Amosando publicacións coa etiqueta convivencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta convivencia. Amosar todas as publicacións

27 de xaneiro de 2015

TRABALLANDO SOBRE A PAZ: OBXECTIVOS PARA O MILENIO

Co resto dos compañeiros do cole realizamos un traballo sobre os obxectivos que se ten proposto a ONU ao longo do milenio para mellorar a vida das persoas máis pobres do mundo.
Á nosa aula correspondeulle o obxectivo 7: "Garantir a sostenibilidade do medio ambiente". Para acceder á información facer clic enriba da imaxe.

http://www.un.org/es/millenniumgoals/environ.shtml
 

CANCIÓNS PARA CANTAR Á PAZ

Dende hai xa varios días escoitanse polos corredores cancións que nos lembran que se achega o día escolar da non violencia e da paz. As súas letras falan de amor, de solidariedade, convivencia...... para conseguir un mundo a
mellor.
A través destes videos poderás comprender mellor as mensaxes e tamén cantalas. 






13 de xuño de 2014

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Despois de todo un ano traballando e aprendendo, hoxe puidemos disfrutar dunha xornada de diversión e descanso e convivencia fora das aulas.
Saímos do cole ás 9:30, cun día de sol e ceo moi azul. A primeira parada foi na Ramallosa, para pasar un rato divertido no parque "Indiana Bill". Logo subimos ata a área de Recreo de Chan da Lagoa. Alí, sobre a herba e á sombra dos carballos demos conta do almorzo. ¡Non qudaron nin as migas!
Pola tarde baixamos ata Baiona. Remollamos os pés na praia de A Ribeira, que facía moita calor. ¡Houbo quen se remollou de arriba abaixo! ¡Que fresquiños quedamos! 
A continuación camiñamos ata as instalacións do porto, onde visitamos a reprodución da carabela A Pinta. A Pinta foi a primeira nave, das tres que realizaron a primeira viaxe de Colón, que tocou porto e trouxo a noticia do descubrimento de novas terras ao outro lado do Océano Atlántico (o 1 de Marzo de 1.493).
Regresamos ao cole cansados, despois de troular todo o día, pero felices e contentos.
Para ter máis información sobre a carabela "A Pinta" e Cristobal Colón, picar enriba da imaxe.

http://www.baiona.org/web/turismo/cultura/museo-da-carabela-pinta

Para ver as fotos da viaxe, fai clic enriba da cámara.

https://picasaweb.google.com/102016539315034979789/20140613ViaxeFindeCurso?authuser=0&authkey=Gv1sRgCPOi16Gs4_alugE&feat=directlink

4 de xuño de 2014

APRENDIZAXE COOPERATIVA: A SILUETA, FALANDO DE NÓS

Hoxe tocou escribir sobre as compañeiras e compañeiros.  Tiñamos que ser capaces de escribir cousas agradables e positivas sobre as siluetas de cada un. Logo tivemos que decorar a silueta da compañeira ou compañeiro que nos tocou. Esmerámonos moito para que o traballo quedase ben curioso. Este foi o resultado.


http://issuu.com/axanelaaberta/docs/asilueta

30 de maio de 2014

VIVIMOS AQUÍ

Desta volta, como tarefa de "Vivir Xuntos", todo o cole tivo que elaborar fichas informativas sobre o lugar onde vivimos e sobre os sitios do concello que nos resultas especiais. 
Facendo clic enriba da imaxe do concello de Salvaterra de Miño, poderás ver as que nós fixemos.
http://issuu.com/axanelaaberta/docs/lugares2__ciclo/1

21 de febreiro de 2014

CANCIÓN PARA O ENTROIDO

Xa se está aquí o Entroido, que é tempo de festa, risas e diversión. No segundo ciclo creamos unha canción, que imos cantar e bailar con todo o noso entusiasmo.
A profe Leti axudounos coa música, e nós puxémoslle unha letra inspirada no noso disfrace.


A CANCIÓN DOS SERVIZOS DE MANTEMENTO

Chegan os traballadores,
os que coidan do teu pobo,
pra que todo estea en orden
e alegrar a vida a todos

Xardineiros, varrendeiros,
pintores e fontaneiros,
albaneis, electricistas,
a ver quen chega primeiro.

Se nos axudas é máis facil traballar,
limpar, varrer, recoller e acender,
plantar, regar, colocar e arranxar,
e así vivir xuntos aquí será un pracer.


¿A que quedou ben chula? Aquí está a música, para practicar ata fartar.




melodía:"Llegó el cartero" de Carlitos Bala

16 de febreiro de 2014

E.... QUE PODO FACER EU?

Patricia, a nai de Icía, presentounos ao señor Xe e levounos a coñecer as súas preocupacións no conto E que podo facer eu?. A través das súas páxinas descubrimos que non é bo estar sempre pensando en nós, que debemos botar unha ollada a quen nos rodea. 
A historia fíxonos pensar. Se axudamos ás persoas que están preto de nós, estaremos facendo un esforzo por mellorar a súa vida. E seremos máis felices. Todos.
Hai moitas cousas que podemos facer, só é cuestión de intentalo. E cando menos, recibiremos un gran sorriso de agradecemento.
 
E ti ¿como poderías facer para axudar aos demais? Seguro que hai algunha cousa que che sae especialmente ben, ou que che resulta doado facer. Comparteo con todos. Fai clic enriba da portada do libro, e cumprimenta o formulario. 

https://docs.google.com/forms/d/1Q-wTcfXDjGceUXivVLk6GVJKM87RF-eCOrSBwr1jLI0/viewform

6 de febreiro de 2014

A CORRESPONDENCIA: O SOBRE

Unha vez que xa rematamos a carta só nos queda enviala. Para eso necesitamos un SOBRE.
O sobre é o envoltorio que protexe a carta e impide  que se poida ler o seu contido. Na parte exterior do sobre poñemos os datos que farán que a carta chegue ao seu destino. 
¡Para que chegue onde ten que chegar é importantísimo poñer os datos correctamente, ben clariños e no lugar axeitado!


Introducimos a carta no sobre, botámola no buzón e ........ ¡COMEZA A SÚA VIAXE!


3 de febreiro de 2014

DÍA DA PAZ: CARTAS AMIGAS

E chegou o gran día! Cada un de nós recibíu un sobre. No seu interior, fermosas  palabras de amizada e amor, de paz.
Foi moi emocionante recibir estas cartas, e saber quen nos escribíu. Tamén nos gustou saber a quen lle chegaron as que nós escribiramos.

29 de xaneiro de 2014

CARTAS E MÚSICA PARA A PAZ

Achégase a celebración do Día da  Paz, e desta volta decidimos enviar cartas de amizade ás nosas compañeiras e compañeiros. Durante toda a semana estivemos traballando para redactar unha mensaxe cargada de bos desexos. Primeiro escribimos un borrador. Despois pasámolo a limpo nun bonito papel de carta, esmerándonos moito coa letra. Logo confeccionamos o noso sobre, introducimos a carta dentro e botámola no buzón. 
Aínda que descoñecemos quen vai ser o destinatario  da nosa misiva, preparámola con moito cariño e ilusión.


¡¡¡Agardamos impacientes a apertura do buzón 
para ver quen non escribe!!!

Mentres chega o momento, cantamos unha canción sobre os soños, soños grandes, soños pequenos, soños cheos de amor e de paz.........



Lembra que os soños se cumplen se o desexamos con toda a nosa forza, e que.....
"......Soñar é o mellor que este planeta coñeceu"

18 de decembro de 2013

É IMPORTANTE TER BOAS AMIGAS E AMIGOS

Falamos sobre a amizade, debatemos e acordamos cales son as vantaxe de ter un bo amigo ou unha boa amiga. 



AXÚDANNOS A FACER AS COUSAS
COMPARTEN CON NÓS
CANDO ESTAMOS TRISTES OU ABURRIDOS FANNOS FELICES
ESTÁN SEMRE CON NÓS
XOGAN  CON NÓS
APRÉNDENCHE MOITAS COUSAS
 SEMPRE ESTÁN AÍ CANDO OS NECESITAS
 DANCHE CARIÑO
FANTE RIR
FANTE FELIZ
 

Escribimos os acordos nos nosos cadernos para telos sempre presentes. Laura sorprendeunos elaborando na súa casa un cartel para poñelo na clase e que non se nos esqueza que as amigas e os amigos son moi importantes.

29 de novembro de 2013

O MEU OBXECTO PREFERIDO

Un dos capítulos das biografías, que nenas e nenos están escribindo, titúlase "O meu obxecto preferido". A través da aplicación da dinámica de grupo"a maleta" cada alumno escolleu e redactou un texto sobre ese obxecto que ten algo especial que o convirte en elemento importante das súas historias. Neste caso, son todos bonecos que están  presentes na súa vida dende hai tempo.
Posteriormente leron o texto ao resto dos compañeiros, presentáronllos e compartiron con eles as razóns da súa elección.
Esta actividade contribuiu a que se coñeceran máis uns aos outros e mellorou a convivencia e a relación entre eles.

http://issuu.com/axanelaaberta/docs/amaleta-obxectos_preferidos?e=11162076/8667912

9 de novembro de 2013

LA VAL D´ARÁN

Esta temporada andamos  a escribir as nosas biografías. Pouco a pouco os nosos recordos van conformando a historia da nosa vida, que imos relatando ás compañeiras e compañeiros.
Laura contounos que de pequena vivía en Vielha, no Val d´Arán. Aos tres anos empezou a ir á escola alí. Tiña moitas amigos e aínda se lembra deles. Alí aprendeu a falar unha nova lingua: o aranés. Tamén coñeceu a neve, ¡que sorte! Puidemos  ver moitas fotos de cando vivía alí.
Logo volveu para Meder e esqueceu case tódalas palabras que xa sabía, aínda que aquela terra quedou gravada na súa memoria.
Grazas a este traballo Laura descubriunos unha época que lembra con moita felicidade e, coa axuda dos seus pais, puido recordar aquela lingua, tan fermosa como a nosa. Achegounos unha folla chea de palabras en aranés e explicounos o seu significado en galego. Gustounos moito coñecer esta parte da súa vida.
Aquí temos a Laura coa súa profe e os seus compis.


Para que lembre aquela lingua, unha canción tradicional aranesa, "Montanhes Araneses", que é o himno oficial de La Val d´Arán.
 

(Para ler a letra, fai clic aquí)

E algunhas imaxes máis para que non esqueza aquela fermosa terra onde viviron ela e os seus pais.