| TODOS SOMOS IMPORTANTES Carmen, Martin, Iker O, Iker L. Representa que todas as persoas son importantes, porque ninguen é mellor que outro. Coidar da humanidade e que a xente se leve ben. E tamén que hai que coidar do noso planeta. |
ARMONÍA Carlos, Raúl, Borja, Xabi. Representa: O amor, ao estar todas as persoas xuntas, a unión e a consideración. As uñas representan os continentes: América- vermello, Europa- azul, Oceanía- verde, Asía- amarillo, África- negro. | |
| A PAZ MUNDIAL Xurxo,Cristina, Lucía e Fins. Representa que la paz es para todo el mundo. |
Gael,Manuel,Felix. Representa a unha arbore que ,cando comes os séus froitos, volvémonos felices, bondadosos, amorosos..... |
Amosando publicacións coa etiqueta paz b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta paz b>. Amosar todas as publicacións
12 de febreiro de 2018
ESCULTURAS PARA A PAZ
Esplicamos as nósas esculturas que fixemos para celebrar o día da paz
27 de xaneiro de 2015
TRABALLANDO SOBRE A PAZ: OBXECTIVOS PARA O MILENIO
Co resto dos compañeiros do cole realizamos un traballo sobre os obxectivos que se ten proposto a ONU ao longo do milenio para mellorar a vida das persoas máis pobres do mundo.
Á nosa aula correspondeulle o obxectivo 7: "Garantir a sostenibilidade do medio ambiente". Para acceder á información facer clic enriba da imaxe.
CANCIÓNS PARA CANTAR Á PAZ
Dende hai xa varios días escoitanse polos corredores cancións que nos lembran que se achega o día escolar da non violencia e da paz. As súas letras falan de amor, de solidariedade, convivencia...... para conseguir un mundo a
mellor.
A través destes videos poderás comprender mellor as mensaxes e tamén cantalas.
mellor.
A través destes videos poderás comprender mellor as mensaxes e tamén cantalas.
16 de febreiro de 2014
E.... QUE PODO FACER EU?
Patricia, a nai de Icía, presentounos ao señor Xe e levounos a coñecer as súas preocupacións no conto E que podo facer eu?. A través das súas páxinas descubrimos que non é bo estar sempre pensando en nós, que debemos botar unha ollada a quen nos rodea.
A historia fíxonos pensar. Se axudamos ás persoas que están preto de nós, estaremos facendo un esforzo por mellorar a súa vida. E seremos máis felices. Todos.
Hai moitas cousas que podemos facer, só é cuestión de intentalo. E cando menos, recibiremos un gran sorriso de agradecemento.
E ti ¿como poderías facer para axudar aos demais? Seguro que hai algunha cousa que che sae especialmente ben, ou que che resulta doado facer. Comparteo con todos. Fai clic enriba da portada do libro, e cumprimenta o formulario.
Publicado por
axanelaaberta
Etiquetas:
conto,
convivencia,
lectura,
paz,
Proxecto Vivir Xuntos,
valores
3 de febreiro de 2014
DÍA DA PAZ: CARTAS AMIGAS
E chegou o gran día! Cada un de nós recibíu un sobre. No seu interior, fermosas palabras de amizada e amor, de paz.
Foi moi emocionante recibir estas cartas, e saber quen nos escribíu. Tamén nos gustou saber a quen lle chegaron as que nós escribiramos.
Publicado por
axanelaaberta
Etiquetas:
actividades,
celebración,
convivencia,
paz,
Proxecto Vivir Xuntos
29 de xaneiro de 2014
CARTAS E MÚSICA PARA A PAZ
Achégase a celebración do Día da Paz, e desta volta decidimos enviar cartas de amizade ás nosas compañeiras e compañeiros. Durante toda a semana estivemos traballando para redactar unha mensaxe cargada de bos desexos. Primeiro escribimos un borrador. Despois pasámolo a limpo nun bonito papel de carta, esmerándonos moito coa letra. Logo confeccionamos o noso sobre, introducimos a carta dentro e botámola no buzón.
Aínda que descoñecemos quen vai ser o destinatario da nosa misiva, preparámola con moito cariño e ilusión.
Aínda que descoñecemos quen vai ser o destinatario da nosa misiva, preparámola con moito cariño e ilusión.
¡¡¡Agardamos impacientes a apertura do buzón
para ver quen non escribe!!!
Mentres chega o momento, cantamos unha canción sobre os soños, soños grandes, soños pequenos, soños cheos de amor e de paz.........
Lembra que os soños se cumplen se o desexamos con toda a nosa forza, e que.....
"......Soñar é o mellor que este planeta coñeceu"
24 de xaneiro de 2013
PARA A PAZ ¡¡POESÍA!!
Un fermoso poema que fala de amizade entre nenas e nenos do mundo.
CANTAROLA DOS NENOS
Xosé Neira Vilas
O grupo Na Virada púxolle música ao poema de Neira Vilas para que o poideramos cantar.
CANTAROLA DOS NENOS
Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí,
e os nenos de alá.
|
Cantarola nosa
de amor e de paz.
Leda cantarola,
ledo rebuldar. | |
Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos da man.
|
Rolda de sorrisos
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amigar.
| |
Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.
|
O grupo Na Virada púxolle música ao poema de Neira Vilas para que o poideramos cantar.
23 de xaneiro de 2013
25 de xaneiro de 2012
DÍA ESCOLAR POLA PAZ

Pica enriba da pomba e poderás acceder ás actividades da paz da biblioteca do cole.
Le e xoga:Wangari y los árboles de la Paz
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)