17 de febreiro de 2017

VENRES 17: UN DÍA FANTÁSTICO

Hoxe, na hora deler, recibimos a visita da mamá de Carlos. Veu compartir con nós a lectura do libro "Catro cascarolos". Coñecimos a historia de catro caracois que tiverln que buscar un novo lugar para vivir cando os humanos cubriron de lousas o parque onde vivían.


Por se esto non fora suficiente, despois asistimos a unha charla sobe a Linguaxe de signos, a linguaxe que as persoas xordas utilizan para comunicarse.


Realmente foi un día extraordinario.

24 de decembro de 2016

FESTIVAL DE NADAL: A HORTA DE BALBINA

Participamos no Festival de Nadal co tema "A horta de Balbina", que nos veu ao pelo para o Proxecto "Quen sementa, recolle". Esforzámonos en facelo o mellor posible e aínda que non se nos escoita moito,  estamos aí.

18 de decembro de 2016

9 de decembro de 2016

COMO TRABALLAMOS NAS NÓSAS HORTAS?

Investigamos para contarlle ás compañeiras e compañeiros como facemos na nosa casa para traballar a horta, que produtos plantamos e cultivamos, as ferramentas que utilizamos..... e moitas máis cousas.

https://issuu.com/axanelaaberta/docs/horta2?e=11162076/43497699


16 de novembro de 2016

EXPERIMENTANDO: AS PLANTAS NECESITAN AUGA E LUZ

Imos comprobar que aire e luz son imprescindibles para as plantas a través dunha experiencia práctica.
Necesitaremos
- 3 plantas en macaetas                - bolsas con peche de cremalleira ou zip 
- caixa de cartón- ficha para anotar observacións

1- A primeira planta introdúcese dentro da caixa de cartón e tápase, deixando que entre o aire pero non a luz.
2- A segunda planta métese dentro da bolsa e péchase.
3- A terceira planta utilízase para comparar a evolución das outras dúas.
4- Revisar cada dous ou tres días e anotar as observacións nunha ficha.



10 de novembro de 2016

COMER CON PALILLOS

Investigamos sobre diferentes formas de comer e de comportarse na mesa ao longo do tempo. Antes  usábanse as mans pero agora utilizamos obxectos máis refinados, como garfo, culler ou palillos. Con este este video podemos  practicar o uso destes utensilios de orixe asiático. Ánimo, que non é tan dificil como parece. Seguron que pronto estaredes listos para ir comer a unha casa de comidas xaponesa.

10 de outubro de 2016

CO NOVO CURSO COMEZA UN NOVO PROXECTO

Co inicio do curso comeza a desenvolverse o proxecto de centro que nos vai ocupar todo o ano: "Quen sementa recolle". Desta volta traballaremos sobre a horta escolar e os procesos que rodean ao seu coidado.
Polo de agora ímonos encargar de conseguir sementes de distintos froitos que xa trouxemos. Agora temos que aplicar diferentes métodos para a extracción, selección, clasificación en envasado.

Na biblioteca puxeron a nosa disposición material ao que poderemos acceder picando enriba da imaxe.
http://abibliodeleirado.blogspot.com.es/2016/09/quen-sementa-recolle-comezamos.html