9 de novembro de 2013

LA VAL D´ARÁN

Esta temporada andamos  a escribir as nosas biografías. Pouco a pouco os nosos recordos van conformando a historia da nosa vida, que imos relatando ás compañeiras e compañeiros.
Laura contounos que de pequena vivía en Vielha, no Val d´Arán. Aos tres anos empezou a ir á escola alí. Tiña moitas amigos e aínda se lembra deles. Alí aprendeu a falar unha nova lingua: o aranés. Tamén coñeceu a neve, ¡que sorte! Puidemos  ver moitas fotos de cando vivía alí.
Logo volveu para Meder e esqueceu case tódalas palabras que xa sabía, aínda que aquela terra quedou gravada na súa memoria.
Grazas a este traballo Laura descubriunos unha época que lembra con moita felicidade e, coa axuda dos seus pais, puido recordar aquela lingua, tan fermosa como a nosa. Achegounos unha folla chea de palabras en aranés e explicounos o seu significado en galego. Gustounos moito coñecer esta parte da súa vida.
Aquí temos a Laura coa súa profe e os seus compis.


Para que lembre aquela lingua, unha canción tradicional aranesa, "Montanhes Araneses", que é o himno oficial de La Val d´Arán.
 

(Para ler a letra, fai clic aquí)

E algunhas imaxes máis para que non esqueza aquela fermosa terra onde viviron ela e os seus pais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario