Amosando publicacións coa etiqueta profesións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta profesións. Amosar todas as publicacións

22 de marzo de 2014

ENTREVISTAMOS Á CARTEIRA

E seguimos coas visitas. O pasado martes veu á nosa clase Mari Luz, a carteira que trae as cartas ao colexio. Invitámola para facerlle unha entrevista  para a emisora escolar. 
Durante o tempo que estivo con nós respondeu ás preguntas que lle fixemos e contounos moitas cousas sobre o seu traballo: como chegou a ser carteira, como son os uniformes que usa, en que parroquias reparte o correo, cantas cartas reparte nun día........ Poderemos escoitalo todo no programa de radio da próxima semana.
Resultou unha experiencia moi interesante. 


 
Despois da entrevista mantivemos con ela unha agradable conversa, na que continuou aportándonos máis información do seu oficio.
 



Antes de marchar fotografouse con nós para deixar constancia do momento.


Agradecémoslle  a súa amabilidade e o tempo que nos dedicou.

7 de outubro de 2013

AS MÁQUINAS AXÚDANNOS A TRABALLAR

Andamos a aprender sobre as ferramentas e as máquinas que se empregan en cada traballo. Chamounos a atención a cantidade de máquinas que se empregan na elaboración de produtos. Nestes vídeos podemos observar algunhas.


   
En Vigo tamén se fabrican coches.

20 de abril de 2013

ACHEGÁMONOS Á OLERÍA


Durante  o terceiro trimestre participaremos na realización dun proxecto documental sobre a olería.
A través destre traballo preténdese que cheguemos a coñecer un pouco máis sobre o traballo do barro, unha das actividades máis antigas da humanidade.
 
Teremos que averiguar as zonas de Galicia onde aínda se traballa o barro, e a influencia da olería na toponímia de vilas, pobos e lugares.
Para acceder á bibliografía útil, fai clic enriba do cacharro.