Amosando publicacións coa etiqueta celebración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta celebración. Amosar todas as publicacións

24 de abril de 2017

DÍA MUNDIAL DO LIBRO: CONTAPATIO

Para conmemorar o día mundial do libro, o luns 24 de Abril no cole organizouse o ContaPatio. 
Este ano as nenas e nenos de terceiro deixaron de ser oíntes e pasaron a ser lectores dos máis cativos. Que emoción!!!
Pola cara dos que escoitan, a cousa debeu saír bastante ben.
¡¡¡¡Para o ano que ven repetiremos!!!!!

29 de marzo de 2016

EN MARZO, POESÍA NOS CAMIÑOS

No mes da poesía, traballamos os romances, poemas característicos da poesía medieval. Traballamos e memorizamos os "Romance de don Gaiferos de Mormaltán" e o "Romance del infante Arnaldos" para poderlos recitar aos compañeiros de Primeiro e de Segundo. Finalmente tamén pasamos outros cursos, que nos agradeceron a visita.

30 de xaneiro de 2015

DÍA DA PAZ: OBXECTIVOS DO MILENIO

Este foi o resultado do traballo realizado sobre os obxectivos do milenio. Despois de ler, debater, redactar e ilustrar conseguimos darlle forma ao noso panel que, unido aos dos restos do cole, formará un gran panel que estará exposto no vestíbulo do centro.


22 de decembro de 2014

BO NADAL!!!!

Unha divertida versión da panxoliña Noite de Paz.

12 de decembro de 2014

PREPARÁNDONOS PARA O FESTIVAL

Grabación do ensaio para ver como nos sae e corrixir os fallos.

23 de outubro de 2014

APRENDENDO QUE É O SAMAÍN

Segundo a tradición, na última noite do mes de Outubro ábrese a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos. As ánimas dos mortos regresan par avisitar as súas familias e para quentarse e comer algo. Para axudarlles a atopar o camiño compre colocar cabazas con luz nas encrucilladas e nas ventás das casas.
Facendo clic enriba das imaxes poderás ler e aprender máis sobre esta festa.

http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.html#capa2


http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/samain/historia.html


UNHA HISTORIA DE SAMAÍN


Esta é a historia dunha cabaciña á que ningún neno quixo levar á festa de Samaín, e de como conseguíu chegar a ser a caveira máis terrorífica da noite.

http://issuu.com/audicionelinguaxe/docs/indo_para_o_sama_n_adaptaci_n_do_orixinal_para_edu?e=11162076/9851193
Adaptación da obra teatral "Indo para o Samaín" realizada polo CRA de Bergondo.

14 de marzo de 2014

ASÍ CELEBRAMOS O ENTROIDO

Na Nube da Lingua podemos ver imaxes da celebración do noso entroido. Fai clic enriba de Pacho para enlazar.

http://anubedalingua.blogspot.com.es/2014/03/celebramos-o-entroido.html

21 de febreiro de 2014

CANCIÓN PARA O ENTROIDO

Xa se está aquí o Entroido, que é tempo de festa, risas e diversión. No segundo ciclo creamos unha canción, que imos cantar e bailar con todo o noso entusiasmo.
A profe Leti axudounos coa música, e nós puxémoslle unha letra inspirada no noso disfrace.


A CANCIÓN DOS SERVIZOS DE MANTEMENTO

Chegan os traballadores,
os que coidan do teu pobo,
pra que todo estea en orden
e alegrar a vida a todos

Xardineiros, varrendeiros,
pintores e fontaneiros,
albaneis, electricistas,
a ver quen chega primeiro.

Se nos axudas é máis facil traballar,
limpar, varrer, recoller e acender,
plantar, regar, colocar e arranxar,
e así vivir xuntos aquí será un pracer.


¿A que quedou ben chula? Aquí está a música, para practicar ata fartar.




melodía:"Llegó el cartero" de Carlitos Bala

3 de febreiro de 2014

DÍA DA PAZ: CARTAS AMIGAS

E chegou o gran día! Cada un de nós recibíu un sobre. No seu interior, fermosas  palabras de amizada e amor, de paz.
Foi moi emocionante recibir estas cartas, e saber quen nos escribíu. Tamén nos gustou saber a quen lle chegaron as que nós escribiramos.

8 de maio de 2013

TRADICIÓNS DE GALICIA: OS MAIOS

Hoxe na clase xurdíu o tema dos Maios, porque na parada de Leticia había un letreiro que informaba das festa do Maios.
Como ninguén tiña moi claro en que consiste esta festa tradicional, estivemos a ver fotos sobre estas construccións vexetais e vimos algún video.
A través deste enlace poderemos ler máis información.

23 de febreiro de 2013

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

A través dos blogs da Biblioteca e de Normalización poderás seguir a celebración da homenaxe a Rosalía no colexio.

                     A Biblio de Leirado

                     A nube da lingua

 Quizais tamén che interese "Alboradas para Rosalía".
 

Visionar o vídeo só. 

18 de febreiro de 2013

¡¡QUE BEN O PASAMOS NA FESTA DO ENTROIDO!!

Despois de tanto traballar conseguimos rematar os nosos disfraces vexetais. E aquí estamos, disfrutando na festa coas nenas e nenos dos outros coles e bailando a nosa coreografía.
 


7 de febreiro de 2013

AS ÓRDES DO MECO

Para que nos divirtamos durante esta semana, o Meco vainos dando ordes para que nos vaiamos poñendo cousas. Estas son as ordes de cada día. (Para ver o que pasou cada día, pica enriba do letreiro)

LUNS, 3 DE FEBREIRO
MARTES,4 DE FEBREIRO
MÉRCORES, 5 DE FEBREIR
XOVES, 6 DE FEBREIRO

13 de novembro de 2012

CELEBRACIÓNS DE OUTONO

Se queres lembrar tódalas cousas que fixemos durante o mes de outubro, pincha enriba da imaxe.


https://dl.dropbox.com/s/wktd1frgyutum3g/template.swf

26 de outubro de 2012

CHEGA O SAMAÍN

Achegámonos ao Samaín. Na última noite de Outubro ábrese a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos. As ánimas dos mortos regresan e visitan as casas das súas familias para quentarse e comer algo. Hai que colocar cabazas con luz nas encrucilladas e nas ventás das casas para axudarlles a atopar o camiño.

Charlie Brown e os seus amigos tamén preparan as cabazas para celebrar a súa festa dos mortos, o Halloween.




Facendo clic enriba da palabra poderás aprender máis  sobre esta celebración.


E se despois de ler queres xogar un pouco, pica enriba das  cabazas.


Tamén podes ler e cantar as cancións do samaín fai clic aquí.

8 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Grazas á Biblioteca estamos ao tanto das celebracións que se realizan ao longo do ano. Desta volta, o día do libro infantil e xuvenil.
Nesta entrada poderás saber máis e ler moitos contos de Hans Christian Andersen