Amosando publicacións coa etiqueta festa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta festa. Amosar todas as publicacións

20 de maio de 2018

FESTA DAS LETRAS 2018

Finalmente chegou o Día da Festa das Letras.
Con moita concentración e escoitando a música, demostramos que lle pegamos moi ben ao baile, aínda que se trate de ritmo de tango. E para proba, estas imaxes.


26 de decembro de 2017

AS TRADICIÓNS DO NADAL GALEGO

¿Sabes por que comemos turrón ou pavo en Noiteboa?¿Ou por que tomamos as doce uvas en Noitevella? Neste enlace atoparás a orixe das tradicións de Nadal.





Un biquiño e ata o vindeiro ano.


21 de decembro de 2015

FESTIVAL DE NADAL

E por fin chegou o gran día. No escenario comportáronse como auténticos profesionais. Para comprobalo só hai que ver o video.


17 de decembro de 2015

PRACTICANDO O NOSO BAILE

Traballamos duramente para que todo saia perfecto o día do festival.

22 de decembro de 2014

FESTA DE NADAL 2014

Aquí están as nenas e nenos de terceiro todos formais e elegantes, exercendo como consumados bailaríns. Os pequenos fallos son froito dos nervios escénicos, non da falta de ensaios.




Pero isto non foi todo. Ofreceron outra actuación cantando a panxoliña "Zumballe ao pandeiro". Foron acompañados por compañeiras e compañeiros de 5º que se encargaron do acompañamento instrumental e dirixidos maxistralmente polo profe Jorge.


23 de outubro de 2014

APRENDENDO QUE É O SAMAÍN

Segundo a tradición, na última noite do mes de Outubro ábrese a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos. As ánimas dos mortos regresan par avisitar as súas familias e para quentarse e comer algo. Para axudarlles a atopar o camiño compre colocar cabazas con luz nas encrucilladas e nas ventás das casas.
Facendo clic enriba das imaxes poderás ler e aprender máis sobre esta festa.

http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.html#capa2


http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/samain/historia.html


13 de xuño de 2014

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Despois de todo un ano traballando e aprendendo, hoxe puidemos disfrutar dunha xornada de diversión e descanso e convivencia fora das aulas.
Saímos do cole ás 9:30, cun día de sol e ceo moi azul. A primeira parada foi na Ramallosa, para pasar un rato divertido no parque "Indiana Bill". Logo subimos ata a área de Recreo de Chan da Lagoa. Alí, sobre a herba e á sombra dos carballos demos conta do almorzo. ¡Non qudaron nin as migas!
Pola tarde baixamos ata Baiona. Remollamos os pés na praia de A Ribeira, que facía moita calor. ¡Houbo quen se remollou de arriba abaixo! ¡Que fresquiños quedamos! 
A continuación camiñamos ata as instalacións do porto, onde visitamos a reprodución da carabela A Pinta. A Pinta foi a primeira nave, das tres que realizaron a primeira viaxe de Colón, que tocou porto e trouxo a noticia do descubrimento de novas terras ao outro lado do Océano Atlántico (o 1 de Marzo de 1.493).
Regresamos ao cole cansados, despois de troular todo o día, pero felices e contentos.
Para ter máis información sobre a carabela "A Pinta" e Cristobal Colón, picar enriba da imaxe.

http://www.baiona.org/web/turismo/cultura/museo-da-carabela-pinta

Para ver as fotos da viaxe, fai clic enriba da cámara.

https://picasaweb.google.com/102016539315034979789/20140613ViaxeFindeCurso?authuser=0&authkey=Gv1sRgCPOi16Gs4_alugE&feat=directlink

24 de xuño de 2013

FIN DE CURSO

Chegamos ao final do curso. Despois dun ano de moito traballo, chegou o tempo do descanso. Agora tedes que disfrutar, divertirvos, tomar o sol, nadar....... aínda que sempre queda tempo para abrir un libro e mergullarse nas súas páxinas. 
Foi un día do máis emocionante: Primeiro os xogos para buscar pistas por todo o cole, logo o baño de espuma, a merendola coas amigas e amigos de cuarto...... e a inesperada noticia do premio recibido pola película que fixemos entre todos: Non puidemos ter mellor despedida. Aquí estades, con cara de felicidade, despois de tantas emocións xuntas.


 
VERÉMONOS EN SETEMBRO. ATA PRONTO.

8 de maio de 2013

TRADICIÓNS DE GALICIA: OS MAIOS

Hoxe na clase xurdíu o tema dos Maios, porque na parada de Leticia había un letreiro que informaba das festa do Maios.
Como ninguén tiña moi claro en que consiste esta festa tradicional, estivemos a ver fotos sobre estas construccións vexetais e vimos algún video.
A través deste enlace poderemos ler máis información.

9 de febreiro de 2013

ENTROIDO: DISFRACES MOI SAUDABLES

As froitas, verduras e hortalizas deben estar presentes cada día entre os alimentos que inxerimos. Por esta razón  a comida san foi a protagonista do Entroido deste ano.
Durante toda a semana fomos confeccionado os nósos disfraces.  Despois de moito traballar, aquí están os resultados.
Verzas : Leticia e Yeneva
Ervellas: Kevin e Icía
Cenorias: Anxo e Carla
¿Como o fixemos? 
 

7 de febreiro de 2013

AS ÓRDES DO MECO

Para que nos divirtamos durante esta semana, o Meco vainos dando ordes para que nos vaiamos poñendo cousas. Estas son as ordes de cada día. (Para ver o que pasou cada día, pica enriba do letreiro)

LUNS, 3 DE FEBREIRO
MARTES,4 DE FEBREIRO
MÉRCORES, 5 DE FEBREIR
XOVES, 6 DE FEBREIRO

7 de xaneiro de 2013

ASÍ BAILAMOS NO FESTIVAL

As nenas e nenos de 3º e 4º pasárono moi ben no festival de Nadal. Participaron cunha actuación de playback e coreografías creadas por eles. ¡¡ E todo o ciclo saíu ao escenario!!

 

22 de decembro de 2012

FELICES FESTAS


 ¿Por que comemos turron, pavo ou tomamos as doce uvas en Noitevella?¿Queres coñecer a orixe das tradicións de Nadal? 
Neste enlace atoparás as respostas.


En "Sexamos Curios@s" podes coñecer como se celebra o nadal noutras partes do mundo.

 Un biquiñó, e ata o ano que ven.

TARXETAS DE NADAL

Estas son as tarxetas que as nenas e nenos de terceiro fixeron para desexarlle o mellor ás persoas que queren.
  

26 de outubro de 2012

CHEGA O SAMAÍN

Achegámonos ao Samaín. Na última noite de Outubro ábrese a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos. As ánimas dos mortos regresan e visitan as casas das súas familias para quentarse e comer algo. Hai que colocar cabazas con luz nas encrucilladas e nas ventás das casas para axudarlles a atopar o camiño.

Charlie Brown e os seus amigos tamén preparan as cabazas para celebrar a súa festa dos mortos, o Halloween.




Facendo clic enriba da palabra poderás aprender máis  sobre esta celebración.


E se despois de ler queres xogar un pouco, pica enriba das  cabazas.


Tamén podes ler e cantar as cancións do samaín fai clic aquí.

17 de maio de 2012

XOGANDO NAS LETRAS

Para celebrar as letras galegas, no colexio realizamos moitas actividades. Aquí pódese ver a nósa participación nos xogos tradicionais, e na Xuntanza das Letras cos outros colexios do concello.
¡¡Divertímonos moito!!