Ao longo do curso participamos no proxecto "Quen sementa, recolle" con diferentes actividades.
No enlace Traballos do Proxecto pódese acceder ao resumo de todo o que fixemos dende Outubro ata Xuño.
Amosando publicacións coa etiqueta traballos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta traballos b>. Amosar todas as publicacións
23 de xuño de 2017
30 de maio de 2016
VIAXE A COMPOSTELA
Realizamos unha viaxe ata Santiago, para camiñar pola Via da Prata, visitar a Catedral e coñecer esta cidade que é a meta de todos os camiños.
Previamente buscamos información e planificamos a viaxe para que todo saira á perfección. Aqui podese ver unha mostra do traballo realizado.
Publicado por
axanelaaberta
Etiquetas:
actividades,
Aprendizaxe Cooperativa,
Proxecto Camiños a Santiago,
Tarefas Integradas,
traballos
24 de maio de 2014
COÑECENDO O FESTIVAL DE CANS
O pasado día 22 de Maio as nenas e nenos de cuarto
viaxaron ata a parroquia de Cans, en O Porriño, para coñecer o Festival
de Cans. Alí tiveron contacto co mundo do audiovisual, que non lles
resulta de todo descoñecido despois da experiencia que tiveron gravando
"Ernesto bo día". A crónica desta viaxe pódese ler Na nube da Lingua.
22 de marzo de 2014
ENTREVISTAMOS Á CARTEIRA
E seguimos coas visitas. O pasado martes veu á nosa clase Mari Luz, a carteira que trae as cartas ao colexio. Invitámola para facerlle unha entrevista para a emisora escolar.
Durante o tempo que estivo con nós respondeu ás preguntas que lle fixemos e contounos moitas cousas sobre o seu traballo: como chegou a ser carteira, como son os uniformes que usa, en que parroquias reparte o correo, cantas cartas reparte nun día........ Poderemos escoitalo todo no programa de radio da próxima semana.
Resultou unha experiencia moi interesante.
Despois da entrevista mantivemos con ela unha agradable conversa, na que continuou aportándonos máis información do seu oficio.
Antes de marchar fotografouse con nós para deixar constancia do momento.
Agradecémoslle a súa amabilidade e o tempo que nos dedicou.
7 de outubro de 2013
AS MÁQUINAS AXÚDANNOS A TRABALLAR
Andamos a aprender sobre as ferramentas e
as máquinas que se empregan en cada traballo. Chamounos a atención a cantidade de
máquinas que se empregan na elaboración de produtos. Nestes vídeos podemos
observar algunhas.
En Vigo tamén se fabrican coches.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)