29 de abril de 2016

CIENCIA NO COLE

Hoxe visitounos Laura, unha investigadora do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) que traballa no Instituto de Investigacións Mariñas en Vigo.
Veu  a explicarnos que a Ciencia está presenta nas nosas vidas de xeito cotiá, aínda que non nos demos de conta. E para comprobalo fixemos a extracción do ADN das células dun plátano, usando materiais que todos temos na casa.
Contounos en que consiste  o seu traballo e que para os seus experimentos e investigacións utiliza uns peixes pequenos que se chaman "peixes cebra". É díxonos que estaba moi contenta de vir ao CEIP de Leirado porque este foi o cole onde estudou toda a primaria ¡Igualiño que nós!
Escoitamos atentamente o que nos dixo. Logo puxémonos máns ao traballo, seguindo as instrucións con precisión para conseguir que o experimento rematara con éxito. Houbo que armarse de paciencia pero ¡conseguímolo!
Gustounos moito e pasámolo moi ben. Isto da ciencia non é tan serio como parece. Seguro que repetiremos.

Con esta experiencia aprendimos que a Ciencia non é cousa de persoas raras; as científicas e os científicos son persoas normais coma todos. Só é preciso estudar moito, ter curiosidade, paciencia e ser perseverantes.

 Moitas grazas, Laura, pola túa atención e o rato tan agradable que pasamos xuntos.

 Máis información premendo na imaxe.