Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto LeirArte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto LeirArte. Amosar todas as publicacións

21 de xuño de 2018

VISITA VIRTUAL AO PAZO DE LIRA

Na excursión do proxecto iámos visitar o Pazo de Lira. Alí  contariamoslle todo o que aprendimos do pazo ao resto do cole.Fíxosenos tarde e non puidemos facer a visita.Quedamos decepcionados porque traballamos moito preparando a explicación.
Gravamos as explicacións,puxémoslle fotos e fixemos esta visita virtual.
Esperamos que vos guste.

Cristina Fernández e Gael Cambra, 4º

O PAZO DE LIRA-VisitaVirtual from a xanela aberta on Vimeo.

22 de maio de 2018

FOTOGRAFÍA: A ARTE QUE CAPTA INSTANTES

Fixemos fotografías para expoñer no corredor. Buscamos para fotografiar cousas fermosas e bonitas de ver. Unhas fixémolas na excursión e outras no patio.
  O seu motivo foi: Entrenar a arte da fotografía. Fixemos as fotografías nos sós cunha cámara de fotos que nos prestou o colexio. 
Parecéunos moi divertida.

(Todas as fotografías picando enriba da imaxe)
https://photos.app.goo.gl/KwesCkjHqADy4O8L2

Carlos Rama Garrido e Xabi Rodríguez Rodríguez, 4º de E. Primaria

20 de maio de 2018

FESTA DAS LETRAS 2018

Finalmente chegou o Día da Festa das Letras.
Con moita concentración e escoitando a música, demostramos que lle pegamos moi ben ao baile, aínda que se trate de ritmo de tango. E para proba, estas imaxes.


10 de maio de 2018

UN ESCULTOR NA ESCOLA

Gustounos a exposición de esculturas que hubo no cole . O escultor chámase Severiano Lago Palmero. 
As que máis nos gustaron foron o señor tumbado e o busto de madeira. O señor tumbado, porque tiña un cor verde oscuro moi bonito. Representa un señor que esta insatisfeito, que non atopa nada que o contente. 


 E o busto de madeira porque tiña un tono dourado que parecía de metal. Rrepresenta un neno que esta soñando cunha viaxe en barco. 


O que mais nos chamou a atención foi o señor sentado na silla.O máis raro foi que tiña unha pegatina na espalda.

Contounos que estaba traballando nunha escultura de granito que pesaba moito.

Na clase preparamos entre todos as preguntas para facerlle unha entrevista. Cando estivemos con el contestounos amablemente.  



Manuel Rodeiro Rodríguez - Borja Penabella Carballo 4º E. Primaria


Entrevista completa
 

5 de maio de 2018

SAÍDA DO PROXECTO: VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

O día 4 de maio realizamos unha saída a Pontevedra para visitar o Museo. A visita estaba dirixida as nenas e nenos de 3º e 4º de primaria.

Das primeiras cousas que nos enseñarón máis importantes son a evolución humana por medio de etapas:
Paleolítico,Neolítico,Idade dos Metais eIdade Antiga(Civilización Romana e Civilización Grega).
Enseñaronnos unha línea do tempo para que o entenderamos mellor .
Fomos por distintas salas. Cada sala trataba dun periodo histórico da vida dos humanos.
Fomos a unha sala onde habia obxectos de ouro, ademais todo tiña un valor de miles de euros.
Descubrimos que  os restos máis antigos de asentamentos humanos de Galicia atopáronso nas Neves, moi preto de nós. 
Nutra sala miramos un vídeo da construcción dos castros.
Nunha parte do museo,miramos un esqueleto dunha persoa maior e un rapaz de pouca idade.

Unha das cousas máis importantes que vimos foi:
As ferramentas de construcción das súas casas e as ferramentas decaza.(Estaban construidas con elementos naturais)
Ao rematar a vista ao museo,tomamos as nosas merendas na entra.Ao acabar as merendas volvemos de volta ao colexio.

Martín Pérez  e Lucía Rodrigues


21 de abril de 2018

SAÍDA DO PROXECTO: A NÓSA ARQUITECTURA

O 20 de Abril de 2018 as 10:00 fomos de excursión ao Castelo de Sobroso, á Fonte da Gándare e Palco de Mondariz, Castro de Troñae Ponte Medieval de Ponteareas. Fomos visitalos porque no primeiro trimestre estudámolos para logo decirselo aos demais o que aprendimos.  Iamos ir a Lira a ver o Pazo e o Palco pero non nos deu tempo.
Chamounos a atención os castros, que son casas redondas e as vistas dende o castelo de Sobroso.
Gustounos a mazmorra do castelo e moitas cousas máis.
 As pedras do castelo tiñan as firmas dos canteiros.
Faláronnos da Fonte da Gándara os de terceiro e do palco de Modariz os de sexto. Nos castros de Troña falaron os de quinto e na ponte mediaval falaron os de primeiro.
A auga da fonte de Gándara tiña gas e sabía mal.


XURXO RGUEZ RGUEZ E FINS PUGA VILABOA



13 de abril de 2018

A PINTURA: ALFONSO RODRÍGUEZ CASTELAO

Castelao é unha figura importante da cultura galega. Estudou a carreira de Medicina, pero é máis coñecido pola súa actividade como pintor, ilustrador e deuxante.

12 de febreiro de 2018

ESCULTURAS PARA A PAZ

Esplicamos as nósas esculturas que fixemos para celebrar o día da paz

TODOS SOMOS IMPORTANTES 
Carmen, Martin, Iker O, Iker L.
 Representa que todas as persoas son importantes, porque ninguen é mellor que outro.
Coidar da humanidade e que a xente se leve ben.
E tamén que hai que coidar do noso planeta.      
ARMONÍA
Carlos, Raúl, Borja, Xabi.
Representa: O amor, ao estar todas as persoas xuntas, a unión e a consideración.
As uñas representan os continentes: América- vermello, Europa- azul, Oceanía- verde, Asía- amarillo, África- negro.




A PAZ MUNDIAL

Xurxo,Cristina, Lucía e Fins.

Representa que la paz es para todo el mundo.
    
A FROITEIRA AMOROSA


 Gael,Manuel,Felix.                                                                                  
Representa a unha arbore que ,cando comes os séus froitos, volvémonos felices, bondadosos, amorosos.....  

15 de xaneiro de 2018

ARQUITECTURA: CONSTRUCIÓN DUNHA MAQUETA




Fixemos unha maqueta do Pazo de Lira,mirando por fotografías.


O primeiro que fixemos foron os planos.


              


 A maqueta esta feita de cartón e os tellados estan feitos de cartulina e tamen as ameas.
As portas,as ventas e os escudos   debuxámolos en papel e pegamolos no seu sitio.
 A torre e os corpos son prismas cuadrangulares.Os tellados dos corpos son prismas triangulares e o tellado da torre e unha piramide de base  cadrada.

 
 
A maqueta e grande costounos moito facela, e levounos máis tempo do que pensabamos .
Ao principio estaba un pouco vacía, ao final puxemoslle ``playmobil`` e quedou moi chulo. Esta idea collémola no museo de Pontevedra.
Cando a acabamos descubrimos e aprendemos moitas cousas dos pazos e a melloramos.

Carmen Rodríguez e Iker Otero - 4º E. Primaria

10 de xaneiro de 2018

ARQUITECTURA: OS PAZOS DE SALVATERRA DE MIÑO

FAcendo clic enriba da imaxe accédese ás fichas informativas realizadas polas nenas e os nenos de cuarto sobre os pazos que aínda existen en Salvaterra.


29 de novembro de 2017

O PAZO DE LIRA

O pazo de Lira está moi preto da escola. Nestes enlaces atoparán información para que  descubras cousas sobre el.

O Pazo de Lira

O Pazo de Lira-Wikipedia

Pazo de Lira-Patrimonio Galego



O PAZO: VOCABULARIO

MATERIAIS

PLANTA
ESCALEIRA

XANELAS
     parladoiro ou conversadoiro ↑ 
xanela con montante

SOPORTES DE BALCÓNS E SOLAINAS

CUBERTAS
          cuberta a dúas augas                                        cuberta a catro augas