Amosando publicacións coa etiqueta Aliménta-T ben. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aliménta-T ben. Amosar todas as publicacións

28 de abril de 2015

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR!


Este ano o noso cole volveu participar no programa "Alimenta-T ben" que, amais da froita, pernitiunos coñecer mellor un alimento de gran importancia para o noso desenvolvemento: o peixe.
Primeiramente recibimos a visita dos Arroases, que nos achegaron información sobre diversos aspectos e propiedades dos peixes e comprobaron o noso coñecemento sobre eles cunhas divertidas actividades.
Como remate da actividade o 28 de Abril visitamos o porto pesqueiro de Vigo e o Museo do Mar. Non puidemos ver a subasta de peixe porque xa rematara. ¡Mágoa! aínda que algún resto da actividade quedaba polo chan. Fixemos un percorrido polas instalacións e de novo ao autobús que nos levou ao Museo do Mar. 
Alí impresionounos o acuario que, aínda que pequeno, reproducía o ecosistema da ría de Vigo. Tamén observamos un curioso submarino e traxes de submarinista antigos. Para rematar invitáronnos a xantar uns pratos elaborados con peixe, que estaban deliciosos: sopa de peixe e fideguá de mexilóns. Un iogur de postre, e de volta para casa. 
A comida estaba ¡¡boííííííísima!! e permitiunos descubrir que comer peixe é san, rico e divertido e non ten por que ser sempre  frito ou cocido.
Para recordar,  un video do acuario e fotos da visita.




13 de abril de 2015

BATIDO DE MAZÁ E MANDARINA: A RECEITA

Como o prometido é débeda quí está a receita do batido por se alguén se anima a facelo na casa. As mandarinas e a mazá poden substituirse por calquera outra froita.  Ingredientes para 1 litro de  batido:

                  - azucre e xeo

Utensilios:

- balanza     - vaso ou xerra medidora
- coitelos- expremedor
- batedor- bol
- vasos- palliñas

Elaboración:
1.- Cortar as mazás en cuartos, pelar e picar.
2.- Cortar as mandarinas á metade e expremer.
3.- Mesturamos a froita co resto dos ingredientes.
4.- Triturar co batedor ata que quede ben defeito
5.- Botar no vaso e servir cunha palliña.

COCIÑANDO PARA O COLE: BATIDO DE MAZÁ E MANDARINA

Dentro da actividade "Cociñando para o cole" as nenas e nenos de  terceiro e cuarto xuntáronse para elaborar entre todos  un saboroso batido de mazá e mandarina, que logo repartiron entre todas as nenas e nenos dos demais cursos. Facelo resultou moi doado, e estaba moi riquísimo. 




Por se alguén se anima a repetilo máis adiante se publicará a receita.

Nesta presentación poden observarse os distintos pasos do proceso.

27 de xaneiro de 2014

APRENDEMOS COUSAS SOBRE O KIWI

Seguindo co programa ALIMENTA-TE BEN, agora imos aprender máis cousas sobre as froitas que comeremos durante esta semana.
O kiwi é unha froita exótica, cunha misteriosa orixe, que non pode faltar na nosa dieta, xa que nos proporcionará moitas proteinas, vitaminas e minerais. 
Picando na imaxe, poderás ler unha ficha informativa.


Nestas páxinas accederás a máis información e a actividades que te axudarán a coñecer mellor este froito.


http://www.zespri.eu/es/kiwipedia


http://www.zespri.eu/kids/eetgezond/es/start.asp


http://www.zespri.eu/kids/language.asp

29 de outubro de 2013

ETIQUETAS ALIMENTARIAS

Andamos ás voltas coas nosas marmeladas. Unha vez rematado o proceso de elaboración e de envasado, tivemos que preparar etiquetas para os botes. Para saber que información hai que poñer, recurrimos á internet. Atopamos unha imaxe que nos axudou moito.

Estes son os datos mínimos que deben figurar na etiqueta dun produto, aínda que podería levar máis. 
Este vídeo tamén aporta informacion.

16 de outubro de 2013

COCIÑA DE OUTONO: Marmeladas de froitas

Despois do éxito do marmelo que fixemos o pasado curso, este ano imos repetir na cociña. Prepararemos unhas deliciosas marmeladas de froitas de outono, que seguro que nos han saír de rechupete.
As marmeladas realmente son unha conserva de froita e elabóranse dende ben antigo. As maioría das árbores froiteiras teñen o seu froito no verán e no outono: mazás, cereixas, peras, pexegos......... maduran  con tal rapidez que non hai forma de consumilos todos  e pérdese moita froita. ¡E logo no inverno a pasar gana dela!
Do mesmo xeito que se conservan outros alimentos en sal ou en vinagre, tamén se poden conservar en azucre. Eso é a marmelada: froita cocida en azucre que se conserva durante longo tempo.
¡¡¡ MMMMMMMMM !!! ¡¡¡DELICIOSA NAS TORRADAS, CO QUEIXO OU MESTURADA NO IOGUR.....!!! Seguro que coñecemos moitos máis usos para este alimento.
Na Nube da Lingua podemos atopar máis cousas sobre a súa preparación e as receitas que impos cociñar. Fai clic enriba do tarro.