Ao longo do curso participamos no proxecto "Quen sementa, recolle" con diferentes actividades.
No enlace Traballos do Proxecto pódese acceder ao resumo de todo o que fixemos dende Outubro ata Xuño.
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto "Quen sementa recolle" b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto "Quen sementa recolle" b>. Amosar todas as publicacións
23 de xuño de 2017
19 de abril de 2017
A FUNDACIÓN SALES
O próximo martes, día 25 de Abril, visitaremos a Fundación Sales, un fermoso xardín en Vigo.
Aquí poderemos pasear polos diferenes recunchos nos que atoparemos estanques, animais e plantas autóctonas e doutros países: rosas, camelias, fentos, eucaliptos, fentos, bambús, eucaliptos, sequoias e Victoria, un nenúfar xigante, que é a estrela da fundación.
Ao clicar sobre o plano accédese a un plano interactivo da finca, no que se poden descubrir as distintas zonas e dependencias do xardín. Nesa páxina tamén podemos atopar información que nos resultará moi interesante para a visita.
14 de marzo de 2017
NORMAS PARA USAR A HORTA
Despois de preparar a terra da horta transplantamos as plantas do sementeiro. Démonos conta que hai que andar con moito coidado para non estropear as leiras dos outros cursos. Ao chegar a clase elaboramos unhas normas pra usar a horta. Cada equipo realizou o traballo usando "O Folio Xiratorio". Logo xuntamos todas as propostas e seleccionamos as máis adecuadas para confeccionar o documento.
Neste enlace pódese acceder aos folios xiratorios dos equipos.
7 de marzo de 2017
COUSAS SOBRE AS ABELLAS
Para saber máis cousas das abellas atoparás información nestes enlaces
Publicado por
axanelaaberta
Etiquetas:
animais,
ciencia,
información,
Proxecto "Quen sementa recolle"
27 de febreiro de 2017
DISFRACES 2017: INSECTOS BENEFICIOSOS PARA A HORTA
Este ano o noso disfraz de entroido está relacionado co proxecto "Quen sementa, recolle". As nenas e e nenos de terceiro e cuarto imos de bolboretas, abellas e xoaniñas. Escolléronse estes insectos porque son beneficiosos para a horta pois axudan na polinización das plantas e manteñen o pulgó a raia.
Traballamos durante a semana na confección dos traxes, aplicando coñecementos de matemáticas, linguas e ciencias: medimos, usamos figuras xeométricas e a simetría, buscamos información na internet sobre os insectos, aprendimos os seus nomes científicos, a que grupo pertencen........
Traballamos moito, aprendimos moitas cousas, fixemos uns disfraces moi chulos e.......
¡¡¡PASÁMOLO MOI BEN!!!
24 de decembro de 2016
FESTIVAL DE NADAL: A HORTA DE BALBINA
Participamos no Festival de Nadal co tema "A horta de Balbina", que nos veu ao pelo para o Proxecto "Quen sementa, recolle". Esforzámonos en facelo o mellor posible e aínda que non se nos escoita moito, estamos aí.
18 de decembro de 2016
9 de decembro de 2016
COMO TRABALLAMOS NAS NÓSAS HORTAS?
Investigamos para contarlle ás compañeiras e compañeiros como facemos na nosa casa para traballar a horta, que produtos plantamos e cultivamos, as ferramentas que utilizamos..... e moitas máis cousas.
Publicado por
axanelaaberta
Etiquetas:
composición,
escritura,
investigación,
Proxecto "Quen sementa recolle"
16 de novembro de 2016
EXPERIMENTANDO: AS PLANTAS NECESITAN AUGA E LUZ
Imos comprobar que aire e luz son imprescindibles para as plantas a través dunha experiencia práctica.
Necesitaremos
1- A primeira planta introdúcese dentro da caixa de cartón e tápase, deixando que entre o aire pero non a luz.
2- A segunda planta métese dentro da bolsa e péchase.
3- A terceira planta utilízase para comparar a evolución das outras dúas.
4- Revisar cada dous ou tres días e anotar as observacións nunha ficha.
Necesitaremos
- 3 plantas en macaetas | - bolsas con peche de cremalleira ou zip |
- caixa de cartón | - ficha para anotar observacións |
1- A primeira planta introdúcese dentro da caixa de cartón e tápase, deixando que entre o aire pero non a luz.
2- A segunda planta métese dentro da bolsa e péchase.
3- A terceira planta utilízase para comparar a evolución das outras dúas.
4- Revisar cada dous ou tres días e anotar as observacións nunha ficha.
| |
![]() | |
Publicado por
axanelaaberta
Etiquetas:
experimento,
investigación,
plantas,
Proxecto "Quen sementa recolle"
10 de outubro de 2016
CO NOVO CURSO COMEZA UN NOVO PROXECTO
Polo de agora ímonos encargar de conseguir sementes de distintos froitos que xa trouxemos. Agora temos que aplicar diferentes métodos para a extracción, selección, clasificación en envasado.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)