Amosando publicacións coa etiqueta artesanía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta artesanía. Amosar todas as publicacións

20 de abril de 2013

ACHEGÁMONOS Á OLERÍA


Durante  o terceiro trimestre participaremos na realización dun proxecto documental sobre a olería.
A través destre traballo preténdese que cheguemos a coñecer un pouco máis sobre o traballo do barro, unha das actividades máis antigas da humanidade.
 
Teremos que averiguar as zonas de Galicia onde aínda se traballa o barro, e a influencia da olería na toponímia de vilas, pobos e lugares.
Para acceder á bibliografía útil, fai clic enriba do cacharro.

12 de maio de 2012

OBRADOIRO DE CESTERÍA

Andamos ás voltas coas nosas cestas e cestos. Primeiro dobramos as tiras e logo fomos montando, facendo un entramado: unha por arriba, outra por abaixo, outra por arriba.......A cousa non é difícil, pero leva un pouco de traballo. Menos mal que o facemos por parellas, e así resulta máis doado.


Ao final faremos unha exposición con todas as que se fagan. ¡Xa veredes que chulas quedan! 

6 de maio de 2012

CESTAS CON PAPEL DE PERIÓDICO

Con motivo das Letras galegas realizaremos un obradoiro de cestería, elaborando cestas con papel de periódico. Nestes enderezos atoparemos a información que precisamos:

TITORIAIS PASO A PASO 
Titorial de cestas de papel de periódico
Reciclaxe de papel