Amosando publicacións coa etiqueta ciencia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciencia b>. Amosar todas as publicacións
30 de agosto de 2018
19 de xuño de 2018
7 de marzo de 2017
COUSAS SOBRE AS ABELLAS
Para saber máis cousas das abellas atoparás información nestes enlaces
Publicado por
axanelaaberta
Etiquetas:
animais,
ciencia,
información,
Proxecto "Quen sementa recolle"
29 de abril de 2016
CIENCIA NO COLE
Hoxe visitounos Laura, unha investigadora do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) que traballa no Instituto de Investigacións Mariñas en Vigo.
Veu a explicarnos que a Ciencia está presenta nas nosas vidas de xeito cotiá, aínda que non nos demos de conta. E para comprobalo fixemos a extracción do ADN das células dun plátano, usando materiais que todos temos na casa.
Contounos en que consiste o seu traballo e que para os seus experimentos e investigacións utiliza uns peixes pequenos que se chaman "peixes cebra". É díxonos que estaba moi contenta de vir ao CEIP de Leirado porque este foi o cole onde estudou toda a primaria ¡Igualiño que nós!
Escoitamos atentamente o que nos dixo. Logo puxémonos máns ao traballo, seguindo as instrucións con precisión para conseguir que o experimento rematara con éxito. Houbo que armarse de paciencia pero ¡conseguímolo!
Gustounos moito e pasámolo moi ben. Isto da ciencia non é tan serio como parece. Seguro que repetiremos.
Con
esta experiencia aprendimos que a Ciencia non é cousa de persoas raras; as
científicas e os científicos son persoas normais coma todos. Só é preciso estudar moito, ter curiosidade, paciencia e ser perseverantes.
Moitas grazas, Laura, pola túa atención e o rato tan agradable que pasamos xuntos.
Máis información premendo na imaxe.
16 de setembro de 2015
19 de marzo de 2015
COMO VER OA ECLIPSE DO DÍA 20 DE MARZO
Para ver unha eclipse hai que ter moito coidado, xa que os raios do sol son prexudiciais para os nosos ollos. Non se debe observar directamente o sol, xa que se poden producir lesións na córnea ou queimaduras na retina. Hai que utilizar gafas de eclipse ou telescopios con filtros que eliminan as radiacións solares prexudiciais.
Unha forma segura para observala na casa e ver a súa imaxe proxectada sobre unha superficie na sombra. Para isto hai que seguir estes pasos:
1.- Coller unha folla de papel e debuxar no centro unha circunferencia de 1 centímetro de diámetro (a ver, a ver.... repasando as mates, que xa vimos o que era o diámetro).
2.- Recortar a circunferencia co moito coidado.
3.- Colocar a folla no camiño do raio do sol.
4.- Observar a imaxe que se vai proxectando sobre a parede, o chan, unha pantalla.......
¿QUE É UNHA ECLIPSE?
Unha eclipse é un fenómeno astronómico que se produce cando a lúa se interpón entre o sol e a terra, ou tamén cando a terra se interpón entre o sol e a lúa.
11 de marzo de 2015
17 de novembro de 2014
O MICROSCOPIO: UNHA APROXIMACIÓN Á CIENCIA
As nenas e os nenos de terceiro descubriron o microscopio, esa ferramenta que permite ver cousas moi, moi pequenas. Observaron as células dunha pel de cebola e do petalo dunha flor e descubriron que alí dentro, ben agochadiña estaba a xeometría: rectas, rectas paralelas e perpendiculares, esferas, hexágonos........ ¡¡¡Alí tamén había matemáticas!!!
Logo, como autenticos científicos, realizaron fichas nas que anotaron as súas impresións e debuxaron o que viron a través do obxectivo.
Logo, como autenticos científicos, realizaron fichas nas que anotaron as súas impresións e debuxaron o que viron a través do obxectivo.
Esto foi o que viron
Publicado por
axanelaaberta
Etiquetas:
actividades,
ciencia,
investigación,
matemáticas,
medio,
Proxecto MatematicaMente,
xeometría
17 de setembro de 2014
A TEA DE ARAÑA
A realización da dinámica "A tea de araña" despertou o noso interés por estes animais e a forma que teñen para tecer a súa tea.
Facendo clic no botón esquerdo pódese ver o proceso paso a paso. O botón dereito permite velo todo seguido.
O video dispón de textos informativos que están en francés, aínda que se comprende perfectament o proceso. Para ver os textos traducidos, fai clic neste enlace.
1 de decembro de 2012
O APARATO LOCOMOTOR
Continuando coa Función de Relación, a información captada polos órganos dos sentidos chega ao cerebro, que é o que decide como reaccionar.
As máis das veces a reacción é en forma de movementos realizados polo aparato locomotor.
Con estes vídeos entenderedes mellor o seu funcionamento.
¿Pódese reparar o esqueleto?
As máis das veces a reacción é en forma de movementos realizados polo aparato locomotor.
Con estes vídeos entenderedes mellor o seu funcionamento.
¿Pódese reparar o esqueleto?
8 de abril de 2012
CONFERENCIAS DA LAMPREA
Durante o segundo trimestre no colexio estivemos traballando sobre a lamprea. As nenas e os nenos de terceiro e cuarto tiveron que realizar un traballo sobre as característias, vida e costumes deste animal. Buscaron información, anotaron, debuxaron, redactaron, escribiron na wiki, e finalmente.......
TIVERON QUE CONTARLLE O QUE APRENDERAN A TÓDOLOS COMPAÑEIROS
¡¡Falar en público, que nervios!! Pero todo resultou moi ben e houbo un entretido ciclo de conferencias.
Aprenderon moito (as profes tamén) sobre este peixe que é habitual da zona e do que descoñecíamos moitas cousas.
Este é o vídeo da conferencia. |
26 de marzo de 2012
EXPERIMENTO: ÓSOS DE GOMA
Na clase fixemos un experimento que atopamos nun libro de ciencia. Durante varios días fómos anotando todo o que observabamos. Este foi o resultado.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)