Amosando publicacións coa etiqueta lectura b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lectura b>. Amosar todas as publicacións
18 de xuño de 2018
EMISORA ESCOLAR: O DÍA DO NAUFRAXIO
No progrma da emisora escolar, as nenas e nenos de cuarto homenaxearon á escritoria María Victoria Moreno, lendo o conto "O día do naufraxio" do seu libro "Mar Adiante"
1 de maio de 2018
24 de abril de 2017
DÍA MUNDIAL DO LIBRO: CONTAPATIO
Para conmemorar o día mundial do libro, o luns 24 de Abril no cole organizouse o ContaPatio.
Este ano as nenas e nenos de terceiro deixaron de ser oíntes e pasaron a ser lectores dos máis cativos. Que emoción!!!
Pola cara dos que escoitan, a cousa debeu saír bastante ben.
¡¡¡¡Para o ano que ven repetiremos!!!!!
17 de febreiro de 2017
VENRES 17 DE FEBREIRO: UN DÍA FANTÁSTICO
Hoxe, na hora deler, recibimos a visita da mamá de Carlos. Veu compartir con nós a lectura do libro "Catro cascarolos". Coñecimos a historia de catro caracois que tiverln que buscar un novo lugar para vivir cando os humanos cubriron de lousas o parque onde vivían.
Por se esto non fora suficiente, despois asistimos a unha charla sobe a Linguaxe de signos, a linguaxe que as persoas xordas utilizan para comunicarse.
Realmente foi un día extraordinario.
14 de abril de 2016
PREPARANDO A VISITA DE FRAN ALONSO
O libro de lectura deste ano é un libro de poesía titulado "O meu gato é un poeta". O seu autor é Fran Alonso, que nos vai visitar o venres 18. Como os poemas do libro nos gustaron moito decidimos escoller un para confeccionar un cartel de benbida. Escollemos un poema ben bonito. Quedounos así de chulo. O autor ben o merece.
Esperamos que sexa do seu agrado.
Esperamos que sexa do seu agrado.
7 de outubro de 2015
O BASILISCO
Grazas a Alexandre descubrimos a existencia do basilisco, un animal imaxinario e cun aspecto terrorífico, do que poderemos aprender máis cousas picando enriba da imaxe.
Se che interesa a mitoloxía (saber sobre seres mitolóxicos) podes acceder a estes enlaces.
23 de abril de 2014
O LIBRO: UNHA MARABILLA TECNOLÓXICA
¡¡¡ VIVAN OS LIBROS !!!
¡¡¡NON EXISTE NADA MELLOR!!!
Promoción publicitaria deste excelente produto
¿A que non o houberas imaxinado nunca?
¡¡¡NON EXISTE NADA MELLOR!!!
Promoción publicitaria deste excelente produto
¿A que non o houberas imaxinado nunca?
17 de marzo de 2014
FAMILIAS LECTORAS: A VODA DOS RATOS
—Non vas casar cun rato negro, feo e fraco coma un
fiúncho. Ti tes que casar co máis forte do planeta, e ese non o é –dixo
sinalando cara ao rato.
Así lle responde o emperador dos ratos a súa filla cando lle presenta ao seu amado, un rato gris, case negro, e fraco coma un fío.
O emperador prohíbelles que se volvan ver, como se puidera mandar sobre o corazón da ratiña igual que manda sobre os soldados do seu exército.
Ademais toma a decisión de buscar un noivo axeitado para a súa filla, pero ela so desexa casar co seu namorado.
Con Rita, a nai de Leticia, fomos camiñando paso a paso polas páxinas do conto "A voda dos ratos". Esta historia, lémbranos que o cariño e os afectos non se poden impoñer e que ninguén, nin siquera o emperador dos ratos, pode decidir o destino dos demais.
Pasamos un momento moi agradable. Para acabar, Rita lembrounos que TODO o verdadeiramente importante está dentro do noso CORAZÓN.
Así lle responde o emperador dos ratos a súa filla cando lle presenta ao seu amado, un rato gris, case negro, e fraco coma un fío.
O emperador prohíbelles que se volvan ver, como se puidera mandar sobre o corazón da ratiña igual que manda sobre os soldados do seu exército.
Ademais toma a decisión de buscar un noivo axeitado para a súa filla, pero ela so desexa casar co seu namorado.
Con Rita, a nai de Leticia, fomos camiñando paso a paso polas páxinas do conto "A voda dos ratos". Esta historia, lémbranos que o cariño e os afectos non se poden impoñer e que ninguén, nin siquera o emperador dos ratos, pode decidir o destino dos demais.
Pasamos un momento moi agradable. Para acabar, Rita lembrounos que TODO o verdadeiramente importante está dentro do noso CORAZÓN.
11 de marzo de 2014
A GALIÑA AZUL
Amais de escribir, tamén limos cartas, como as que o autor Carlos Casares lle escribía á nena Ana Lasquetti, que era a súa veciña cando tiña dous anos. O día que os seus pais regresaron á súa terra, Carlos Casares despedíuse deles pedíndolles que non esquecera nunca que era galega. Un tempo máis tarde adicoulle un fermoso libro de contos, A Galiña Azul.
Aquí pódese ler unha adaptación desta divertida historia que fixeron as nenas e nenos que cursaron terceiro durante o curso 2001-2002. Entre eles está Andrea, a irmá de Anxo, que puido ver unha proba do traballo da súa irmá.
Tamén se pode escoitar unha dramatización desta historia realizada polo grupo de teatro Avelaíña.
16 de febreiro de 2014
E.... QUE PODO FACER EU?
Patricia, a nai de Icía, presentounos ao señor Xe e levounos a coñecer as súas preocupacións no conto E que podo facer eu?. A través das súas páxinas descubrimos que non é bo estar sempre pensando en nós, que debemos botar unha ollada a quen nos rodea.
A historia fíxonos pensar. Se axudamos ás persoas que están preto de nós, estaremos facendo un esforzo por mellorar a súa vida. E seremos máis felices. Todos.
Hai moitas cousas que podemos facer, só é cuestión de intentalo. E cando menos, recibiremos un gran sorriso de agradecemento.
E ti ¿como poderías facer para axudar aos demais? Seguro que hai algunha cousa que che sae especialmente ben, ou que che resulta doado facer. Comparteo con todos. Fai clic enriba da portada do libro, e cumprimenta o formulario.
Publicado por
axanelaaberta
Etiquetas:
conto,
convivencia,
lectura,
paz,
Proxecto Vivir Xuntos,
valores
22 de xuño de 2013
ERNESTO BO DÍA: O PREMIO
Unha vez que rematamos a rodaxe da película, Ernesto e o resto dos personaxes partiron rumbo a Santiago, para intentar gañar o concurso de curtas de animación en galego Nós tamén creamos!
E o nóso Nestiño non nos defraudou: Despregou o seu
sorriso máis grande e rouboulle o corazón aos membros do xurado. Por eso
ven de acadar o premio dentro da categoría de 2º ciclo. E tívose que empregar a fondo. A proba de que a competencia foi moi dura é que o xurado otorgou o premio ex-aequo* entre a nosa curta e "Troco" do CEIP de Merza-Vila de Cruces.
![]() |
| Os protagonistas fotografáronse diante do cole antes de partir cara a Santiago |
Todo esto non tería sido posible sen a vosa ilusion, alegría, creatividade, esforzo, inxenio, paciencia, ............ e o voso traballo ¡moitas grazas a todas e a todos!
A película premiada
Entre os traballos presentados na categoría do 2º ciclo, o xurado acordou conceder unha mencion especial á película Ernesto Bo Día do Colexio de Educación Especial Vilagarcía de Arousa. Merecido recoñecemento ao esforzo destas nenas e nenos que rodaron unha curta divertida na que a historia é unha canción. Gustaravos.
13 de xuño de 2013
ADOPTAMOS LIBROS
Na biblioteca hai libros que están tristes. Son libros que levan tempo sen sair dos andeis: nadie os colle para levalos para casa, a pesares de que no seu interior gardan historias moi interesantes.
Ocorre que moitos xa son bastante velliños, outros teñen irmáns xemelgos.... e sempre adoitamos coller as novidades ou os libros co aspecto máis novo.
E a Biblioteca necesita espazo nas estanterías, polo que é preciso retirar os libros que non se len.Por eso acordaron realizar unha campaña de adopción, para darlle unha segunda oportunidade. Cada nena e neno acollerá un libro triste para que poidan ir ás casas ¡¡¡e van quedar alí para sempre!!!
E a Biblioteca necesita espazo nas estanterías, polo que é preciso retirar os libros que non se len.Por eso acordaron realizar unha campaña de adopción, para darlle unha segunda oportunidade. Cada nena e neno acollerá un libro triste para que poidan ir ás casas ¡¡¡e van quedar alí para sempre!!!
Aquí están as nenas e nenos de terceiro buscando entre todos os exemplares para atopar aquel que será o novo compañeiro para sempre.
23 de abril de 2013
27 de marzo de 2013
RECITANDO POEMAS
Despois de escribir os nósos poemas, recitámosllos ás compañeiras e compañeiros de cuarto. Eles tamén nos recitaron os seus. Foi un momento moi agradable, no que puidemos comprobar que somos quen de crear poemas fermosos e divertidos.
8 de marzo de 2013
VISITAS LITERARIAS
O próximo luns recibiremos a visita do debuxante, escritor, comiqueiro (autor de comic) e pintor Jacobo Fernández.
Contaranos cousas dos seus libros, dos comics, das ilustracións...........
Para ir coñecendo a súa obra, aquí temos un fragmento dun dos seus comics. Só tes que picar enriba da caricatura ¡¡Seguro que vos resulta moi divertido!!
¿Gustouche?¿Queres seguir lendo? Pregunta por Marcopola na biblio do cole.
¿Gustouche?¿Queres seguir lendo? Pregunta por Marcopola na biblio do cole.
11 de outubro de 2012
O COMIC: COÑECENDO A CHARLIE BROWN
Achegámonos ao mundo do comic a través de Carlitos e os seus amigos. Se abres este libriño poderás coñecer ás personaxes máis importantes.

Despois de ler poderás velos en acción nesta animación.
Para coñecer e aprender máis cousas sobre o comic hai que entrar na biblioteca:
COMEZAMOS CON COMICS ACTIVIDADES CON COMIC

Despois de ler poderás velos en acción nesta animación.
Para coñecer e aprender máis cousas sobre o comic hai que entrar na biblioteca:
COMEZAMOS CON COMICS ACTIVIDADES CON COMIC
26 de xullo de 2012
POEMAS QUE NOS GUSTAN
Tanto lles gustou que decidiron recitar os seus poemas preferidos.
Brais: O caracol
Brenda: O gato
Bruno: O sol
Cristian: A pita
Gabriel: A señora abella
Marta: A Oporto chegou un barco.....
Michael: O cabalo meu
Rubén: Cando vaias ao campo
Sara: O que máis me gusta
Brais: O caracol
Brenda: O gato
Bruno: O sol
Cristian: A pita
Gabriel: A señora abella
Marta: A Oporto chegou un barco.....
Michael: O cabalo meu
Rubén: Cando vaias ao campo
Sara: O que máis me gusta
21 de maio de 2012
LETRAS GALEGAS 2012: VALENTÍN PAZ ANDRADE
Lendo a vida de Valentín Paz Andrade soubemos da súa grande amistade con Castelao. Foron amigos cando os dous vivía en Galicia e continuaron sendo amigos cando Castelao tivo que fuxir ao estranxeiro. A morte do amigo sen poder regresar a Galicia inspiroulle o pema "Cando ti volvas...."
Poderemos lelo no blog da biblioteca, ou picando no título.
27 de abril de 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









