Amosando publicacións coa etiqueta produción. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta produción. Amosar todas as publicacións

7 de decembro de 2015

SE FORA INVISIBLE.......

Se  fora   invisible  o  que   faria  sería  plantar  máis  árbores .Tamén   axudaría  ás   persoas   e   tamen    axudaria   na  casa   sen  que  nadie  se  enterara   para  que  a  miña    Nai   non   tivera   que   facer tantas   cousas. E    tamen   axudaria   ao   meu   Pai   para   que  cando  volveran   do   traballo poidera   descansar  o  resto do   dia.
Angel González Bouza                                                                                                                              

Se fara invisible gustariame ir ao cine  gratis comer  pizza gratis e xogar no campo de futbol.
Coller xeados gratis  ir gratis en avion correr na blibioteca publica tomar capuchinos gratis, saltarme ao colexio, xogar ao tirapichon gratis.
 Alexandre Piñeiro Brandon.
 
Se fose invisible gustariame ir ao colexio a molestar un pouco aos meu compañeiros, xogar por aí correr por donde me apeteza, ir a calquera lugar sen que nadie me vexa .  
Lucy Martinez Valiño

Dar voltas por os distintos sitios.Arrepentindome de ser invisible e intentando  entreterme  co que sexa. Tamen chorando e mirando como xogan ese diverten os demais nenos e nenas.  
Ainoa Cambra Costas

Se fora invisible iríame  de casa e volveria, non viría máis á escola, dormiria mais, para que non me boten a bronca, e tampouco que me zurren, por non traballar.E comeria pizza e o que quisexe.
Javier Lorenzo Álvarez

Gustariame  ser    invisible   cando   os meus  pais   me  levan    ao   dentista  para  escaparme, e  que  non   me  boten   liquido  agrío  na  boca  para  enpastarme   as  moas .
Lorena   Castro  Álvarez  

Gustaríame ser invisible cando estou xogando ao escondite cos meus amigos e co meu  irman ,cando me mandan facer a cama, apañar espigas, patacas, coidar  do meu  irman,  non  ir  ao  cole.  Cando estou  na  praia  e  non  me  deixan  meterme na piscina,  cando  vamos a  casa  dun  amigo e  non  me deixan  durmir ali.
Me  gustaria  ser  invisible  cando  me boten   a  bronca  para  escaparme.
-comer  pasteis  sin  pagar
-tirarme  por  tirolinas
-escaparme  con  a  bicicleta
-pegarlle  un   susto.
Verónica Paz Veiga

Se fose ivisible querería meter sustos a xente mala que me molesta sempre.Coller balóns de futbol sen que nadie me mirase, porque si non me empezarian a reñir.Que nadie me molestara cando vexo a televisión, porque se non me estarian molestando todo o día.E non ir ao colexio,cando tocan asignaturas que non me gustan.
M.Ángel Armadáns Rodríguez

14 de maio de 2015

NOTICIEIRO CULTURAL: FILGUEIRA VALVERDE

As nenas e os nenos de terceiro fixeron un programa informativo para coñecer a Filgueira Valverde e compartírono co resto do cole.

13 de abril de 2015

COCIÑANDO PARA O COLE: BATIDO DE MAZÁ E MANDARINA

Dentro da actividade "Cociñando para o cole" as nenas e nenos de  terceiro e cuarto xuntáronse para elaborar entre todos  un saboroso batido de mazá e mandarina, que logo repartiron entre todas as nenas e nenos dos demais cursos. Facelo resultou moi doado, e estaba moi riquísimo. 




Por se alguén se anima a repetilo máis adiante se publicará a receita.

Nesta presentación poden observarse os distintos pasos do proceso.

30 de maio de 2014

VIVIMOS AQUÍ

Desta volta, como tarefa de "Vivir Xuntos", todo o cole tivo que elaborar fichas informativas sobre o lugar onde vivimos e sobre os sitios do concello que nos resultas especiais. 
Facendo clic enriba da imaxe do concello de Salvaterra de Miño, poderás ver as que nós fixemos.
http://issuu.com/axanelaaberta/docs/lugares2__ciclo/1

8 de decembro de 2013

AGORA CONTAMOS NÓS: ¿QUEN ME QUERE ADOPTAR?

Aurora, a mamá de Mara, veu ao cole para ler o libro "Quen me quere adoptar", que conta a historia de Manuel, un mestre xubilado que vive co seu gato e rodeado de libros. 
Ás nenas e nenos de segundo ciclo gustoulle tanto que se animaron a contala  de novo diante da cámara. Esperamos que vos guste.


22 de xuño de 2013

ERNESTO BO DÍA: O PREMIO

Unha vez que rematamos a rodaxe da película, Ernesto e o resto dos personaxes partiron rumbo a Santiago, para intentar gañar o concurso  de curtas de animación en galego  Nós tamén creamos!
E o nóso Nestiño non nos defraudou: Despregou o seu sorriso máis grande e rouboulle o corazón aos membros do xurado. Por eso ven de acadar o premio dentro da categoría de 2º ciclo. E tívose que empregar a fondo. A proba de que a competencia foi moi dura é que o xurado otorgou o premio ex-aequo* entre a nosa curta e "Troco" do CEIP de Merza-Vila de Cruces

Os protagonistas fotografáronse diante do cole antes de partir cara a Santiago
 Todo esto non tería sido posible sen a vosa ilusion, alegría, creatividade, esforzo, inxenio, paciencia, ............ e o voso traballo ¡moitas grazas a todas e a todos!

 A película premiada


  

Entre os traballos presentados na categoría do 2º ciclo, o xurado acordou conceder unha mencion especial á película Ernesto Bo Día do Colexio de Educación Especial Vilagarcía de Arousa. Merecido recoñecemento ao esforzo destas nenas e nenos que rodaron unha curta divertida na que a historia é unha canción. Gustaravos.

4 de xuño de 2013

ERNESTO BO DÍA: A PELÍCULA

Despois dunha longa espera (non foi para tanto, pero nós estabamos tan impacientes que nos pareceu unha eternidade) por fin podemos amosar a nosa película ao mundo. A organización do concurso  Nós tamén creamos! pediunos que non os publicaramos ata que estiveran na páxina da Televisión de Galicia.
E aquí está Ernesto, Henriqueta e o resto dos personaxes facéndonos partícipes da primeira visita do noivo a casa da familia da noiva e do seu accidentado paseo, cheo de fenómenos meteorolóxicos imprevistos.
¡¡Esperamos que esta curta de animación vos guste tanto como nos gustou a nós facela!!




¿Queredes ver como fixemos a película? Facede click aquí

28 de maio de 2013

ERNESTO BO DÍA: COMO FIXEMOS A PELÍCULA

Unha montaxe para lembrar o proceso que seguimos  para rodar "Ernesto bo día" e disfrutar mentres agardamos a que  se poida publicar a nosa película. 
O traballo realizado foi bastante duro, pero ao final conseguimos rematalo. Lemos, debatemos, escribimos, pensamos, decoramos....... Descubrimos que o cine ten maxia e non é tan doado como nos parecía: Require moitísima planificación, orden, imaxinación, creatividade, e organizar e preparar todo o material necesario antes de rodar cada escena.


...... pero despois desta experiencia o veleno da sétima arte xa corre polas nosas veas. Seguro que repetiremos moi pronto.

19 de abril de 2013

FACER UNHA CURTA DE ANIMACIÓN

Acabamos de coñecer a Ernesto Boa Cara e xa nos roubou o corazón coa súa historia chea de optimismo. 
Agora andamos enleados coa tarefa do converter este conto nunha película de animación. Preparamos o guión, creamos as personaxes, e xa gravamos os diálogos. Aínda queda moita tarefa, pero a cousa promete. Polo de pronto estamos aprendendo moitas cousas de xeito divertido. Só tedes que vernos.
 


 Para axudarnos e facilitarnos o traballo, a biblio proporcionounos información sobre o proceso de creación de películas. Fai clic sobre a claqueta para acceder.

27 de marzo de 2013

RECITANDO POEMAS

Despois de escribir os nósos poemas, recitámosllos ás compañeiras e compañeiros de cuarto. Eles tamén nos recitaron os seus. Foi un momento moi agradable, no que puidemos comprobar que somos quen de crear poemas fermosos e divertidos.

23 de marzo de 2013

FACENDO POEMAS

Durante todo o trimestre andivemos a xogar coa poesía. Limos poemas, imitamos a Rosalía, buscamos palabras que tiveran rima, fixemos pareados...... 
Ao final fomos quen de crear os noso propios poemas. Algúns deles quedaron recollidos nun libriño, para que todo o mundo poida disfrutar coa súa lectura. ¡¡Que orgullosos estamos das nosas creacións!!


10 de xaneiro de 2013

OS NÓSOS COMICS

Durante o primeiro trimestre aprendimos moitas cousas sobre o comic e a súa creación. Tamén coñecimos algúns personaxes moi divertidos. 
Ao final atrevímonos a convertirnos en autores de historietas. Este foi o resultado.

11 de outubro de 2012

O COMIC: COÑECENDO A CHARLIE BROWN

Achegámonos ao mundo do comic a través de Carlitos e os seus amigos. Se abres este libriño poderás coñecer ás personaxes máis importantes.













Despois de ler poderás velos en acción nesta animación.



Para coñecer e aprender máis cousas sobre o comic hai que entrar na biblioteca:

COMEZAMOS CON COMICS                           ACTIVIDADES CON COMIC

13 de marzo de 2012

PERCEPCIÓNS DIFERENTES

Coas mesmas pezas, realizáronse imaxes totalmente diferentes: Nove visións diferentes. Cada quen imaxina as cousas como lle peta.