Amosando publicacións coa etiqueta vídeo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta vídeo. Amosar todas as publicacións

26 de decembro de 2017

UN RAPOSO E UN RATO

É inverno. Frío. Neve. Un raposo camiña buscando algo que comer. De súpeto atopa un ratiño e decide cazalo. Pero durante a persecución ocorre algo e o rato deixa de ser un bocado apetecible e transfórmaxe nun ser a quen coidar, nun compañeiro de xogos.



Protexe e aprecia aos que amas. Sempre.

13 de decembro de 2017

BAILEMOS XUNTOS

BAILEMOS TODOS



La música está subiendo
los corazones se van uniendo,
no bailes solo, yo bailo con vos.

No pienses lo que yo pienso
pero respeta mi pensamiento,
no bailes sola, yo bailo con vos,
yo bailo con vos....

El sol que comienza el día
no diferencia, no discrimina
y nos ilumina, igual a los dos.

Lo que tengamos que hacer, lo haremos
lo que tengamos que comprender
lo comprenderemos,
y por uno vez
altos y bajitos, flocos, gorditos
haremos algo a la vez.

Bailemos todos, bailemos todos,
todos juntos, codo a codo.
Bailaemos todos, bailemos todos,
se cura el dolor al bailar.
Bailemos todos, bailemos todos,
todos juntos, codo a codo.
Bailemos todos, bailemos todos
y hagámoslo ya.
Fila 1, 
Columna 2
 

Es tiempo de hacernos cargo,
no nos estamos comunicando,
nohablemos tanto y escuchémonos.

Lo que tengamos que hacer, lo haremos
lo que tengamos que comprender
lo comprenderemos,
y por uno vez
altos y bajitos, flocos, gorditos
haremos algo a la vez.

Bailemos todos, bailemos todos,
todos juntos, codo a codo.
Bailaemos todos, bailemos todos,
se cura el dolor al bailar.
Bailemos todos, bailemos todos,
todos juntos, codo a codo.
Bailemos todos, bailemos todos
y hagámoslo ya.


Para visionar a coreografía fai clic AQUÍ

10 de febreiro de 2017

ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS

Uns videos para repasar o aprendidos sobre os animais





E agora a practicar con estes xogos

http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/tercer_curso/naturales_3/vertebrados_3/vertebrados_3.html


http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/tercer_curso/naturales_3/invertebrados_3/invertebrados_3.html

15 de novembro de 2015

PLANIFICACIÓN DO CAMIÑO

Sinais para seguir O Camiño



Planificación das etapas



Símbolos dos Peregrinos



Consellos varios

http://caminosantiago.webcindario.com/consejos.html


Como comportarse nos albergues

14 de maio de 2015

NOTICIEIRO CULTURAL: FILGUEIRA VALVERDE

As nenas e os nenos de terceiro fixeron un programa informativo para coñecer a Filgueira Valverde e compartírono co resto do cole.

12 de decembro de 2014

PREPARÁNDONOS PARA O FESTIVAL

Grabación do ensaio para ver como nos sae e corrixir os fallos.

3 de decembro de 2014

A CEBRA DE GREVY

Seguimos aprendendo sobre as cebras e as súas raias

25 de novembro de 2014

COIDAR DA NATUREZA

En Mates estivemos traballando a resta, utilizando datos das montañas máis altas do mundo: Everest, K-2, Kilimanjaro.......... Ademais de  restar arprendimos cousas sobre o mantañismo, e do arriscado que é este deporte. Pero cando se chega ao áis alto: ¡¡¡¡QUE MARABILLA!!!!
Os montañeiros, ademais de esforzarse en alcanzar os cumes máis elevados, deben ser respetuosos coa montaña: Despois da escalada non deben quedar restos que indiquen que os seres humanos estiveron alí. Neste video explícase como hai que facer.

17 de setembro de 2014

A TEA DE ARAÑA

A realización da dinámica "A tea de araña" despertou o noso interés por estes animais e a forma que teñen para tecer a súa tea.
Facendo clic no botón esquerdo pódese ver o proceso paso a paso. O botón dereito permite velo todo seguido.  
 

O video dispón de textos informativos que están en francés, aínda que se comprende perfectament o proceso. Para ver os textos traducidos, fai clic neste enlace.

31 de marzo de 2014

MELODÍAS QUE NOS GUSTARON

Como o prometido é debeda, aqui vos deixo as dúas melodías non seleccionadas para o programa de radio.
"Dueto das flores", fragmento da ópera Lakme do compositor francés Leo Delibes. Un vídeo con imaxes para acompañar a audición e apreciar mellor a beleza da música.



"O teu día", unha nova forma de desexar felicidade ás persoas que estean de aniversario.


O TEU DÍA

GRUPO FANTASÍA DE CAMPOBECERROS (OURENSE)
Hoxe é o teu día
día do teu cumpreanos.
Hoxe é o teu día,
día no que ti fas anos.

Todos nos sentimos
unidos a ti.
Desexámoste hoxe
que sexas feliz.

Hoxe é o teu día.......




Cinco anos fas,
cinco nada máis.
Que fagas moitos
como estrelas hai.

Hoxe é o teu día......

Cantan os paxaros.
somos felices,
pois hoxe é o día
no que ti naciches.

Hoxe é o teu día......    


LETRA: Xulio Rodríguez MÚSICA: Epifanio Novoa Valencia

8 de decembro de 2013

AGORA CONTAMOS NÓS: ¿QUEN ME QUERE ADOPTAR?

Aurora, a mamá de Mara, veu ao cole para ler o libro "Quen me quere adoptar", que conta a historia de Manuel, un mestre xubilado que vive co seu gato e rodeado de libros. 
Ás nenas e nenos de segundo ciclo gustoulle tanto que se animaron a contala  de novo diante da cámara. Esperamos que vos guste.


3 de maio de 2013

EFECTOS ESPECIAIS: SONS DE CHUVIA

Ao fío da animación que estamos a facer, van xurdindo novas situacións e novos conceptos relacionados co cine, que ata agora descoñeciamos.
Para poñer son aos fenómenos meteorolóxicos precisamos dispoñer de efectos de chuvia, vento, tronos, sarabia.... que se poden descargar dende a internet. Pero non é difícil crealos, e resulta moito máis satisfactorio.
Nesta enlace pódese ver como facer algúns dos máis habituais.



E  a través deste video comprobaremos como o corpo humano e un instrumento capaz de conseguir sons sorprendentes.
 

19 de abril de 2013

FACER UNHA CURTA DE ANIMACIÓN

Acabamos de coñecer a Ernesto Boa Cara e xa nos roubou o corazón coa súa historia chea de optimismo. 
Agora andamos enleados coa tarefa do converter este conto nunha película de animación. Preparamos o guión, creamos as personaxes, e xa gravamos os diálogos. Aínda queda moita tarefa, pero a cousa promete. Polo de pronto estamos aprendendo moitas cousas de xeito divertido. Só tedes que vernos.
 


 Para axudarnos e facilitarnos o traballo, a biblio proporcionounos información sobre o proceso de creación de películas. Fai clic sobre a claqueta para acceder.

18 de febreiro de 2013

¡¡QUE BEN O PASAMOS NA FESTA DO ENTROIDO!!

Despois de tanto traballar conseguimos rematar os nosos disfraces vexetais. E aquí estamos, disfrutando na festa coas nenas e nenos dos outros coles e bailando a nosa coreografía.
 


14 de xullo de 2012

ASÍ FIXEMOS UN INFORMATIVO DE TELEVISIÓN

Durante o terceiro trimestre traballamos con terceiro para facer un programa informativo. Este foi o proceso que seguimos para facelo. 


 
Para ver o resultado, fai clic na imaxe
 
 http://axanelaaberta.blogspot.com.es/2012/06/canal-telemundo-informando.html

29 de febreiro de 2012

¡¡ADEUS ENTROIDO, ADEUS!!

Rematou o Entroido. Acabaron as festas, as ricas sobremesas: orellas, filloas, flores.... Os disfraces quedan no baúl ata o ano que ven. Pero...¿a que o pasamos ben?
 
        

25 de febreiro de 2012

A EMIGRACIÓN

Durante anos as aldeas e vilas de Galicia viron como os máis novos ou familias enteiras partían en busca dunha vida mellor que aquí non podían atopar.  Durante moitos anos o destino era América (Arxentina, Chile, Brasil....). Máis adiante emigrouse a Alemania, a Suiza e Francia. Algúns tiveron a sorte de volver, outros non puideron facelo nunca. Aquí só quedaban os vellos, as mulleres e os cativos.
Despois de ler o poema "Adios ríos, adios fontes" de Rosalía de Castro, vimos algunhas fotografías do momento da partida, nas que puidemos apreciar a forte emoción das persoas que marchaban e das que quedaban. Todos sabían que era moi probable que non se volveran ver.

            
Despois de velas, Gabriel comentou que agora xa sabía o que sentira a súa nai cando o seu avó tivera que marchar.
Galicia é unha terra de emigrantes. A pouco que preguntemos, todos temos a alguén na familia que tivo que ir gañar a vida ao estranxeiro. É algo que non deberíamos de esquecer nunca.

LEMBRANDO A ROSALÍA

Para conmemorar o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, tódalas nenas e nenos do centro recibiron como agasallo un marcapáxinas co poema "Adios ríos, adios fontes".
Rosalía, como outros moitos escritores, tratou o tema da emigración. Neste poema fala coma un emigrante que está a punto de embarcar para América e se despide con pena da terra, da aldea, da familia.... O cantautor Amancio Prada púxolle música e convertiuno nunha fermosa canción. Podes ler o poema ao tempo que escoitas a canción neste vídeo. 


          
                                                  View more webinars from oclubdasideas
Para ler e escoitar máis poemas de Rosalía, pica enriba da palabra.              



poemas