9 de marzo de 2015

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo celébrase o día da muller traballadora para conmemorar a loita da muller por participar na sociedade e polo recoñecemento dos seus dereitos en igualdade co home. 
Ten a súa orixe nos sucesos ocorridos no ano 1908. En aquel momento as condicións laborais das obreiras eran insoportables: salarios míseros, xornadas de moitas horas, falta de protección por enfermidade ou maternidade...... Ese ano 40.000 traballadoras do sector téxtil declaráronse en folga para pedir reducion de xornada e aumentos de salario. Algúns empresarios encerraron ás súas traballadoras nas fábricas para que non participaran nas manifestacións. O 25 de Marzo declarouse un incendio na fábrica Cotton Textile Factory. As obreiras non puideron escapar e 129 morreron a causa do lume.


Resulta interesante e moi axeitado volver escoitar o conto de "Artur e Clementina".

Ningún comentario:

Publicar un comentario