Amosando publicacións coa etiqueta animais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animais. Amosar todas as publicacións

10 de febreiro de 2017

ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS

Uns videos para repasar o aprendidos sobre os animais





E agora a practicar con estes xogos

http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/tercer_curso/naturales_3/vertebrados_3/vertebrados_3.html


http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/tercer_curso/naturales_3/invertebrados_3/invertebrados_3.html

17 de novembro de 2015

LAIKA, A PRIMEIRA ASTRONAUTA

O 3 de Novembro de 1957 a unha cadela despegou nunha nave espacial. Chamábase Laika e converteuse no primeiro ser vivo  en saír ao espazo exterior.
Antes foi sometida a un adestramemto  durísimo que lle producíu un gran deterioro fisico. Laika morrería arredor das 6 horas despois do lanzamente, a causa da excesiva temperatura da cabina, producido por unha avaría no sistema de refrixeración, e polo pánico. 
O trato recibido por Laika durante o entreno e a viaxe hoxe estaría considerado como maltrato animal.  Anos máis tarde o propio responsable da misión, o científico Oleg Gazenko, expresou publicamente o seu arrepentimento por permitir a morte da cadeliña:
 "As probas con animais son unha fonte de sufrimento para todos nós. Tratámolos coma bebés que non poden falar. Canto máis tempo pasa, máis lamento o que ocorreu. Non debimos facelo... Non aprendimos o suficiente desta misión para xustificar a morte do can."

Nestes video poderás coñecer máis datos desta viaxe.


Neste video pódense ver videos reais da misión científica.

 
A música que se escoita de fondo nos dous videos é a canción "Laika" do grupo Mecano.
 
¿Queres saber máis? Fai clic enriba destes enlaces.

11 de setembro de 2015

DIFERENTES FORMAS DE COMUNICACIÓN

Hoxe as nenas e nenos de cuarto iniciaron o traballo cunha lectura na que se achegaban a formas de comunicación diferentes das habituais.
Unha delas, que os sorprendeu enormemente, é o Silbo Gomero. O silbo é unha forma de linguaxe na que as persoas comunícanse por medio de silbidos, que poden escoitarse a grandes distancias. Esta linguaxe, que é única no mundo, foi incluída na Lista representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.





Por medio de sons comunícanse os animais. Algúns dos mais fermosos cantos que se poden escoitar son os que utilizan as baleas para enviarse mensaxes. Para captalos é preciso utilizar aparatos especiais.



1 de decembro de 2014

CURIOSIDADES: AS RAIAS DAS CEBRAS

¿Para que lle serven as raias ás cebras?
Non lle serven para camuflarxe, como ocorre con outros animais: ¡As raias miranse dende ben lonxe!
Este curioso deseño ten dúas utilidades:
  • As moscas tse-tsé, que transmiten e propagan a enfermidade do sono, atacan con mais facilidade aos animais que teñen a pel dunha soa cor. ¡Grazas ás raias, as cebras reciben menos picaduras! 
  •  Cando as leoas atacan á unha cebra, a manda inicia a fuxida para evitar o perigo. Tantas raias en movemento distorsiona a visión das felinas e dificultan o seu ataque.
Compróbao visionando este vídeo.

17 de setembro de 2014

A TEA DE ARAÑA

A realización da dinámica "A tea de araña" despertou o noso interés por estes animais e a forma que teñen para tecer a súa tea.
Facendo clic no botón esquerdo pódese ver o proceso paso a paso. O botón dereito permite velo todo seguido.  
 

O video dispón de textos informativos que están en francés, aínda que se comprende perfectament o proceso. Para ver os textos traducidos, fai clic neste enlace.

10 de novembro de 2012

NO FONDO DO MAR DAS ILLAS CÍES

Investigadores do I.I.M. (Instituto de Investigacións Mariñas) grabaron nas augas das illas Cies un exemplar de morena (Muraena helena) de máis de metro e medio de longo que supera amplamente a medida habitual destes peixes (arredor dun metro).
Peixes que gostan de augas cálidas, adaptáronse á ría de Vigo, onde adoitan vivir en augas profundas. Dotadas duns dentes afiadísimos, aliméntanse doutros peixes. Morenas e congros son os principais depredadores do polbo.
 
 

Neste vídeo pódese realizar una visita ao fondo mariño das Cies e observar a súa fauna e flora.

8 de abril de 2012

CONFERENCIAS DA LAMPREA

Durante o segundo trimestre no colexio estivemos traballando sobre a lamprea. As nenas e os nenos de terceiro e cuarto tiveron que realizar un traballo sobre as característias, vida e costumes deste animal. Buscaron información, anotaron, debuxaron, redactaron, escribiron na wiki, e finalmente.......
TIVERON QUE CONTARLLE O QUE APRENDERAN A TÓDOLOS COMPAÑEIROS
¡¡Falar en público, que nervios!! Pero todo resultou moi ben e houbo un entretido ciclo de conferencias.
Aprenderon moito (as profes tamén) sobre este peixe que é habitual da zona e do que descoñecíamos moitas cousas.


Este é o vídeo da conferencia.


18 de marzo de 2012

A LAMPREA

Seguimos co traballo sobre a lamprea. Nestes dous enderezos podemos atopar máis información e algunhas curiosidades sobre este curioso peixe.