o traballo sobre o municipio que andamos a facer, decidimos solicitala ao concello. Xunto aos compañeiros de terceiro redactamos unha carta formal dirixida ao señor alcalde. 
Tamén preparamos o sobre, poñendo correctamente o enderezo.
Agora só queda agardar a resposta.




6 de febreiro de 2014

ESCRIBINDO CARTAS Á LUA

Despois de ler o libro "Cos ollos na Lúa" decidimos que tamén queriamos mandarlle mensaxes á lúa. Aquí están as cartas que cada un de nós redactou. ¿Chegarán ao seu destino?

http://issuu.com/axanelaaberta/docs/cartas__lua?e=11162076/8182972


A CORRESPONDENCIA: O SOBRE

Unha vez que xa rematamos a carta só nos queda enviala. Para eso necesitamos un SOBRE.
O sobre é o envoltorio que protexe a carta e impide  que se poida ler o seu contido. Na parte exterior do sobre poñemos os datos que farán que a carta chegue ao seu destino. 
¡Para que chegue onde ten que chegar é importantísimo poñer os datos correctamente, ben clariños e no lugar axeitado!


Introducimos a carta no sobre, botámola no buzón e ........ ¡COMEZA A SÚA VIAXE!


3 de febreiro de 2014

DÍA DA PAZ: CARTAS AMIGAS

E chegou o gran día! Cada un de nós recibíu un sobre. No seu interior, fermosas  palabras de amizada e amor, de paz.
Foi moi emocionante recibir estas cartas, e saber quen nos escribíu. Tamén nos gustou saber a quen lle chegaron as que nós escribiramos.

29 de xaneiro de 2014

CARTAS FORMAIS

Traballando sobre o correo e a carta aprendimos que non todas son iguais. Hai cartas que escribimos a persoas coas que non temos confianza, para pedir ou comunicar algo. Son as cartas formais.
Para practicar a súa escritura, cada equipo redactou unha carta formal dirixida ao director.
Primeiro redactamos en sucio


Logo pasámola a limpo no ordenador
E así nos quedaron

CARTAS E MÚSICA PARA A PAZ

Achégase a celebración do Día da  Paz, e desta volta decidimos enviar cartas de amizade ás nosas compañeiras e compañeiros. Durante toda a semana estivemos traballando para redactar unha mensaxe cargada de bos desexos. Primeiro escribimos un borrador. Despois pasámolo a limpo nun bonito papel de carta, esmerándonos moito coa letra. Logo confeccionamos o noso sobre, introducimos a carta dentro e botámola no buzón. 
Aínda que descoñecemos quen vai ser o destinatario  da nosa misiva, preparámola con moito cariño e ilusión.


¡¡¡Agardamos impacientes a apertura do buzón 
para ver quen non escribe!!!

Mentres chega o momento, cantamos unha canción sobre os soños, soños grandes, soños pequenos, soños cheos de amor e de paz.........



Lembra que os soños se cumplen se o desexamos con toda a nosa forza, e que.....
"......Soñar é o mellor que este planeta coñeceu"

23 de xaneiro de 2014

A CORRESPONDENCIA: ESCRIBIMOS CARTAS

No aprendizaxe do proceso de redacción de cartas recibimos, coma sempre, a axuda da biblioteca do cole. Fai clic na imaxe para acceder á información.




9 de xaneiro de 2014

RECITANDO POEMAS

No festival de Nadal fixemos demostración do noso ben facer, recitando e dramatizando poemas  con gran profesionalidade.
 Neste vídeo poderedes lembrar o momento.