28 de abril de 2015

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR!


Este ano o noso cole volveu participar no programa "Alimenta-T ben" que, amais da froita, pernitiunos coñecer mellor un alimento de gran importancia para o noso desenvolvemento: o peixe.
Primeiramente recibimos a visita dos Arroases, que nos achegaron información sobre diversos aspectos e propiedades dos peixes e comprobaron o noso coñecemento sobre eles cunhas divertidas actividades.
Como remate da actividade o 28 de Abril visitamos o porto pesqueiro de Vigo e o Museo do Mar. Non puidemos ver a subasta de peixe porque xa rematara. ¡Mágoa! aínda que algún resto da actividade quedaba polo chan. Fixemos un percorrido polas instalacións e de novo ao autobús que nos levou ao Museo do Mar. 
Alí impresionounos o acuario que, aínda que pequeno, reproducía o ecosistema da ría de Vigo. Tamén observamos un curioso submarino e traxes de submarinista antigos. Para rematar invitáronnos a xantar uns pratos elaborados con peixe, que estaban deliciosos: sopa de peixe e fideguá de mexilóns. Un iogur de postre, e de volta para casa. 
A comida estaba ¡¡boííííííísima!! e permitiunos descubrir que comer peixe é san, rico e divertido e non ten por que ser sempre  frito ou cocido.
Para recordar,  un video do acuario e fotos da visita.