19 de marzo de 2015

COMO VER OA ECLIPSE DO DÍA 20 DE MARZO

Para ver unha eclipse hai que ter moito coidado, xa que os raios do sol son prexudiciais para os nosos ollos. Non se debe observar directamente o sol, xa que se poden producir lesións na córnea ou queimaduras na retina. Hai que utilizar gafas de eclipse ou telescopios con filtros que eliminan as radiacións solares prexudiciais.
Unha forma segura para observala na casa e ver a súa imaxe proxectada sobre unha superficie na sombra. Para isto hai que seguir estes pasos:
1.- Coller unha folla de papel e debuxar no centro unha circunferencia de 1 centímetro de diámetro (a ver, a ver.... repasando as mates, que xa vimos o que era o diámetro).
2.- Recortar a circunferencia co moito coidado.
3.- Colocar a folla no camiño do raio do sol.
4.- Observar a imaxe que se vai proxectando sobre a parede, o chan, unha pantalla.......

Imaxe atopada en  http://www.xataka.com/otros/como-ver-el-eclipse-solar-del-20-de-marzo
Neste enderezo poderemos seguir en directo a evolución do eclipse no noso país.