Amosando publicacións coa etiqueta arquitectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta arquitectura. Amosar todas as publicacións

21 de xuño de 2018

VISITA VIRTUAL AO PAZO DE LIRA

Na excursión do proxecto iámos visitar o Pazo de Lira. Alí  contariamoslle todo o que aprendimos do pazo ao resto do cole.Fíxosenos tarde e non puidemos facer a visita.Quedamos decepcionados porque traballamos moito preparando a explicación.
Gravamos as explicacións,puxémoslle fotos e fixemos esta visita virtual.
Esperamos que vos guste.

Cristina Fernández e Gael Cambra, 4º

O PAZO DE LIRA-VisitaVirtual from a xanela aberta on Vimeo.

21 de abril de 2018

SAÍDA DO PROXECTO: A NÓSA ARQUITECTURA

O 20 de Abril de 2018 as 10:00 fomos de excursión ao Castelo de Sobroso, á Fonte da Gándare e Palco de Mondariz, Castro de Troñae Ponte Medieval de Ponteareas. Fomos visitalos porque no primeiro trimestre estudámolos para logo decirselo aos demais o que aprendimos.  Iamos ir a Lira a ver o Pazo e o Palco pero non nos deu tempo.
Chamounos a atención os castros, que son casas redondas e as vistas dende o castelo de Sobroso.
Gustounos a mazmorra do castelo e moitas cousas máis.
 As pedras do castelo tiñan as firmas dos canteiros.
Faláronnos da Fonte da Gándara os de terceiro e do palco de Modariz os de sexto. Nos castros de Troña falaron os de quinto e na ponte mediaval falaron os de primeiro.
A auga da fonte de Gándara tiña gas e sabía mal.


XURXO RGUEZ RGUEZ E FINS PUGA VILABOA



15 de xaneiro de 2018

ARQUITECTURA: CONSTRUCIÓN DUNHA MAQUETA




Fixemos unha maqueta do Pazo de Lira,mirando por fotografías.


O primeiro que fixemos foron os planos.


              


 A maqueta esta feita de cartón e os tellados estan feitos de cartulina e tamen as ameas.
As portas,as ventas e os escudos   debuxámolos en papel e pegamolos no seu sitio.
 A torre e os corpos son prismas cuadrangulares.Os tellados dos corpos son prismas triangulares e o tellado da torre e unha piramide de base  cadrada.

 
 
A maqueta e grande costounos moito facela, e levounos máis tempo do que pensabamos .
Ao principio estaba un pouco vacía, ao final puxemoslle ``playmobil`` e quedou moi chulo. Esta idea collémola no museo de Pontevedra.
Cando a acabamos descubrimos e aprendemos moitas cousas dos pazos e a melloramos.

Carmen Rodríguez e Iker Otero - 4º E. Primaria

10 de xaneiro de 2018

ARQUITECTURA: OS PAZOS DE SALVATERRA DE MIÑO

FAcendo clic enriba da imaxe accédese ás fichas informativas realizadas polas nenas e os nenos de cuarto sobre os pazos que aínda existen en Salvaterra.