10 de setembro de 2018

REMATE DE PUBLICACIÓN


No mes de Decembro de 2001 iniciouse a andaina deste blog que se converteu na xanela pola que asomarnos ao mundo. Durante todo este tempo permaneceu activo, recollendo entre as suas páxinas videos, fotos, xogos, actividades para repasar os contidos aprendidos, memorias de moitas situacións que vivimos xuntos e sobre todo moitos traballos e colaboracións das nenas e nenos que en cada momento compartían con esta profe os seus anos de terceiro e cuarto nivel.
Pero chegou o momento de pechar esta ventá. A partires deste momento non se realizarán máis publicacións. O blog permanecerá aberto para quen teña interese en deambular por entre as súas páxinas para gozar, lembrar,  entreterse ou utilizar algún recurso.

A compañía foi moi grata. Moitas grazas a todas e a todos polo voso interese, o voso esforzo e a vosa axuda. Sen todo esto nada sería posible.