31 de marzo de 2014

MELODÍAS QUE NOS GUSTARON

Como o prometido é debeda, aqui vos deixo as dúas melodías non seleccionadas para o programa de radio.
"Dueto das flores", fragmento da ópera Lakme do compositor francés Leo Delibes. Un vídeo con imaxes para acompañar a audición e apreciar mellor a beleza da música.



"O teu día", unha nova forma de desexar felicidade ás persoas que estean de aniversario.


O TEU DÍA

GRUPO FANTASÍA DE CAMPOBECERROS (OURENSE)
Hoxe é o teu día
día do teu cumpreanos.
Hoxe é o teu día,
día no que ti fas anos.

Todos nos sentimos
unidos a ti.
Desexámoste hoxe
que sexas feliz.

Hoxe é o teu día.......




Cinco anos fas,
cinco nada máis.
Que fagas moitos
como estrelas hai.

Hoxe é o teu día......

Cantan os paxaros.
somos felices,
pois hoxe é o día
no que ti naciches.

Hoxe é o teu día......    


LETRA: Xulio Rodríguez MÚSICA: Epifanio Novoa Valencia