Amosando publicacións coa etiqueta plantas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta plantas. Amosar todas as publicacións

23 de marzo de 2018

ÁRBORES MONUMENTAIS DE GALICIA

Galicia é unha terra na que abundan as árbores. Rodean as aldeas, as vilas e as cidades e para os galegos son de gran importancia. 
Ás veces hai algunha árbore que destaca por ser moi vella, por ter un gran tamaño ou ser moi fermosa. Entón pasan a formar parte dun catálogo de árbores senlleiras. Son como monumentos naturais.
Facendo clin enriba do cadro "Castiñeiro do Val", de Alfonso Rodríguez Castelao, accédese á páxina Árbores Monumentais na que se pode atopar información e ver imaxes das árbores galegas máis notables.

Marco Imaxe: https://pixabai.com
Castiñeiro do Val - Aguada sobre papel
(Período 1922 - 1929  )
Alfonso Rodríguez Castelao
Museo de Pontevedra

16 de novembro de 2016

EXPERIMENTANDO: AS PLANTAS NECESITAN AUGA E LUZ

Imos comprobar que aire e luz son imprescindibles para as plantas a través dunha experiencia práctica.
Necesitaremos
- 3 plantas en macaetas                - bolsas con peche de cremalleira ou zip 
- caixa de cartón- ficha para anotar observacións

1- A primeira planta introdúcese dentro da caixa de cartón e tápase, deixando que entre o aire pero non a luz.
2- A segunda planta métese dentro da bolsa e péchase.
3- A terceira planta utilízase para comparar a evolución das outras dúas.
4- Revisar cada dous ou tres días e anotar as observacións nunha ficha.