Amosando publicacións coa etiqueta Aprendizaxe Cooperativa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aprendizaxe Cooperativa. Amosar todas as publicacións

14 de marzo de 2017

NORMAS PARA USAR A HORTA

Despois de preparar a terra da horta transplantamos as plantas do sementeiro. Démonos conta que hai que andar con moito coidado para non estropear as leiras dos outros cursos. Ao chegar a clase elaboramos unhas normas pra usar a horta. Cada equipo realizou o traballo usando "O Folio Xiratorio". Logo xuntamos todas as propostas e seleccionamos as máis adecuadas para confeccionar o documento.


Neste enlace pódese acceder aos folios xiratorios  dos equipos.

30 de maio de 2016

VIAXE A COMPOSTELA

Realizamos unha viaxe ata Santiago, para camiñar pola Via da Prata, visitar a Catedral e coñecer esta cidade que é a meta de todos os camiños.
Previamente buscamos información e planificamos a viaxe para que todo saira á perfección. Aqui podese ver unha mostra do traballo realizado.

Tamén realizamos entrevistas a persoas que acababan de rematar o camiño, para coñecer as súas impresións.




FAI CLIC AQUÍ PARA VER O ÁLBUM DE FOTOS COMPLETO

17 de setembro de 2014

INICIO DE CURSO

Rematou o período de descanso e regresamos á actividade escolar. Na xanela hai nenas e nenos novos observando o mundo con curiosidade.
Realizamos a dinámica "A tea de araña" que nos axuda a coñecernos mellor e favorece a interrelación e a distensión dentro do grupo.



4 de xuño de 2014

APRENDIZAXE COOPERATIVA: A SILUETA, FALANDO DE NÓS

Hoxe tocou escribir sobre as compañeiras e compañeiros.  Tiñamos que ser capaces de escribir cousas agradables e positivas sobre as siluetas de cada un. Logo tivemos que decorar a silueta da compañeira ou compañeiro que nos tocou. Esmerámonos moito para que o traballo quedase ben curioso. Este foi o resultado.


http://issuu.com/axanelaaberta/docs/asilueta

28 de marzo de 2014

FIXEMOS O PROGRAMA DE RADIO DO MES DE MARZO

Hoxe, por fin, emitiuse o programa de radio que levamos preparando dende hai varios días. 
Quixemos dedicalo aos servizos públicos, ao correo e ao día da muller traballadora. Por iso escollimos como protagonista a Mari Luz, a nosa carteira, porque ela é muller traballadora, traballa nos servizos públicos e é a que reparte as cartas que veñen e van.
Preparamos a entrevista que lle fixemos, redactando nós mesmos as preguntas. Tamén fixemos o guión do programa e repartimos as tarefas que debía facer cadaquén.
Todo isto foi posible porque traballamos aplicando estruturas de aprendizaxe cooperativa, e somos capaces de debater e chegar a acordos, aínda que ás veces discutimos un pouco máis da conta. Pero ao final sempre acabamos ben.
Tamén seleccionamos algunhas das melodías que se escoitan, practicamos e fixemos probras para que todo saíra perfecto no momento da gravación. Investigamos, redactamos, esforzámonos, aprendimos e divertímonos.
Este foi o proceso


E este é o resultado do noso traballo, que se pode escoitar ao picar na imaxe.

http://anubedalingua.blogspot.com.es/2014/03/a-voz-da-escola-o-dia-da-muller.html

29 de novembro de 2013

O MEU OBXECTO PREFERIDO

Un dos capítulos das biografías, que nenas e nenos están escribindo, titúlase "O meu obxecto preferido". A través da aplicación da dinámica de grupo"a maleta" cada alumno escolleu e redactou un texto sobre ese obxecto que ten algo especial que o convirte en elemento importante das súas historias. Neste caso, son todos bonecos que están  presentes na súa vida dende hai tempo.
Posteriormente leron o texto ao resto dos compañeiros, presentáronllos e compartiron con eles as razóns da súa elección.
Esta actividade contribuiu a que se coñeceran máis uns aos outros e mellorou a convivencia e a relación entre eles.

http://issuu.com/axanelaaberta/docs/amaleta-obxectos_preferidos?e=11162076/8667912