Un dos capítulos das biografías, que nenas e nenos están escribindo, titúlase "O meu obxecto preferido". A través da aplicación da dinámica de grupo"a maleta" cada alumno escolleu e redactou un texto sobre ese obxecto que ten algo especial que o convirte en elemento importante das súas historias. Neste caso, son todos bonecos que están presentes na súa vida dende hai tempo.
Posteriormente leron o texto ao resto dos compañeiros, presentáronllos e compartiron con eles as razóns da súa elección.
Esta actividade contribuiu a que se coñeceran máis uns aos outros e mellorou a convivencia e a relación entre eles.