Amosando publicacións coa etiqueta escritura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta escritura. Amosar todas as publicacións

9 de decembro de 2016

COMO TRABALLAMOS NAS NÓSAS HORTAS?

Investigamos para contarlle ás compañeiras e compañeiros como facemos na nosa casa para traballar a horta, que produtos plantamos e cultivamos, as ferramentas que utilizamos..... e moitas máis cousas.

https://issuu.com/axanelaaberta/docs/horta2?e=11162076/43497699


16 de decembro de 2015

ANTES DE INICIAR O CAMIÑO HAI QUE INFORMARSE BEN

Traballamos en colaboración coas nena e nenos de terceiro para realizar un traballo de busca de información previa sobre o Camiño de Santiago. Á nosa clase informouse sobre aspectos relacionados coa planificación da viaxe: etapas, aloxamento, preparación da mochila.......Os resultados plasmáronse nuns orixinais murais que se poden ver no corredor.

  

7 de decembro de 2015

SE FORA INVISIBLE.......

Se  fora   invisible  o  que   faria  sería  plantar  máis  árbores .Tamén   axudaría  ás   persoas   e   tamen    axudaria   na  casa   sen  que  nadie  se  enterara   para  que  a  miña    Nai   non   tivera   que   facer tantas   cousas. E    tamen   axudaria   ao   meu   Pai   para   que  cando  volveran   do   traballo poidera   descansar  o  resto do   dia.
Angel González Bouza                                                                                                                              

Se fara invisible gustariame ir ao cine  gratis comer  pizza gratis e xogar no campo de futbol.
Coller xeados gratis  ir gratis en avion correr na blibioteca publica tomar capuchinos gratis, saltarme ao colexio, xogar ao tirapichon gratis.
 Alexandre Piñeiro Brandon.
 
Se fose invisible gustariame ir ao colexio a molestar un pouco aos meu compañeiros, xogar por aí correr por donde me apeteza, ir a calquera lugar sen que nadie me vexa .  
Lucy Martinez Valiño

Dar voltas por os distintos sitios.Arrepentindome de ser invisible e intentando  entreterme  co que sexa. Tamen chorando e mirando como xogan ese diverten os demais nenos e nenas.  
Ainoa Cambra Costas

Se fora invisible iríame  de casa e volveria, non viría máis á escola, dormiria mais, para que non me boten a bronca, e tampouco que me zurren, por non traballar.E comeria pizza e o que quisexe.
Javier Lorenzo Álvarez

Gustariame  ser    invisible   cando   os meus  pais   me  levan    ao   dentista  para  escaparme, e  que  non   me  boten   liquido  agrío  na  boca  para  enpastarme   as  moas .
Lorena   Castro  Álvarez  

Gustaríame ser invisible cando estou xogando ao escondite cos meus amigos e co meu  irman ,cando me mandan facer a cama, apañar espigas, patacas, coidar  do meu  irman,  non  ir  ao  cole.  Cando estou  na  praia  e  non  me  deixan  meterme na piscina,  cando  vamos a  casa  dun  amigo e  non  me deixan  durmir ali.
Me  gustaria  ser  invisible  cando  me boten   a  bronca  para  escaparme.
-comer  pasteis  sin  pagar
-tirarme  por  tirolinas
-escaparme  con  a  bicicleta
-pegarlle  un   susto.
Verónica Paz Veiga

Se fose ivisible querería meter sustos a xente mala que me molesta sempre.Coller balóns de futbol sen que nadie me mirase, porque si non me empezarian a reñir.Que nadie me molestara cando vexo a televisión, porque se non me estarian molestando todo o día.E non ir ao colexio,cando tocan asignaturas que non me gustan.
M.Ángel Armadáns Rodríguez

29 de outubro de 2015

FIXEMOS O PROGRAMA PARA A EMISORA ESCOLAR!!!!

Despois dun laborioso traballo conseguimos dar fin ao programa para emisora escolar. Tivemos que buscar información, resumir, redactar, ler, gravar....... Pero pagou a pena porque aprendimos un montón de cousas sobre as cabazas. En tamén nos divertimos.
Para escoitalo de novo só tes que picar enriba da imaxe.

http://anubedalingua.blogspot.com.es/2015/10/emisora-escolar-programa-de-outubro.html

13 de abril de 2015

COCIÑANDO PARA O COLE: BATIDO DE MAZÁ E MANDARINA

Dentro da actividade "Cociñando para o cole" as nenas e nenos de  terceiro e cuarto xuntáronse para elaborar entre todos  un saboroso batido de mazá e mandarina, que logo repartiron entre todas as nenas e nenos dos demais cursos. Facelo resultou moi doado, e estaba moi riquísimo. 




Por se alguén se anima a repetilo máis adiante se publicará a receita.

Nesta presentación poden observarse os distintos pasos do proceso.

30 de maio de 2014

VIVIMOS AQUÍ

Desta volta, como tarefa de "Vivir Xuntos", todo o cole tivo que elaborar fichas informativas sobre o lugar onde vivimos e sobre os sitios do concello que nos resultas especiais. 
Facendo clic enriba da imaxe do concello de Salvaterra de Miño, poderás ver as que nós fixemos.
http://issuu.com/axanelaaberta/docs/lugares2__ciclo/1

7 de marzo de 2014

RECIBIMOS CARTA DO CONCELLO

Despois de agardar varios días, hoxe chegou á escola a carta do concello que respondía á nosa petición. Contestounos a tenente de alcalde, en substitución do sr. alcalde.
Nunha atenta carta comunícanos que nos envían información para o noso traballo: Mapas, planos, libros sobre as distintas parroquias, folletos, un libro sobre a historia de Salvaterra........  ¡Agora si que imos ter material de sobra para facer o noso traballo!



13 de febreiro de 2014

CARTAS FORMAIS: ESCRIBINDO AO SEÑOR ALCALDE

Como necesitamos información para o traballo sobre o municipio que andamos a facer, decidimos solicitala ao concello. Xunto aos compañeiros de terceiro redactamos unha carta formal dirixida ao señor alcalde. 
Tamén preparamos o sobre, poñendo correctamente o enderezo.
Agora só queda agardar a resposta.




6 de febreiro de 2014

ESCRIBINDO CARTAS Á LUA

Despois de ler o libro "Cos ollos na Lúa" decidimos que tamén queriamos mandarlle mensaxes á lúa. Aquí están as cartas que cada un de nós redactou. ¿Chegarán ao seu destino?

http://issuu.com/axanelaaberta/docs/cartas__lua?e=11162076/8182972


A CORRESPONDENCIA: O SOBRE

Unha vez que xa rematamos a carta só nos queda enviala. Para eso necesitamos un SOBRE.
O sobre é o envoltorio que protexe a carta e impide  que se poida ler o seu contido. Na parte exterior do sobre poñemos os datos que farán que a carta chegue ao seu destino. 
¡Para que chegue onde ten que chegar é importantísimo poñer os datos correctamente, ben clariños e no lugar axeitado!


Introducimos a carta no sobre, botámola no buzón e ........ ¡COMEZA A SÚA VIAXE!


23 de decembro de 2013

BIOGRAFÍAS

Despois de moito traballar durante todo o trimestre, conseguimos rematar as nosas biografías. Tivemos que recurrir aos nósos recordos e botar man da información da familia.  Foi un traballo moi interesante, que nos permitíu coñecernos mellor. 
Gracias a esta actividade falamos máis con mamá e papá e o resto da familia e descubrimos anécdotas e acontecementos da historia familiar que descoñeciamos.

19 de abril de 2013

FACER UNHA CURTA DE ANIMACIÓN

Acabamos de coñecer a Ernesto Boa Cara e xa nos roubou o corazón coa súa historia chea de optimismo. 
Agora andamos enleados coa tarefa do converter este conto nunha película de animación. Preparamos o guión, creamos as personaxes, e xa gravamos os diálogos. Aínda queda moita tarefa, pero a cousa promete. Polo de pronto estamos aprendendo moitas cousas de xeito divertido. Só tedes que vernos.
 


 Para axudarnos e facilitarnos o traballo, a biblio proporcionounos información sobre o proceso de creación de películas. Fai clic sobre a claqueta para acceder.

27 de marzo de 2013

RECITANDO POEMAS

Despois de escribir os nósos poemas, recitámosllos ás compañeiras e compañeiros de cuarto. Eles tamén nos recitaron os seus. Foi un momento moi agradable, no que puidemos comprobar que somos quen de crear poemas fermosos e divertidos.

23 de marzo de 2013

FACENDO POEMAS

Durante todo o trimestre andivemos a xogar coa poesía. Limos poemas, imitamos a Rosalía, buscamos palabras que tiveran rima, fixemos pareados...... 
Ao final fomos quen de crear os noso propios poemas. Algúns deles quedaron recollidos nun libriño, para que todo o mundo poida disfrutar coa súa lectura. ¡¡Que orgullosos estamos das nosas creacións!!


10 de xaneiro de 2013

OS NÓSOS COMICS

Durante o primeiro trimestre aprendimos moitas cousas sobre o comic e a súa creación. Tamén coñecimos algúns personaxes moi divertidos. 
Ao final atrevímonos a convertirnos en autores de historietas. Este foi o resultado.

1 de decembro de 2012

¡¡¡ A FACER CÓMICS POR UN TUBO !!!

Agora que xa sabedes moitas cousas sobre o comic, podedes practicar facendo as vosas historietas con dúas ferramentas do máis sinxelo

Play Comic
Con diferentes tipos de páxinas e viñetas, personaxes, efectos....... para crear un comic. O resultado pódese imprimir e gardar. Hai tamén outro tipo de actividades relacionadas co comic.

                            

Storyboard That
Permite crear unha ou dúas tiras. Pódese imprimir e tamén gardar a imaxe (atopado en  Leer.es)

11 de outubro de 2012

O COMIC: COÑECENDO A CHARLIE BROWN

Achegámonos ao mundo do comic a través de Carlitos e os seus amigos. Se abres este libriño poderás coñecer ás personaxes máis importantes.













Despois de ler poderás velos en acción nesta animación.



Para coñecer e aprender máis cousas sobre o comic hai que entrar na biblioteca:

COMEZAMOS CON COMICS                           ACTIVIDADES CON COMIC

27 de xuño de 2012

¿QUE OPINAMOS DO PROGRAMA?


As nenas e os nenos de cuarto opinan que lles pareceu facer un programa de Televisión. Das súas opinións dedúcese que se divertiron e que lles gustou moito. ¡¡Haberá que repetir!!


View more documents from a_xanela_aberta.