13 de xuño de 2014

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Despois de todo un ano traballando e aprendendo, hoxe puidemos disfrutar dunha xornada de diversión e descanso e convivencia fora das aulas.
Saímos do cole ás 9:30, cun día de sol e ceo moi azul. A primeira parada foi na Ramallosa, para pasar un rato divertido no parque "Indiana Bill". Logo subimos ata a área de Recreo de Chan da Lagoa. Alí, sobre a herba e á sombra dos carballos demos conta do almorzo. ¡Non qudaron nin as migas!
Pola tarde baixamos ata Baiona. Remollamos os pés na praia de A Ribeira, que facía moita calor. ¡Houbo quen se remollou de arriba abaixo! ¡Que fresquiños quedamos! 
A continuación camiñamos ata as instalacións do porto, onde visitamos a reprodución da carabela A Pinta. A Pinta foi a primeira nave, das tres que realizaron a primeira viaxe de Colón, que tocou porto e trouxo a noticia do descubrimento de novas terras ao outro lado do Océano Atlántico (o 1 de Marzo de 1.493).
Regresamos ao cole cansados, despois de troular todo o día, pero felices e contentos.
Para ter máis información sobre a carabela "A Pinta" e Cristobal Colón, picar enriba da imaxe.

http://www.baiona.org/web/turismo/cultura/museo-da-carabela-pinta

Para ver as fotos da viaxe, fai clic enriba da cámara.

https://picasaweb.google.com/102016539315034979789/20140613ViaxeFindeCurso?authuser=0&authkey=Gv1sRgCPOi16Gs4_alugE&feat=directlink