Amosando publicacións coa etiqueta matemáticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta matemáticas. Amosar todas as publicacións

18 de outubro de 2017

OPERACIÓNS COMBINADAS

 Para practicar, lembra a orde de operacións:
         1º.- Facer as multiplicacións
         2º.- Despois facer as sumas e restas.

Se na operación hai parénteses:
1º.- Resolver as operacións que hai dentro dos paréntes
2º.- Resolver o resto.




Operaciones combinadas I


More presentations from tonia

REDONDEAMOS NÚMEROS

Practicamos o redondeo de números facendo actividades de aproximación.

26 de abril de 2017

A DIVISIÓN

Xa comezamos a facer divisións sinxelas. Para practicar, aquí están estas actividades.

http://www.genmagic.org/repositorio/albums/userpics/qt1c.swf

(Facer clic enriba da imaxe para acceder á actividade)

http://genmagic.net/repositorio/displayimage.php?pos=-611
(Facer clic enriba da imaxe para acceder á actividade)

http://genmagic.net/repositorio/displayimage.php?pos=-400
(Facer clic enriba da imaxe para acceder á actividade)

13 de marzo de 2017

A XEOMETRÍA: OS POLÍGONOS

Con estes dous videos podedes aclarar e repasar o aprendido sobre as figuras planas.




6 de marzo de 2017

A XEOMETRÍA: RECTAS E ÁNGULOS

Con este video podedes aclarar e repasar o aprendido sobre as figuras planas.


14 de febreiro de 2017

28 de xuño de 2015

INVESTIGANDO SOBRE O CALENDARIO

A través do Proxecto Anual MatematicaMente fomos descubrindo a importancia das matematicas para os seres humanos, da que hai constancia ao longo da historia da humanidade. Como traballo de investigacion as nenas e nenos de 3º realizaron un traballo sobre o calendario. En primeiro lugar buscaron información sobre esta unidade de medida do tempo para redactar textos informativos.
Posteriormente  realizaron unha presentacion con toda a información adquirida.
Utilizaron o procesador de textos o que lles facilitou moito a realización desta tarefa. Logo aprenderon a utilizar o programa PowerPoint para realizar a presentación. O resultado foi un traballo co que conseguiron moitas aprendizaxes e que resultou moi ameno e divertido.

O calendario


More presentations from axanelaaberta

28 de maio de 2015

8 de marzo de 2015

AS MATEMÁTICAS E O NOSO CORPO

A través desta explicación, Lara, Brian, Alexandre e Saray axúdannos a que poidamos facernos unha idea do tamaño do intestino delgado.

 

12 de decembro de 2014

ADIVIÑAS MATEMÁTICAS

Traballando as matemáticas en Lingua. Despois de ler cada adiviña tratamos de atopar a resposta. ¡Houbo que resolver unhas cuantas contas! Tivemos que discorrer moito, pero tamén nos divertimos. Nestas fotos pódese ver o concentrados que estamos.



17 de novembro de 2014

O MICROSCOPIO: UNHA APROXIMACIÓN Á CIENCIA

As nenas e os nenos de terceiro descubriron o microscopio, esa ferramenta que permite ver cousas moi, moi pequenas. Observaron as células dunha pel de cebola e do petalo dunha flor e descubriron que alí dentro, ben agochadiña estaba a xeometría: rectas, rectas paralelas e perpendiculares, esferas, hexágonos........ ¡¡¡Alí tamén había matemáticas!!!
Logo, como autenticos científicos, realizaron fichas nas que anotaron as súas impresións e debuxaron o que viron a través do obxectivo.

 
Esto foi o que viron



https://dl.dropboxusercontent.com/u/141837617/videos-swf/Microscopio.html

27 de xuño de 2014

TRABALLO DE CICLO: CONSTRUCIÓN DUNHA MAQUETA

Para completar os contidos traballados ao longo do segundo e terceiro trimestre, no Segundo Ciclo planificouse a construción da maqueta dunha vila. Nenas e nenos de terceiro e cuarto realizaron un traballo conxunto no que tiveron que observar o seu entorno, utilizar as súas habilidades artísticas e demostrar os coñecementos  das distintas areas. 
Conversaron, recortaron, pintaron, mediron, discorriron, déronlle voltas aos miolos, colaboraron, buscaron solucións....... Finalmente o proxecto foi tomando forma, para rematar convertindose nunha obra da que todas e todos se sentiron  orgullosos. ¡E é para estalo!


 

25 de marzo de 2014

A DIVISIÓN POR DÚAS CIFRAS

Con estas actividades podes practicar a división por dúas cifras

22 de xaneiro de 2014

REPASO DA DIVISIÓN

Repasa a división por unha cifra nestas páxinas. ¡Xa verás que fácil é!

http://amolasmates.es/flash/divisiones/division1.html


http://www.gobiernodecanarias.org/educacion/3/WebC/eltanque/ladivision/resuelve/todas/resuelve_t_p.html



Máis divisións aquí:

https://dl.dropboxusercontent.com/u/141837617/matematicas/Divisi%C3%B3n_1_cifra.pdf

16 de abril de 2013

REPASANDO O FUNCIONAMENTO DO RELOXO

No conto "Ernesto bo día" observamos que a familia de Henriqueta non deixa de mirar continuamente o reloxo. Cada dous por tres bótanlle unha ollada. 
Ao principio están pendientes da hora, porque precisan saber canto tempo lles queda para ter todo preparado para merendar ás seis en punto, nin un minuto antes nin un minuto despois. Logo volven mirar o reloxo porque Ernesto non chega á hora que estaba previsto.
Para repasar as horas e o funcionamento do reloxo podemos practicar nestas actividades que seleccionou a profe Aurora.

30 de decembro de 2012

FACENDO ESTATÍSTICAS

Prácticas realizadas no Obradoiro de cálculo e estatística.

2 de xuño de 2012

XEOMETRÍA

Neste trimestre andamos a darlle voltas á xeometría. Aquí podes repasar, comprobar o que sabes e aprender cousas novas sobre os polígonos e os corpos xeométricos.
----------------------------