Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto MatematicaMente. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto MatematicaMente. Amosar todas as publicacións

28 de xuño de 2015

INVESTIGANDO SOBRE O CALENDARIO

A través do Proxecto Anual MatematicaMente fomos descubrindo a importancia das matematicas para os seres humanos, da que hai constancia ao longo da historia da humanidade. Como traballo de investigacion as nenas e nenos de 3º realizaron un traballo sobre o calendario. En primeiro lugar buscaron información sobre esta unidade de medida do tempo para redactar textos informativos.
Posteriormente  realizaron unha presentacion con toda a información adquirida.
Utilizaron o procesador de textos o que lles facilitou moito a realización desta tarefa. Logo aprenderon a utilizar o programa PowerPoint para realizar a presentación. O resultado foi un traballo co que conseguiron moitas aprendizaxes e que resultou moi ameno e divertido.

O calendario


More presentations from axanelaaberta

8 de marzo de 2015

AS MATEMÁTICAS E O NOSO CORPO

A través desta explicación, Lara, Brian, Alexandre e Saray axúdannos a que poidamos facernos unha idea do tamaño do intestino delgado.

 

12 de decembro de 2014

ADIVIÑAS MATEMÁTICAS

Traballando as matemáticas en Lingua. Despois de ler cada adiviña tratamos de atopar a resposta. ¡Houbo que resolver unhas cuantas contas! Tivemos que discorrer moito, pero tamén nos divertimos. Nestas fotos pódese ver o concentrados que estamos.



17 de novembro de 2014

O MICROSCOPIO: UNHA APROXIMACIÓN Á CIENCIA

As nenas e os nenos de terceiro descubriron o microscopio, esa ferramenta que permite ver cousas moi, moi pequenas. Observaron as células dunha pel de cebola e do petalo dunha flor e descubriron que alí dentro, ben agochadiña estaba a xeometría: rectas, rectas paralelas e perpendiculares, esferas, hexágonos........ ¡¡¡Alí tamén había matemáticas!!!
Logo, como autenticos científicos, realizaron fichas nas que anotaron as súas impresións e debuxaron o que viron a través do obxectivo.

 
Esto foi o que viron



https://dl.dropboxusercontent.com/u/141837617/videos-swf/Microscopio.html