Amosando publicacións coa etiqueta documentais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta documentais. Amosar todas as publicacións

16 de setembro de 2015

A ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL (ISS)

Premendo nesta imaxe poderás ver videos para coñecer a Estación Espacial Internacional.

http://documentateprimaria.blogspot.com.es/2014/09/a-estacion-espacial-internacional.html

11 de setembro de 2015

DIFERENTES FORMAS DE COMUNICACIÓN

Hoxe as nenas e nenos de cuarto iniciaron o traballo cunha lectura na que se achegaban a formas de comunicación diferentes das habituais.
Unha delas, que os sorprendeu enormemente, é o Silbo Gomero. O silbo é unha forma de linguaxe na que as persoas comunícanse por medio de silbidos, que poden escoitarse a grandes distancias. Esta linguaxe, que é única no mundo, foi incluída na Lista representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.





Por medio de sons comunícanse os animais. Algúns dos mais fermosos cantos que se poden escoitar son os que utilizan as baleas para enviarse mensaxes. Para captalos é preciso utilizar aparatos especiais.



1 de decembro de 2014

CURIOSIDADES: AS RAIAS DAS CEBRAS

¿Para que lle serven as raias ás cebras?
Non lle serven para camuflarxe, como ocorre con outros animais: ¡As raias miranse dende ben lonxe!
Este curioso deseño ten dúas utilidades:
  • As moscas tse-tsé, que transmiten e propagan a enfermidade do sono, atacan con mais facilidade aos animais que teñen a pel dunha soa cor. ¡Grazas ás raias, as cebras reciben menos picaduras! 
  •  Cando as leoas atacan á unha cebra, a manda inicia a fuxida para evitar o perigo. Tantas raias en movemento distorsiona a visión das felinas e dificultan o seu ataque.
Compróbao visionando este vídeo.

26 de novembro de 2014

OS SENTIDOS: OÍDO E VISTA ¿QUE SON?¿COMO FUNCIONAN?

Estamos a estudar a Función de Relación, na que os órganos dos sentidos desenvolven a tarefa de captar todo o que nos rodea. Resultará interesante botarlle un vistazo a estes vídeos, para entender o funcionamento do sentido do oído e do sentido da vista.






1 de decembro de 2012

O APARATO LOCOMOTOR

Continuando coa Función de Relación, a información captada polos órganos dos sentidos chega ao cerebro, que é o que decide como reaccionar.
As máis das veces a reacción é en forma de movementos realizados polo aparato locomotor.
Con estes vídeos  entenderedes mellor o seu funcionamento.



¿Pódese reparar o esqueleto?

10 de novembro de 2012

NO FONDO DO MAR DAS ILLAS CÍES

Investigadores do I.I.M. (Instituto de Investigacións Mariñas) grabaron nas augas das illas Cies un exemplar de morena (Muraena helena) de máis de metro e medio de longo que supera amplamente a medida habitual destes peixes (arredor dun metro).
Peixes que gostan de augas cálidas, adaptáronse á ría de Vigo, onde adoitan vivir en augas profundas. Dotadas duns dentes afiadísimos, aliméntanse doutros peixes. Morenas e congros son os principais depredadores do polbo.
 
 

Neste vídeo pódese realizar una visita ao fondo mariño das Cies e observar a súa fauna e flora.