27 de xaneiro de 2016

OUTRAS RAZÓNS PARA CAMIÑAR

SEguindo a propoposta do equipo da biblioteca, descubrimos que hai outras razóns para camiñar, moi diferentes das que nos moven a percorrer os Camiños a Santiago. Razóns que transforman o paseo en fuxida, o tempo en urxencia, a aventura en terror....... Razóns que fan que familias enteiras abandonen todo escapando da guerra, da morte, da destrución.
Vimos o video seleccionado, que nos emocionou e nos fixo pensar e intentamos imaxinar como nos sentiríamos se a nós nos ocorrera o mesmo.


Non rouban, non matan, non escolleron estar aquí......
Son nenas e nenos coma nos........
Só queren vivir......
Só queren VOLVER ao seu PAÍS, á súa CASA.



Lorena Castro Álvarez
  "Vou falar de Malak unha nena nena de sete anos que tivo que deixar o seu país nun barco por causa da guerra.Sorprendeume ver que lle tiraran coa súa roupa e por riba era roupa nova que só puxera unha soa vez.
Se eu estivera no sitio de Malak estaría moi asustada e triste de deixar a miña casa e o meu país.
Eu comparada cos nenos de Siria son moi afortunada porque aquí non hai guerra."

Ainoa Cambra Costas
"Malak e unha nena de 7 anos e tivo que marcharse do seu país polas guerras. Unha señora cando o barco estaba afundindo confundiu a sua maleta coa de Malak e tirouna ao mar. A parte que mais pena me deu foi cando Malak tivo que abandonar o seu país.
Se eu fora Malak teria moito medo e moito frio .Despois de ver de Malak e os demais nenos síntome moi afortunada."

Juan Garcia Moo
"Vou falar dunha nena que ten 7 anos e que se chama Malak que foi nun barco, e de repente o barco empezou a afundirse. Unha señora sentouse na sua bolsa e tirou a bolsa equivocada ao mar.
A parte que mais me sorprendeu foi a do barco na que se afundia.
Se eu me vira nesa situacion sentiriame asustado."

M.Ángel Armadáns Rodríguez
"Falo dunhas persoas que abandonan o seu pais, Siria, polas guerras.
Impactoume a parte na que todas as persoas chegan a vez nunhas barcas, porque un pescador os levou á costa, porque o seu barco afundiuse.
Se estivera no posto de Malak estaria moi triste, porque abandonaria o meu pais natal."

Javier Lorenzo Alvarez
"Vou falar dunha nena chamada Malak que ten sete anos.Tivo que cambiar de pais nun barco. Camiñaron e chegaron a un campamento no que os encerraron e viven ali .E unha injusticia que os encerren nun campamento .
Se eu fora Malak estaria asustado e con moito frío,e tamen moito medo."

Alexandre Piñeiro Brandón
"Malak é unha nena que vivía en Siria, que fuxe pola guerra que había no seu país. Foise en barco a Grecia e vive alí cos seus pais.
O que me chega ao corazón foi o seu sorriso ao chegar a Grecia Malak cos seus pais.
Se a min me pasara como a Malak tería ganas de chorar."
Saray Martínez Valiño
"Malak é unha nena de sete anos que vivía en Siria e que tivo que ir a Grecia nunha barca pola guerra con poucas cousas.
Cando vin o video sentinme moi triste porque abandonou a súa casa e aos seus amigos. Cando máis pena de deu foi cando ían no barco porque pensa que a súa nai máis ela íanse afundir.
Se eu fose Malak non aguantaría."

Lucy Martinez Valiño
Vou falar de Malak ,unha nen a que ten 7 anos , que tivo que deixar o seu país os seus amigos para sobrevivir.
O que mais me chamou a atención foi que tivo que deixar o seu país, os seus amigos .
Se eu tivera que deixar o meu país e aos meus amigos non me gustaria.
Son moi perigosos esas viaxes. Sentiriame moi triste.
E sintome afortunada por vivir aqui.
Temos moitas vantaxes porque ao chegar aqui teñen que estar nun campamento todo vixiado e nos estamos libres

Angel Gonzalez Bouza
"Vou falar de Malak unha nena de 7 anos que tivo que abandonar o seu país por unha gerra .
O que máis me interesou foi que todas as persoas do pais de Malak estaban amontonados.Todas intentaron coller un barco para empezar unha nova vida.Moitos familiares non podrian volver a verse ou poden morrer.
Estar na vida de Malak, non ter ningun familiar, só cos meus pais e coa miña irma para min seria como estar no inferno.
Esa seria unha vida que non quero vivir."

Verónica Paz Veiga
Falo dunha nena que se chama Malak e ten 7 anos.Vive en Siria e están en guerra.Ela tivo que subir a un barco para marchar.Tiña moito, moito medo e moito, moito frio. Unha señora tirou sin querer a bolsa de Malak porque se equivocou coa sua. Estabanse afogando e enton un pescador recolleunos e levounos á praia. Cando chegaron á carretera acamparon na herba. Ela di que quere que Siria volva a ser como era e que bota de menos aos seus amigos, a escola,e a súa profesora.
O que mais me impactou foi canta xente cabia no barco porque era moi pequeño.

Se eu estivera nese lugar estaría asustada.