Amosando publicacións coa etiqueta xeometría. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xeometría. Amosar todas as publicacións

15 de xaneiro de 2018

ARQUITECTURA: CONSTRUCIÓN DUNHA MAQUETA




Fixemos unha maqueta do Pazo de Lira,mirando por fotografías.


O primeiro que fixemos foron os planos.


              


 A maqueta esta feita de cartón e os tellados estan feitos de cartulina e tamen as ameas.
As portas,as ventas e os escudos   debuxámolos en papel e pegamolos no seu sitio.
 A torre e os corpos son prismas cuadrangulares.Os tellados dos corpos son prismas triangulares e o tellado da torre e unha piramide de base  cadrada.

 
 
A maqueta e grande costounos moito facela, e levounos máis tempo do que pensabamos .
Ao principio estaba un pouco vacía, ao final puxemoslle ``playmobil`` e quedou moi chulo. Esta idea collémola no museo de Pontevedra.
Cando a acabamos descubrimos e aprendemos moitas cousas dos pazos e a melloramos.

Carmen Rodríguez e Iker Otero - 4º E. Primaria

13 de marzo de 2017

A XEOMETRÍA: OS POLÍGONOS

Con estes dous videos podedes aclarar e repasar o aprendido sobre as figuras planas.




6 de marzo de 2017

A XEOMETRÍA: RECTAS E ÁNGULOS

Con este video podedes aclarar e repasar o aprendido sobre as figuras planas.


17 de novembro de 2014

O MICROSCOPIO: UNHA APROXIMACIÓN Á CIENCIA

As nenas e os nenos de terceiro descubriron o microscopio, esa ferramenta que permite ver cousas moi, moi pequenas. Observaron as células dunha pel de cebola e do petalo dunha flor e descubriron que alí dentro, ben agochadiña estaba a xeometría: rectas, rectas paralelas e perpendiculares, esferas, hexágonos........ ¡¡¡Alí tamén había matemáticas!!!
Logo, como autenticos científicos, realizaron fichas nas que anotaron as súas impresións e debuxaron o que viron a través do obxectivo.

 
Esto foi o que viron



https://dl.dropboxusercontent.com/u/141837617/videos-swf/Microscopio.html

27 de xuño de 2014

TRABALLO DE CICLO: CONSTRUCIÓN DUNHA MAQUETA

Para completar os contidos traballados ao longo do segundo e terceiro trimestre, no Segundo Ciclo planificouse a construción da maqueta dunha vila. Nenas e nenos de terceiro e cuarto realizaron un traballo conxunto no que tiveron que observar o seu entorno, utilizar as súas habilidades artísticas e demostrar os coñecementos  das distintas areas. 
Conversaron, recortaron, pintaron, mediron, discorriron, déronlle voltas aos miolos, colaboraron, buscaron solucións....... Finalmente o proxecto foi tomando forma, para rematar convertindose nunha obra da que todas e todos se sentiron  orgullosos. ¡E é para estalo!


 

2 de xuño de 2012

XEOMETRÍA

Neste trimestre andamos a darlle voltas á xeometría. Aquí podes repasar, comprobar o que sabes e aprender cousas novas sobre os polígonos e os corpos xeométricos.
----------------------------