Amosando publicacións coa etiqueta peixes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta peixes. Amosar todas as publicacións

28 de abril de 2015

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR!


Este ano o noso cole volveu participar no programa "Alimenta-T ben" que, amais da froita, pernitiunos coñecer mellor un alimento de gran importancia para o noso desenvolvemento: o peixe.
Primeiramente recibimos a visita dos Arroases, que nos achegaron información sobre diversos aspectos e propiedades dos peixes e comprobaron o noso coñecemento sobre eles cunhas divertidas actividades.
Como remate da actividade o 28 de Abril visitamos o porto pesqueiro de Vigo e o Museo do Mar. Non puidemos ver a subasta de peixe porque xa rematara. ¡Mágoa! aínda que algún resto da actividade quedaba polo chan. Fixemos un percorrido polas instalacións e de novo ao autobús que nos levou ao Museo do Mar. 
Alí impresionounos o acuario que, aínda que pequeno, reproducía o ecosistema da ría de Vigo. Tamén observamos un curioso submarino e traxes de submarinista antigos. Para rematar invitáronnos a xantar uns pratos elaborados con peixe, que estaban deliciosos: sopa de peixe e fideguá de mexilóns. Un iogur de postre, e de volta para casa. 
A comida estaba ¡¡boííííííísima!! e permitiunos descubrir que comer peixe é san, rico e divertido e non ten por que ser sempre  frito ou cocido.
Para recordar,  un video do acuario e fotos da visita.




10 de novembro de 2012

NO FONDO DO MAR DAS ILLAS CÍES

Investigadores do I.I.M. (Instituto de Investigacións Mariñas) grabaron nas augas das illas Cies un exemplar de morena (Muraena helena) de máis de metro e medio de longo que supera amplamente a medida habitual destes peixes (arredor dun metro).
Peixes que gostan de augas cálidas, adaptáronse á ría de Vigo, onde adoitan vivir en augas profundas. Dotadas duns dentes afiadísimos, aliméntanse doutros peixes. Morenas e congros son os principais depredadores do polbo.
 
 

Neste vídeo pódese realizar una visita ao fondo mariño das Cies e observar a súa fauna e flora.

8 de abril de 2012

CONFERENCIAS DA LAMPREA

Durante o segundo trimestre no colexio estivemos traballando sobre a lamprea. As nenas e os nenos de terceiro e cuarto tiveron que realizar un traballo sobre as característias, vida e costumes deste animal. Buscaron información, anotaron, debuxaron, redactaron, escribiron na wiki, e finalmente.......
TIVERON QUE CONTARLLE O QUE APRENDERAN A TÓDOLOS COMPAÑEIROS
¡¡Falar en público, que nervios!! Pero todo resultou moi ben e houbo un entretido ciclo de conferencias.
Aprenderon moito (as profes tamén) sobre este peixe que é habitual da zona e do que descoñecíamos moitas cousas.


Este é o vídeo da conferencia.


18 de marzo de 2012

A LAMPREA

Seguimos co traballo sobre a lamprea. Nestes dous enderezos podemos atopar máis información e algunhas curiosidades sobre este curioso peixe.