Achégase a celebración do Día da Paz, e desta volta decidimos enviar cartas de amizade ás nosas compañeiras e compañeiros. Durante toda a semana estivemos traballando para redactar unha mensaxe cargada de bos desexos. Primeiro escribimos un borrador. Despois pasámolo a limpo nun bonito papel de carta, esmerándonos moito coa letra. Logo confeccionamos o noso sobre, introducimos a carta dentro e botámola no buzón.
Aínda que descoñecemos quen vai ser o destinatario da nosa misiva, preparámola con moito cariño e ilusión.
Aínda que descoñecemos quen vai ser o destinatario da nosa misiva, preparámola con moito cariño e ilusión.
¡¡¡Agardamos impacientes a apertura do buzón
para ver quen non escribe!!!
Mentres chega o momento, cantamos unha canción sobre os soños, soños grandes, soños pequenos, soños cheos de amor e de paz.........
Lembra que os soños se cumplen se o desexamos con toda a nosa forza, e que.....
"......Soñar é o mellor que este planeta coñeceu"