16 de abril de 2013

REPASANDO O FUNCIONAMENTO DO RELOXO

No conto "Ernesto bo día" observamos que a familia de Henriqueta non deixa de mirar continuamente o reloxo. Cada dous por tres bótanlle unha ollada. 
Ao principio están pendientes da hora, porque precisan saber canto tempo lles queda para ter todo preparado para merendar ás seis en punto, nin un minuto antes nin un minuto despois. Logo volven mirar o reloxo porque Ernesto non chega á hora que estaba previsto.
Para repasar as horas e o funcionamento do reloxo podemos practicar nestas actividades que seleccionou a profe Aurora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario