Amosando publicacións coa etiqueta estacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta estacións. Amosar todas as publicacións

26 de marzo de 2014

CELEBRAMOS O DÍA DA ÁRBORE

Chegou a privameva, e con ela a festa das árbores. Para celebrar este día plantamos entre todos unha nova árbore no patio do colexio. Trátase dunha maceira que, cando medre, nos dará sombra nos días calorosos  e ricas mazás cando regresemos ao colexio.
Participamos botándolle unhas padas de terra, para axudarlle a que quede ben asentada. Agora tócanos tratala con coidado para que chegue a ser unha grande e fermosa árbore. 


E para que entedamos a importancia que para a nosa vida teñen as árbores e o teñamos sempre presente, asistimos a un interesante e divertidísmo espectáculo. 


E para amosarnos que xa chegou a primavera, aquí está a cerdeira do cole. 
¡Fixádevos que fermosa se puxo, toda chea de flores! 
¡E, se hai sorte, cada flor convertersase nun froito!
¡Ten pinta que este ano imos ter moitas cereixas!



20 de marzo de 2014

CANCIÓN PARA A PRIMAVERA

Estamos case a punto de iniciar a primavera. Recibámola con música, cantando a súa canción. 





A PRIMAVERA
 
Están cheas de flores as matas
e da gloria ve-las herbiñas mudar
e morreu o inverno de vello 
e volveu o cuquiño ao seu carballal.

Están cheas de flores as matas
e da gloria ve-las herbiñas mudar
baixa máis cantarín o regato
e é máis azul a cor do mar.

E as andoriñas e os paxariños
gaioleiros póñense ao sol.
Naceron as flores e durmiuse o frío
porque a primaver chegou

Están cheas de flores as matas
e da gloria ve-las herbiñas mudar
e morreu o inverno de vello 
e volveu o cuquiño ao seu carballal.