Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro. Amosar todas as publicacións

27 de xuño de 2014

TRABALLO DE CICLO: CONSTRUCIÓN DUNHA MAQUETA

Para completar os contidos traballados ao longo do segundo e terceiro trimestre, no Segundo Ciclo planificouse a construción da maqueta dunha vila. Nenas e nenos de terceiro e cuarto realizaron un traballo conxunto no que tiveron que observar o seu entorno, utilizar as súas habilidades artísticas e demostrar os coñecementos  das distintas areas. 
Conversaron, recortaron, pintaron, mediron, discorriron, déronlle voltas aos miolos, colaboraron, buscaron solucións....... Finalmente o proxecto foi tomando forma, para rematar convertindose nunha obra da que todas e todos se sentiron  orgullosos. ¡E é para estalo!


 

7 de marzo de 2014

RECIBIMOS CARTA DO CONCELLO

Despois de agardar varios días, hoxe chegou á escola a carta do concello que respondía á nosa petición. Contestounos a tenente de alcalde, en substitución do sr. alcalde.
Nunha atenta carta comunícanos que nos envían información para o noso traballo: Mapas, planos, libros sobre as distintas parroquias, folletos, un libro sobre a historia de Salvaterra........  ¡Agora si que imos ter material de sobra para facer o noso traballo!



13 de febreiro de 2014

CARTAS FORMAIS: ESCRIBINDO AO SEÑOR ALCALDE

Como necesitamos información para o traballo sobre o municipio que andamos a facer, decidimos solicitala ao concello. Xunto aos compañeiros de terceiro redactamos unha carta formal dirixida ao señor alcalde. 
Tamén preparamos o sobre, poñendo correctamente o enderezo.
Agora só queda agardar a resposta.




29 de xaneiro de 2014

CARTAS FORMAIS

Traballando sobre o correo e a carta aprendimos que non todas son iguais. Hai cartas que escribimos a persoas coas que non temos confianza, para pedir ou comunicar algo. Son as cartas formais.
Para practicar a súa escritura, cada equipo redactou unha carta formal dirixida ao director.
Primeiro redactamos en sucio


Logo pasámola a limpo no ordenador
E así nos quedaron

23 de decembro de 2013

BIOGRAFÍAS

Despois de moito traballar durante todo o trimestre, conseguimos rematar as nosas biografías. Tivemos que recurrir aos nósos recordos e botar man da información da familia.  Foi un traballo moi interesante, que nos permitíu coñecernos mellor. 
Gracias a esta actividade falamos máis con mamá e papá e o resto da familia e descubrimos anécdotas e acontecementos da historia familiar que descoñeciamos.

30 de novembro de 2013

ÁRBORES XENEALÓXICAS

Curmán, bisneto, madriña, bisavoa.... son palabras se refiren a membros das familias. Xunto con outras, forman parte do vocabulario da familia que andamos a traballar.
Para comprender mellor os parentescos e as relación familiares fixemos árbores xenealóxicas.

http://issuu.com/axanelaaberta/docs/arboresxenealoxicas?e=11162076/8295422

29 de outubro de 2013

ETIQUETAS ALIMENTARIAS

Andamos ás voltas coas nosas marmeladas. Unha vez rematado o proceso de elaboración e de envasado, tivemos que preparar etiquetas para os botes. Para saber que información hai que poñer, recurrimos á internet. Atopamos unha imaxe que nos axudou moito.

Estes son os datos mínimos que deben figurar na etiqueta dun produto, aínda que podería levar máis. 
Este vídeo tamén aporta informacion.

16 de outubro de 2013

COCIÑA DE OUTONO: Marmeladas de froitas

Despois do éxito do marmelo que fixemos o pasado curso, este ano imos repetir na cociña. Prepararemos unhas deliciosas marmeladas de froitas de outono, que seguro que nos han saír de rechupete.
As marmeladas realmente son unha conserva de froita e elabóranse dende ben antigo. As maioría das árbores froiteiras teñen o seu froito no verán e no outono: mazás, cereixas, peras, pexegos......... maduran  con tal rapidez que non hai forma de consumilos todos  e pérdese moita froita. ¡E logo no inverno a pasar gana dela!
Do mesmo xeito que se conservan outros alimentos en sal ou en vinagre, tamén se poden conservar en azucre. Eso é a marmelada: froita cocida en azucre que se conserva durante longo tempo.
¡¡¡ MMMMMMMMM !!! ¡¡¡DELICIOSA NAS TORRADAS, CO QUEIXO OU MESTURADA NO IOGUR.....!!! Seguro que coñecemos moitos máis usos para este alimento.
Na Nube da Lingua podemos atopar máis cousas sobre a súa preparación e as receitas que impos cociñar. Fai clic enriba do tarro.

    


30 de decembro de 2012

FACENDO ESTATÍSTICAS

Prácticas realizadas no Obradoiro de cálculo e estatística.

15 de outubro de 2012

OBRADOIRO DE OUTONO: DOCE DE MARMELO

Este ano escollemos o marmelo para traballar no outono. Averiguamos algunhas cousas sobre este froito e cociñamos os que trouxemos da casa para facer "doce de marmelo".
Esto foi o que fixemos.

Máis cousas sobre o marmelo                                  Receita do "doce de marmelo"

12 de maio de 2012

OBRADOIRO DE CESTERÍA

Andamos ás voltas coas nosas cestas e cestos. Primeiro dobramos as tiras e logo fomos montando, facendo un entramado: unha por arriba, outra por abaixo, outra por arriba.......A cousa non é difícil, pero leva un pouco de traballo. Menos mal que o facemos por parellas, e así resulta máis doado.


Ao final faremos unha exposición con todas as que se fagan. ¡Xa veredes que chulas quedan! 

6 de maio de 2012

CESTAS CON PAPEL DE PERIÓDICO

Con motivo das Letras galegas realizaremos un obradoiro de cestería, elaborando cestas con papel de periódico. Nestes enderezos atoparemos a información que precisamos:

TITORIAIS PASO A PASO 
Titorial de cestas de papel de periódico
Reciclaxe de papel