Amosando publicacións coa etiqueta receita. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta receita. Amosar todas as publicacións

13 de abril de 2015

BATIDO DE MAZÁ E MANDARINA: A RECEITA

Como o prometido é débeda quí está a receita do batido por se alguén se anima a facelo na casa. As mandarinas e a mazá poden substituirse por calquera outra froita.  Ingredientes para 1 litro de  batido:

                  - azucre e xeo

Utensilios:

- balanza     - vaso ou xerra medidora
- coitelos- expremedor
- batedor- bol
- vasos- palliñas

Elaboración:
1.- Cortar as mazás en cuartos, pelar e picar.
2.- Cortar as mandarinas á metade e expremer.
3.- Mesturamos a froita co resto dos ingredientes.
4.- Triturar co batedor ata que quede ben defeito
5.- Botar no vaso e servir cunha palliña.

COCIÑANDO PARA O COLE: BATIDO DE MAZÁ E MANDARINA

Dentro da actividade "Cociñando para o cole" as nenas e nenos de  terceiro e cuarto xuntáronse para elaborar entre todos  un saboroso batido de mazá e mandarina, que logo repartiron entre todas as nenas e nenos dos demais cursos. Facelo resultou moi doado, e estaba moi riquísimo. 




Por se alguén se anima a repetilo máis adiante se publicará a receita.

Nesta presentación poden observarse os distintos pasos do proceso.

29 de outubro de 2013

ETIQUETAS ALIMENTARIAS

Andamos ás voltas coas nosas marmeladas. Unha vez rematado o proceso de elaboración e de envasado, tivemos que preparar etiquetas para os botes. Para saber que información hai que poñer, recurrimos á internet. Atopamos unha imaxe que nos axudou moito.

Estes son os datos mínimos que deben figurar na etiqueta dun produto, aínda que podería levar máis. 
Este vídeo tamén aporta informacion.

16 de outubro de 2013

COCIÑA DE OUTONO: Marmeladas de froitas

Despois do éxito do marmelo que fixemos o pasado curso, este ano imos repetir na cociña. Prepararemos unhas deliciosas marmeladas de froitas de outono, que seguro que nos han saír de rechupete.
As marmeladas realmente son unha conserva de froita e elabóranse dende ben antigo. As maioría das árbores froiteiras teñen o seu froito no verán e no outono: mazás, cereixas, peras, pexegos......... maduran  con tal rapidez que non hai forma de consumilos todos  e pérdese moita froita. ¡E logo no inverno a pasar gana dela!
Do mesmo xeito que se conservan outros alimentos en sal ou en vinagre, tamén se poden conservar en azucre. Eso é a marmelada: froita cocida en azucre que se conserva durante longo tempo.
¡¡¡ MMMMMMMMM !!! ¡¡¡DELICIOSA NAS TORRADAS, CO QUEIXO OU MESTURADA NO IOGUR.....!!! Seguro que coñecemos moitos máis usos para este alimento.
Na Nube da Lingua podemos atopar máis cousas sobre a súa preparación e as receitas que impos cociñar. Fai clic enriba do tarro.

    


15 de outubro de 2012

OBRADOIRO DE OUTONO: DOCE DE MARMELO

Este ano escollemos o marmelo para traballar no outono. Averiguamos algunhas cousas sobre este froito e cociñamos os que trouxemos da casa para facer "doce de marmelo".
Esto foi o que fixemos.

Máis cousas sobre o marmelo                                  Receita do "doce de marmelo"