Para completar os contidos traballados ao longo do segundo e terceiro trimestre, no Segundo Ciclo planificouse a construción da maqueta dunha vila. Nenas e nenos de terceiro e cuarto realizaron un traballo conxunto no que tiveron que observar o seu entorno, utilizar as súas habilidades artísticas e demostrar os coñecementos das distintas areas.
Conversaron, recortaron, pintaron, mediron, discorriron, déronlle voltas aos miolos, colaboraron, buscaron solucións....... Finalmente o proxecto foi tomando forma, para rematar convertindose nunha obra da que todas e todos se sentiron orgullosos. ¡E é para estalo!