28 de marzo de 2014

FIXEMOS O PROGRAMA DE RADIO DO MES DE MARZO

Hoxe, por fin, emitiuse o programa de radio que levamos preparando dende hai varios días. 
Quixemos dedicalo aos servizos públicos, ao correo e ao día da muller traballadora. Por iso escollimos como protagonista a Mari Luz, a nosa carteira, porque ela é muller traballadora, traballa nos servizos públicos e é a que reparte as cartas que veñen e van.
Preparamos a entrevista que lle fixemos, redactando nós mesmos as preguntas. Tamén fixemos o guión do programa e repartimos as tarefas que debía facer cadaquén.
Todo isto foi posible porque traballamos aplicando estruturas de aprendizaxe cooperativa, e somos capaces de debater e chegar a acordos, aínda que ás veces discutimos un pouco máis da conta. Pero ao final sempre acabamos ben.
Tamén seleccionamos algunhas das melodías que se escoitan, practicamos e fixemos probras para que todo saíra perfecto no momento da gravación. Investigamos, redactamos, esforzámonos, aprendimos e divertímonos.
Este foi o proceso


E este é o resultado do noso traballo, que se pode escoitar ao picar na imaxe.

http://anubedalingua.blogspot.com.es/2014/03/a-voz-da-escola-o-dia-da-muller.html