Amosando publicacións coa etiqueta plástica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta plástica. Amosar todas as publicacións

23 de setembro de 2015

SCRAPBOOK: LIBRO DE RECORTES

Bonitos libros, tarxetas, albums...... feitos con recortes e materiais que podemos aproveitar ou que temos na casa e no cole. É o scrapbooking. 
Este video amosa  realización dun traballo  con esta técnica e da ideas para futuros proxectos. Só queda deixar voar a imaxinación.

   


Mais manualidades? Nesta canle de video  hai moitas para escoller.


27 de xuño de 2014

TRABALLO DE CICLO: CONSTRUCIÓN DUNHA MAQUETA

Para completar os contidos traballados ao longo do segundo e terceiro trimestre, no Segundo Ciclo planificouse a construción da maqueta dunha vila. Nenas e nenos de terceiro e cuarto realizaron un traballo conxunto no que tiveron que observar o seu entorno, utilizar as súas habilidades artísticas e demostrar os coñecementos  das distintas areas. 
Conversaron, recortaron, pintaron, mediron, discorriron, déronlle voltas aos miolos, colaboraron, buscaron solucións....... Finalmente o proxecto foi tomando forma, para rematar convertindose nunha obra da que todas e todos se sentiron  orgullosos. ¡E é para estalo!


 

30 de novembro de 2013

ÁRBORES XENEALÓXICAS

Curmán, bisneto, madriña, bisavoa.... son palabras se refiren a membros das familias. Xunto con outras, forman parte do vocabulario da familia que andamos a traballar.
Para comprender mellor os parentescos e as relación familiares fixemos árbores xenealóxicas.

http://issuu.com/axanelaaberta/docs/arboresxenealoxicas?e=11162076/8295422

20 de xuño de 2013

XOGOS CON OBXECTOS DE BARRO


Participamos no proxecto sobre a olería e cos compañeiros de cuarto buscamos información e redactamos textos. Coas aportacións de tódolas compañeiras e compañeiras construimos a wiki "ACHEGÁMONOS Á OLERÍA".
Descubrimos que esta actividade é moi importante para ser humano dende a súa aparición, e tamén que esta presente na cultura popular: vocabulario, en xogos, cantigas, refráns.... 
Investigamos e atopamos que os xogos máis coñecidos son a piñata, as bólas e o de urrar as olas. Para ilustrar os textos, realizamos uns debuxos ben bonitos, cos que agora tamén podemos xogar.

URRAR AS OLAS 
Debuxo realizado por Icía e Kevin

Ao facer clic enriba da imaxe convértese nun crebacabezas
A PIÑATA
Debuxo realizado por Leticia e Yeneva

Ao facer clic enriba da imaxe convértese nun crebacabezas
AS BÓLAS
Debuxo realizado por Anxo e Carla
 
Ao facer clic enriba da imaxe convértese nun crebacabezas

22 de decembro de 2012

TARXETAS DE NADAL

Estas son as tarxetas que as nenas e nenos de terceiro fixeron para desexarlle o mellor ás persoas que queren.
  

12 de maio de 2012

OBRADOIRO DE CESTERÍA

Andamos ás voltas coas nosas cestas e cestos. Primeiro dobramos as tiras e logo fomos montando, facendo un entramado: unha por arriba, outra por abaixo, outra por arriba.......A cousa non é difícil, pero leva un pouco de traballo. Menos mal que o facemos por parellas, e así resulta máis doado.


Ao final faremos unha exposición con todas as que se fagan. ¡Xa veredes que chulas quedan! 

13 de marzo de 2012

PERCEPCIÓNS DIFERENTES

Coas mesmas pezas, realizáronse imaxes totalmente diferentes: Nove visións diferentes. Cada quen imaxina as cousas como lle peta.