Amosando publicacións coa etiqueta natureza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta natureza. Amosar todas as publicacións

23 de marzo de 2018

ÁRBORES MONUMENTAIS DE GALICIA

Galicia é unha terra na que abundan as árbores. Rodean as aldeas, as vilas e as cidades e para os galegos son de gran importancia. 
Ás veces hai algunha árbore que destaca por ser moi vella, por ter un gran tamaño ou ser moi fermosa. Entón pasan a formar parte dun catálogo de árbores senlleiras. Son como monumentos naturais.
Facendo clin enriba do cadro "Castiñeiro do Val", de Alfonso Rodríguez Castelao, accédese á páxina Árbores Monumentais na que se pode atopar información e ver imaxes das árbores galegas máis notables.

Marco Imaxe: https://pixabai.com
Castiñeiro do Val - Aguada sobre papel
(Período 1922 - 1929  )
Alfonso Rodríguez Castelao
Museo de Pontevedra

18 de outubro de 2017

E DESPOIS DO LUME.........¿QUE?

O HOME QUE PLANTABLA ÁRBORES

¿Poderíamos nós facer algo para axudar a remediar os desastres producidos polos incendios?
Esta fermosa historia móstra como o esforzo de cada persoa ten consecuencias na natureza.



 

11 de setembro de 2015

DIFERENTES FORMAS DE COMUNICACIÓN

Hoxe as nenas e nenos de cuarto iniciaron o traballo cunha lectura na que se achegaban a formas de comunicación diferentes das habituais.
Unha delas, que os sorprendeu enormemente, é o Silbo Gomero. O silbo é unha forma de linguaxe na que as persoas comunícanse por medio de silbidos, que poden escoitarse a grandes distancias. Esta linguaxe, que é única no mundo, foi incluída na Lista representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.





Por medio de sons comunícanse os animais. Algúns dos mais fermosos cantos que se poden escoitar son os que utilizan as baleas para enviarse mensaxes. Para captalos é preciso utilizar aparatos especiais.



23 de abril de 2015

A PITA DO MONTE

Onte, repasasando as paisaxes de interior, falamos de montañas, vales, serras, cordilleiras. . . . No mapa de Galicia atopamos a serra do Courel
Para repasar as paisaxes de interior buscamos no mapa as zonas montañosas de Galicia. Atopamos a serra do Courel e falamos da súa vexetación e da súa fauna na que destaca un fermoso animal practicamente extinguido: a pita do monte.


 

3 de decembro de 2014

A CEBRA DE GREVY

Seguimos aprendendo sobre as cebras e as súas raias

1 de decembro de 2014

CURIOSIDADES: AS RAIAS DAS CEBRAS

¿Para que lle serven as raias ás cebras?
Non lle serven para camuflarxe, como ocorre con outros animais: ¡As raias miranse dende ben lonxe!
Este curioso deseño ten dúas utilidades:
  • As moscas tse-tsé, que transmiten e propagan a enfermidade do sono, atacan con mais facilidade aos animais que teñen a pel dunha soa cor. ¡Grazas ás raias, as cebras reciben menos picaduras! 
  •  Cando as leoas atacan á unha cebra, a manda inicia a fuxida para evitar o perigo. Tantas raias en movemento distorsiona a visión das felinas e dificultan o seu ataque.
Compróbao visionando este vídeo.

25 de novembro de 2014

COIDAR DA NATUREZA

En Mates estivemos traballando a resta, utilizando datos das montañas máis altas do mundo: Everest, K-2, Kilimanjaro.......... Ademais de  restar arprendimos cousas sobre o mantañismo, e do arriscado que é este deporte. Pero cando se chega ao áis alto: ¡¡¡¡QUE MARABILLA!!!!
Os montañeiros, ademais de esforzarse en alcanzar os cumes máis elevados, deben ser respetuosos coa montaña: Despois da escalada non deben quedar restos que indiquen que os seres humanos estiveron alí. Neste video explícase como hai que facer.

26 de marzo de 2014

CELEBRAMOS O DÍA DA ÁRBORE

Chegou a privameva, e con ela a festa das árbores. Para celebrar este día plantamos entre todos unha nova árbore no patio do colexio. Trátase dunha maceira que, cando medre, nos dará sombra nos días calorosos  e ricas mazás cando regresemos ao colexio.
Participamos botándolle unhas padas de terra, para axudarlle a que quede ben asentada. Agora tócanos tratala con coidado para que chegue a ser unha grande e fermosa árbore. 


E para que entedamos a importancia que para a nosa vida teñen as árbores e o teñamos sempre presente, asistimos a un interesante e divertidísmo espectáculo. 


E para amosarnos que xa chegou a primavera, aquí está a cerdeira do cole. 
¡Fixádevos que fermosa se puxo, toda chea de flores! 
¡E, se hai sorte, cada flor convertersase nun froito!
¡Ten pinta que este ano imos ter moitas cereixas!



21 de marzo de 2013

É A HORA DO PLANETA: ¡¡¡APAGA AS LUCES!!!

Apúntate á hora do planeta: O próximo 23 de Marzo, de 20:30 a 21:30 APAGA A LUZ.
Un pequeno xesto sen importancia, pode facer moito polo noso planeta. A terra meréceo.   Participa, e convence á túa familia para que o faga. Cantos máis sexamos, mellor.

ÚNETE AO MUNDO PARA PROTEXER O PLANETA

- ¿Que é a hora do planeta? 

- Consellos para darlle un respiro ao planeta

- A hora dos peques 

27 de maio de 2012

O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE

A basura que producimos os seres humanos esta a converterse nun problema para a natureza. Compre que aprendamos como facer para mellorar esta situación.


Ao longo desta presentación pódense ver  algúnhas das consecuencias que as nosas accións teñen so bre a natureza.

8 de abril de 2012

CONFERENCIAS DA LAMPREA

Durante o segundo trimestre no colexio estivemos traballando sobre a lamprea. As nenas e os nenos de terceiro e cuarto tiveron que realizar un traballo sobre as característias, vida e costumes deste animal. Buscaron información, anotaron, debuxaron, redactaron, escribiron na wiki, e finalmente.......
TIVERON QUE CONTARLLE O QUE APRENDERAN A TÓDOLOS COMPAÑEIROS
¡¡Falar en público, que nervios!! Pero todo resultou moi ben e houbo un entretido ciclo de conferencias.
Aprenderon moito (as profes tamén) sobre este peixe que é habitual da zona e do que descoñecíamos moitas cousas.


Este é o vídeo da conferencia.


18 de marzo de 2012

A LAMPREA

Seguimos co traballo sobre a lamprea. Nestes dous enderezos podemos atopar máis información e algunhas curiosidades sobre este curioso peixe.


12 de marzo de 2012

NATUREZA ESPECTACULAR

As veces, a natureza sorpréndenos con espectáculos impresionantes. 
      
 
View more webinars from Jorge Llosa
Picando enriba destas imaxes poderemos atopar máis información e imaxes do parque nacional de Yosemite (EE UU).