Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Camiños a Santiago. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Camiños a Santiago. Amosar todas as publicacións

30 de maio de 2016

VIAXE A COMPOSTELA

Realizamos unha viaxe ata Santiago, para camiñar pola Via da Prata, visitar a Catedral e coñecer esta cidade que é a meta de todos os camiños.
Previamente buscamos información e planificamos a viaxe para que todo saira á perfección. Aqui podese ver unha mostra do traballo realizado.

Tamén realizamos entrevistas a persoas que acababan de rematar o camiño, para coñecer as súas impresións.




FAI CLIC AQUÍ PARA VER O ÁLBUM DE FOTOS COMPLETO

29 de marzo de 2016

EN MARZO, POESÍA NOS CAMIÑOS

No mes da poesía, traballamos os romances, poemas característicos da poesía medieval. Traballamos e memorizamos os "Romance de don Gaiferos de Mormaltán" e o "Romance del infante Arnaldos" para poderlos recitar aos compañeiros de Primeiro e de Segundo. Finalmente tamén pasamos outros cursos, que nos agradeceron a visita.

18 de marzo de 2016

O FINAL DE TODOS OS CAMIÑOS

Compostela é a meta final de todos os camiños, o lugar ao que todos os peregrinos ansían chegar. E na cidade, a catedral é visita obrigada. As novas tecnoloxías permítennos facer a visita dende a casa. ¡Pero poder  vela e camiñar por ela en persoa é marabilloso!
Facendo clic nas imaxes podemos facer visitas virtuais.



21 de xaneiro de 2016

HOSPITALEIROS DO CAMIÑO: UNHA VISIÓN DIFERENTE DO CAMIÑO DE SANTIAGO

No enlace que aparece a continuación poderemos ler a experiencia dunha persoa que dedicou un tempo da súa vida a exercer como hospitaleiro dun albergue do Camiño. Un traballo importantísimo e imprescindible para os peregrinos e que, moitas veces, se realiza de xeito voluntario.

11 de xaneiro de 2016

PACHO INICIA O CAMIÑO

O noso amigo Pacho Librín comezou tamén a camiñar cara a Santiago e quixo facer as primeiras etapas do xeito que se facía na idade media. Aquí o tedes vestido ao xeito tradicional,con esclavina, bordón, zurrón e cabaza para beber.
Saudámolo e desexámoslle un bo camiño da forma que o facía os peregrinos daqueles tempos:

¡¡¡ ULTREIA!!! 



  ¿Queres xogar?  Visita a páxina de  OS BOLECHAS FAN O CAMIÑO

16 de decembro de 2015

ANTES DE INICIAR O CAMIÑO HAI QUE INFORMARSE BEN

Traballamos en colaboración coas nena e nenos de terceiro para realizar un traballo de busca de información previa sobre o Camiño de Santiago. Á nosa clase informouse sobre aspectos relacionados coa planificación da viaxe: etapas, aloxamento, preparación da mochila.......Os resultados plasmáronse nuns orixinais murais que se poden ver no corredor.

  

15 de novembro de 2015

PLANIFICACIÓN DO CAMIÑO

Sinais para seguir O Camiño



Planificación das etapas



Símbolos dos Peregrinos



Consellos varios

http://caminosantiago.webcindario.com/consejos.html


Como comportarse nos albergues

29 de outubro de 2015

FIXEMOS O PROGRAMA PARA A EMISORA ESCOLAR!!!!

Despois dun laborioso traballo conseguimos dar fin ao programa para emisora escolar. Tivemos que buscar información, resumir, redactar, ler, gravar....... Pero pagou a pena porque aprendimos un montón de cousas sobre as cabazas. En tamén nos divertimos.
Para escoitalo de novo só tes que picar enriba da imaxe.

http://anubedalingua.blogspot.com.es/2015/10/emisora-escolar-programa-de-outubro.html