Amosando publicacións coa etiqueta tradición b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tradición b>. Amosar todas as publicacións
16 de maio de 2018
26 de decembro de 2017
AS TRADICIÓNS DO NADAL GALEGO
¿Sabes por que comemos turrón ou pavo en Noiteboa?¿Ou por que tomamos as doce uvas en Noitevella? Neste enlace atoparás a orixe das tradicións de Nadal.
Un biquiño e ata o vindeiro ano.
27 de febreiro de 2017
DISFRACES 2017: INSECTOS BENEFICIOSOS PARA A HORTA
Este ano o noso disfraz de entroido está relacionado co proxecto "Quen sementa, recolle". As nenas e e nenos de terceiro e cuarto imos de bolboretas, abellas e xoaniñas. Escolléronse estes insectos porque son beneficiosos para a horta pois axudan na polinización das plantas e manteñen o pulgó a raia.
Traballamos durante a semana na confección dos traxes, aplicando coñecementos de matemáticas, linguas e ciencias: medimos, usamos figuras xeométricas e a simetría, buscamos información na internet sobre os insectos, aprendimos os seus nomes científicos, a que grupo pertencen........
Traballamos moito, aprendimos moitas cousas, fixemos uns disfraces moi chulos e.......
¡¡¡PASÁMOLO MOI BEN!!!
10 de novembro de 2016
COMER CON PALILLOS
Investigamos sobre diferentes formas de comer e de comportarse na mesa ao longo do tempo. Antes usábanse as mans pero agora utilizamos obxectos máis refinados, como garfo, culler ou palillos. Con este este video podemos practicar o uso destes utensilios de orixe asiático. Ánimo, que non é tan dificil como parece. Seguron que pronto estaredes listos para ir comer a unha casa de comidas xaponesa.
3 de decembro de 2014
23 de outubro de 2014
APRENDENDO QUE É O SAMAÍN
Segundo a tradición, na última noite do mes de Outubro ábrese a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos. As ánimas dos mortos regresan par avisitar as súas familias e para quentarse e comer algo. Para axudarlles a atopar o camiño compre colocar cabazas con luz nas encrucilladas e nas ventás das casas.
Facendo clic enriba das imaxes poderás ler e aprender máis sobre esta festa.
Facendo clic enriba das imaxes poderás ler e aprender máis sobre esta festa.
14 de marzo de 2014
8 de maio de 2013
TRADICIÓNS DE GALICIA: OS MAIOS
Hoxe na clase xurdíu o tema dos Maios, porque na parada de Leticia había un letreiro que informaba das festa do Maios.
Como ninguén tiña moi claro en que consiste esta festa tradicional, estivemos a ver fotos sobre estas construccións vexetais e vimos algún video.
A través deste enlace poderemos ler máis información.
20 de abril de 2013
ACHEGÁMONOS Á OLERÍA
Durante o terceiro trimestre participaremos na realización dun proxecto documental sobre a olería.
A través destre traballo preténdese que cheguemos a coñecer un pouco máis sobre o traballo do barro, unha das actividades máis antigas da humanidade.
A través destre traballo preténdese que cheguemos a coñecer un pouco máis sobre o traballo do barro, unha das actividades máis antigas da humanidade.
Teremos que averiguar as zonas de Galicia onde aínda se traballa o barro, e a influencia da olería na toponímia de vilas, pobos e lugares.
Para acceder á bibliografía útil, fai clic enriba do cacharro.
23 de febreiro de 2013
CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA
![]() A Biblio de Leirado A nube da lingua Quizais tamén che interese "Alboradas para Rosalía". Visionar o vídeo só. |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)