Amosando publicacións coa etiqueta conto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta conto. Amosar todas as publicacións

18 de xuño de 2018

EMISORA ESCOLAR: O DÍA DO NAUFRAXIO

No progrma da emisora escolar, as nenas e nenos de cuarto homenaxearon á escritoria María Victoria Moreno, lendo o conto "O día do naufraxio" do seu libro "Mar Adiante"


24 de abril de 2017

DÍA MUNDIAL DO LIBRO: CONTAPATIO

Para conmemorar o día mundial do libro, o luns 24 de Abril no cole organizouse o ContaPatio. 
Este ano as nenas e nenos de terceiro deixaron de ser oíntes e pasaron a ser lectores dos máis cativos. Que emoción!!!
Pola cara dos que escoitan, a cousa debeu saír bastante ben.
¡¡¡¡Para o ano que ven repetiremos!!!!!

17 de novembro de 2015

A CADELIÑA ASTRONAUTA
Conto para escoitar

Conto para escoitar, baseado na historia de Laika. Para seguir a historia hai que escoitar os capitulos de xeito ordenado. Cada capítulo ten unha duración aproximada de cinco minutos.

A CADELIÑA ASTRONAUTA (Cap. I)


A CADELIÑA ASTRONAUTA (Cap. II)


A CADELIÑA ASTRONAUTA (Cap.III)


A CADELIÑA ASTRONAUTA (cap.IV)

7 de outubro de 2015

O BASILISCO

Grazas a Alexandre descubrimos a existencia do basilisco, un animal imaxinario e cun aspecto terrorífico, do que poderemos aprender máis cousas picando enriba da imaxe.

http://www.seresmitologicos.net/terrestres/basilisco


Se che interesa a mitoloxía (saber sobre seres mitolóxicos) podes acceder a estes enlaces.




23 de outubro de 2014

UNHA HISTORIA DE SAMAÍN


Esta é a historia dunha cabaciña á que ningún neno quixo levar á festa de Samaín, e de como conseguíu chegar a ser a caveira máis terrorífica da noite.

http://issuu.com/audicionelinguaxe/docs/indo_para_o_sama_n_adaptaci_n_do_orixinal_para_edu?e=11162076/9851193
Adaptación da obra teatral "Indo para o Samaín" realizada polo CRA de Bergondo.

11 de marzo de 2014

A GALIÑA AZUL

Amais de escribir, tamén limos cartas, como as que o autor Carlos Casares lle escribía á nena Ana Lasquetti, que era a súa veciña cando tiña dous anos. O día que os seus pais regresaron á súa terra, Carlos Casares despedíuse deles pedíndolles que non esquecera nunca que era galega. Un tempo máis tarde adicoulle un fermoso libro de contos, A Galiña Azul.
Aquí pódese ler unha adaptación desta divertida historia que fixeron as nenas e nenos que cursaron terceiro durante o curso 2001-2002. Entre eles está Andrea, a irmá de Anxo, que puido ver unha proba do traballo da súa irmá.

http://issuu.com/axanelaaberta/docs/agali__aazul?e=11162076/7382381

Tamén se pode escoitar unha dramatización desta historia realizada polo grupo de teatro Avelaíña.

16 de febreiro de 2014

E.... QUE PODO FACER EU?

Patricia, a nai de Icía, presentounos ao señor Xe e levounos a coñecer as súas preocupacións no conto E que podo facer eu?. A través das súas páxinas descubrimos que non é bo estar sempre pensando en nós, que debemos botar unha ollada a quen nos rodea. 
A historia fíxonos pensar. Se axudamos ás persoas que están preto de nós, estaremos facendo un esforzo por mellorar a súa vida. E seremos máis felices. Todos.
Hai moitas cousas que podemos facer, só é cuestión de intentalo. E cando menos, recibiremos un gran sorriso de agradecemento.
 
E ti ¿como poderías facer para axudar aos demais? Seguro que hai algunha cousa que che sae especialmente ben, ou que che resulta doado facer. Comparteo con todos. Fai clic enriba da portada do libro, e cumprimenta o formulario. 

https://docs.google.com/forms/d/1Q-wTcfXDjGceUXivVLk6GVJKM87RF-eCOrSBwr1jLI0/viewform

22 de xuño de 2013

ERNESTO BO DÍA: O PREMIO

Unha vez que rematamos a rodaxe da película, Ernesto e o resto dos personaxes partiron rumbo a Santiago, para intentar gañar o concurso  de curtas de animación en galego  Nós tamén creamos!
E o nóso Nestiño non nos defraudou: Despregou o seu sorriso máis grande e rouboulle o corazón aos membros do xurado. Por eso ven de acadar o premio dentro da categoría de 2º ciclo. E tívose que empregar a fondo. A proba de que a competencia foi moi dura é que o xurado otorgou o premio ex-aequo* entre a nosa curta e "Troco" do CEIP de Merza-Vila de Cruces

Os protagonistas fotografáronse diante do cole antes de partir cara a Santiago
 Todo esto non tería sido posible sen a vosa ilusion, alegría, creatividade, esforzo, inxenio, paciencia, ............ e o voso traballo ¡moitas grazas a todas e a todos!

 A película premiada


  

Entre os traballos presentados na categoría do 2º ciclo, o xurado acordou conceder unha mencion especial á película Ernesto Bo Día do Colexio de Educación Especial Vilagarcía de Arousa. Merecido recoñecemento ao esforzo destas nenas e nenos que rodaron unha curta divertida na que a historia é unha canción. Gustaravos.

13 de xuño de 2013

ADOPTAMOS LIBROS

Na biblioteca hai libros que están tristes. Son libros que levan tempo sen sair dos andeis: nadie os colle para levalos para casa, a pesares de que no seu interior gardan historias moi interesantes.
Ocorre que moitos xa son bastante velliños, outros teñen irmáns xemelgos.... e sempre adoitamos coller  as novidades ou os libros co aspecto máis novo.
E a Biblioteca necesita espazo nas estanterías, polo que é preciso retirar os libros que non se len.Por eso acordaron realizar unha campaña de adopción, para darlle unha segunda oportunidade. Cada nena e neno acollerá un libro triste para que poidan ir ás casas ¡¡¡e van quedar alí para sempre!!!
Aquí están as nenas e nenos de terceiro buscando entre todos os exemplares para atopar aquel que será o novo compañeiro para sempre.


4 de xuño de 2013

ERNESTO BO DÍA: A PELÍCULA

Despois dunha longa espera (non foi para tanto, pero nós estabamos tan impacientes que nos pareceu unha eternidade) por fin podemos amosar a nosa película ao mundo. A organización do concurso  Nós tamén creamos! pediunos que non os publicaramos ata que estiveran na páxina da Televisión de Galicia.
E aquí está Ernesto, Henriqueta e o resto dos personaxes facéndonos partícipes da primeira visita do noivo a casa da familia da noiva e do seu accidentado paseo, cheo de fenómenos meteorolóxicos imprevistos.
¡¡Esperamos que esta curta de animación vos guste tanto como nos gustou a nós facela!!




¿Queredes ver como fixemos a película? Facede click aquí

28 de maio de 2013

ERNESTO BO DÍA: COMO FIXEMOS A PELÍCULA

Unha montaxe para lembrar o proceso que seguimos  para rodar "Ernesto bo día" e disfrutar mentres agardamos a que  se poida publicar a nosa película. 
O traballo realizado foi bastante duro, pero ao final conseguimos rematalo. Lemos, debatemos, escribimos, pensamos, decoramos....... Descubrimos que o cine ten maxia e non é tan doado como nos parecía: Require moitísima planificación, orden, imaxinación, creatividade, e organizar e preparar todo o material necesario antes de rodar cada escena.


...... pero despois desta experiencia o veleno da sétima arte xa corre polas nosas veas. Seguro que repetiremos moi pronto.

27 de abril de 2012

LECTURAS COMPARTIDAS: Dragóns e xigantes

Venres, 27 de abril de 2012

Como remate desta semana de lecturas compartidas, Bruno e Brenda leron  Dragóns e Xigantes
Sapo e Sepo queren saber se son tan valentes coma as personaxes do conto que len. Para comprobalo, saíron da casa en busca de perigos. ¡E vaia se os atoparon!

 


LECTURAS COMPARTIDAS: O sombreiro

Xoves, 26 de Abril de 2012


¿Sabedes o que pode acontecer se antes de durmir pensamos en cousas moi grandes?
Michael e Brais contáronlle ás nenas e nenos de primeiro o que lle ocorreu a Sepo cando imaxinou cousas enormes e xigantescas antes de quedar durmido.

26 de abril de 2012

LECTURAS COMPARTIDAS: A carta

 Mércores, 25 de Abril de 2012 

¿Algunha vez 
recibiches unha carta? 
Que bonito é abrir o sobre para ver quen te escribe.  

Brenda e Marta contáronnos que a Sepo lle encantaría recibir cartas, pero nunca lle escribíu ninguén. O seu amigo Sapo atopará unha solución.  




Se queres ler esta histora, fai clic na carta


24 de abril de 2012

LECTURAS COMPARTIDAS: El jardín

         Martes, 24 de abril de 2012

Sara e Gabriel leron, para as nenas e os nenos de primeiro, o conto de Sapo e Sepo titulado El jardín.

 Sapo regálalle a Sepo unhas sementes para que poida ter un precioso xardín. Peron non é tan fácil.



23 de abril de 2012

LECTURAS COMPARTIDAS: A Sorpresa

Luns, 23 de Abril de 2012 

Rubén e Cristian leron na clase de Primeiro un conto de Sapo e Sepo titulado A Sorpresa.


Sapo quere sorprender a Sepo limpandolle as follas secas do seu xardín e Sepo quere sorprender a Sapo recollendo as follas ciscadas polo chan do seu xardín. Enton........

8 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Grazas á Biblioteca estamos ao tanto das celebracións que se realizan ao longo do ano. Desta volta, o día do libro infantil e xuvenil.
Nesta entrada poderás saber máis e ler moitos contos de Hans Christian Andersen

28 de decembro de 2011

OS CONTOS DE PACHO LIBRÍN

¡Por fin! Despois de moito xuntar palabras, falar entre todos, escribir, ler, borrar, reler...... conseguimos rematar a nosa historia de Pacho. Gustounos moito este traballo do Obradoiro de lingua porque nos divertimos e aprendimos moitas cousas.
Aquí podemos ler e escoitar o conto que escribimos, e tamén o que fixeron as nosas compañeiras e compañeiros de 3º.