28 de xuño de 2015

INVESTIGANDO SOBRE O CALENDARIO

A través do Proxecto Anual MatematicaMente fomos descubrindo a importancia das matematicas para os seres humanos, da que hai constancia ao longo da historia da humanidade. Como traballo de investigacion as nenas e nenos de 3º realizaron un traballo sobre o calendario. En primeiro lugar buscaron información sobre esta unidade de medida do tempo para redactar textos informativos.
Posteriormente  realizaron unha presentacion con toda a información adquirida.
Utilizaron o procesador de textos o que lles facilitou moito a realización desta tarefa. Logo aprenderon a utilizar o programa PowerPoint para realizar a presentación. O resultado foi un traballo co que conseguiron moitas aprendizaxes e que resultou moi ameno e divertido.

O calendario


More presentations from axanelaaberta