5 de xullo de 2014

UNHA FESTA PARA REMATAR O CURSO

¡¡E por fin chegou o final de curso!! Non é que non nos guste o cole, pero estabamos desexando que chegaran as vacacións de verán. Agora espérannos días de sol, praia, piscina, comidas de festa, sestas........ E xa pronto estaremos de regreso.
Como todo o bo hai que celebralo, tivemos un día de diversión: Colchonetas, festa da espuma, comilona...... Pasámolo en grande cos compañeiros de terceiro. ¡As fotos non minten!


Como era o último día aproveitamos para despedir a Icía, que nos deixa para ir ao cole de Salvaterra. Regalámoslle un marco cunha foto do grupo,  para que teña un recordo.
Por suposto, emocionámonos na despedida, pero tamén nos alegra porque sabemos que  non nos vai esquecer e que cando teña ocasión volverá visitarnos.


 Que teñas moita sorte, Icía. Foi un pracer aprender contigo e disfrutar da túa compañía.


¡¡¡ BOAS VACACIÓNS PARA TODAS E  TODOS !!!